blogue delaurarialf

Contacontos "As Chaves de Lu"

Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz! 

 

 

Brincaxogos

O pasado día 15 foi o día da familia e un ano máis, os e as peques de infantil convidaron as súas familias para pasar un rato divertido todos e todas xuntiñas e celebrar os Brincaxogos. Fixeron mogollón de cousas: ler contos, xogos de mesa, construcións, un pouquiño de arte... Pero sen dúbida, o que máis fixeron foi desfrutar!

 

 

 

 

 

 

  

 

 

  

 

 

Grazas por vir, familias!

As nosas Letras Galegas

Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.

 

 

Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.

 

Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!

 

 

 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Contacontos na EEI O Grupo

O venres  os nenos e nenas de infantil visitaron aos  compis da escola O Grupo. Levaban xa unhas semanas preparando o conto  “Unha eiruga moi larpeira” co teatro de sombras para contárllelo. Gustoulles tanto que o tiveron que repetir dúas veces!

Ao acabar, as mestras da escola tíñannos preparada unha súper merenda con froita e bocadillos! E, por suposto, comeron todiño! 

Para rematar a mañá, xogaron moito no seu patio cos demais nenos e nenas. Que ben o pasaron!

 

 

Moitas gracias a escola de O Grupo por todo!

 

Faro Fisterra

Brais e Enzo levan xa un tempiño investigando sobre o Faro Fisterra e...este é o resultado! Agardamos que vos guste e que aprendades tanto como o fixemos nós!

Cal será o próximo...?

 

Apadriñamento lector

Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!

 

 

Dádelle o play para coñecer os contos!

O sequelo cociña...edición pascua

Chegamos coa última entrega deste curso do Sequelo cociña! Esta vez, os nenos e nenas máis maiores do cole aproveitaron o descanso de semana santa para facer unhas receitas moi deliciosas. Dádelle ao play e descubride a variedade de sobremesas que nos traen!

 

 

 

Moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración!

Carapuchiña Vermella

Dende Audición e Linguaxe tamén traballamos coa radio escolar e co croma e aquí tendes a combinación das dúas!

 

 

 

 

 

 

 

Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo!

O noso cole!

Se aínda non coñecedes o noso cole, dádelle clic ao vídeo! Tendes ata o 20 de marzo para realizar a solicitude e vir a aprender e xogar con nós o próximo curso!

 

 

 

 

 

O Sequelo Cociña...edición entroido!

Esta vez o Sequelo cociña tocoulles aos nenas e nenos de 5º EP que estiveron mans á obra durante todo o entroido! Mirade canto traballaron e que receitas máis ricas nos presentan.     

 

 

Aquí tendes un vídeo con diferentes receitas de como facer filloas

 

 

 

 

 

Neste podedes coñecer unha gran variedade de receitas

 

 

 

 

Por último, facer mención á receita de Issam que nos presenta unha sobremesa un tanto diferente: unha receita marroquí!

 

 

 

 

 

Moitas gracias a todos e a todas pola vosa colaboración!

Conferencia dos nenos e nenas de Infantil co Carballal

 

Os nenos e nenas de infantil tiveron unha videoconferencia moi especial no cole: coñecemos aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe do Carballal! Durante un bo rato estivemos falando con eles e elas: contámoslle como fora o noso entroido e como fomos disfrazados e tamén puidemos escoitar como o pasaron eles e de que foron disfrazados e disfrazadas.

 

 

 

 

Foi moi emocionante!

2º Intercambio de cartas co Carballal

Os nenos e nenas de 3º e 4º levan xa uns días escribindo as súas cartas para contarlles ao compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe do Carballal o ben que o pasaron no entroido. Esta semana, por fin recibimos a súas segundas cartas, que ganas tiñamos de que chegaran!

 

Aquí tendes unhas imaxes do ilusionados e ilusionadas que estaban lendo as cartas.Os nenos e nenas de 3º e 4º levan xa uns días escribindo as súas cartas para contarlles ao compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe do Carballal o ben que o pasaron no entroido. Esta semana, por fin recibimos a súas segundas cartas, que ganas tiñamos de que chegaran!

 

Aquí tendes unhas imaxes do ilusionados e ilusionadas que estaban lendo as cartas.

 

Os faros de Galicia: A Illa Pancha

Despois de coñecer un pouquiño a historia dos faros, Brais e Enzo acércannos un pouco ao Faro da Illa Pancha. Dálle ao play e coñece cousas sobre esta Illa e a súa contorna!

 

 

 

Coñecíades este faro?

Patio novo en infantil

Despois de pasar uns días gozando do entroido, chegamos ao cole e atopámonos cunha sorpresa...temos patio novo de infantil!

Levábamos unhas semanas desexando que estivese acabado para ver o resultado e a espera mereceu a pena! 

Hoxe por fin o tempo nos deu unha tregua para poder desfrutar del!

 

 

Deixámosvos unhas fotiños para que vexades a sorte que temos deste novo cambio e o chulo que quedou.

 

 

 

Que ben senta o verde!

Concurso de disfraces

Hoxe trouxemos as nosas mellores galas para participar no concurso de disfraces! De unha en unha pasamos pola alfombra vermella para lucir o noso disfraz ante todo o colexio e algúns ata o acompañaron dunhas moi boas interpretacións!

Aquí vos deixamos o vídeo do desfile e outro con algunhas fotos que realizamos ao longo do concurso. Non puidemos ter mellor presentadora...A teacher María!

 

 

 

 

O xurado, composto por:

  • Dani (compañeiro de 6º)
  • Montse (mestra de música)
  • María (presidenta da ANPA)
  • Laura (mestra de Audición e Linguaxe)
  • Sabela (compañeira de 6º)

 

 

Non o tiveron nada fácil para elixir aos gañadores e gañadoras

 

Agora...toca esperar ata mañá para coñecer quen son!

O Lameiriño di...Xoves 8

Aquí temos as últimas ordes para mañá do Lameiriño!

 

O Lameiriño di...Mércores 7

O Lameiriño di que mañá toca...

 

O Lameiriño di...Martes 6

Aquí temos as ordes do Lameiriño para o Martes 6!

 

A Paz no CEIP Sequelo

Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse. 

 

 

 

 

Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!

Visita dos nenos e nenas da EEI O Grupo

Hai uns días os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita moi especial: viñeron os nenos e nenas da escola infantil O Grupo a coñecer a nosa escola! Foi unha xornada de convivencia moi completa: merendola todos xuntos e xuntas e despois unha morea de actividades na aula sensorial, na aula de psicomotricidade e no patio!

 

 

 

 

Foi un día moi chulo!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.