blogue de6º Primaria

Desmontamos e montamos o M-bot na casa

O primeiro que fixemos foi desmontar a parte inferior do robot, composta, polos motores enganchados por porcas, a batería, e os sensores detecta obxectos, unha vez xa desmontada a parte inferior, comenzamos coa superior composta por unha caixa de plástico transparente, onde van conectados os cables que fan que o M-bot funcione. Cando xa acabamos de desmontar todo o robot, do mesmo xeito volvímolo montar.

Ao seguinte día levámolo á clase e dixémoslle ao profesor que a roda de diante estaba mal montada cando nolo deixou.

 

Noelia V. - debuxo de Noelia I.

 

Día contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de novembro, conmemorouse no noso colexio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). Organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello e a través do Centro de Información á Muller (CIM), mandaron ao noso centro un contacontos temático, representado polo "Teatro Piollo" sobre a violencia de xénero, coeducación e convivencia. Tamén repartiron unhas pulseiras de sensibilización para o alumnado.

 

           Mohammed, Raquel e Xabi.

Billarda, bolos e chave: xogos tradicionais

A billarda é un xogo tradicional que consiste en ter un pau duro na man e outro máis pequeno afiado na punta (lipe) e intentar darlle no aire.  Pasárono moi ben, houbo algúns fallos, pero logo o dominaron. Xogaron Raul, Martina, Manuel, Noelia e Santi.

Os bolos consiste  en poñer uns bolos celtas de madeira e tirallas dende unha distancia axeitada unha bola de madeira e derribalos. Xogaron Guille, Noé, Saioa e Fran.

 

A chave consiste en tirar unha pesa a un pau de ferro con duas aspas e tes que intentar darlles e que se movan. Xogaron Victor, Leo, Jorge, Miguel e Iago.

 

Melani-Priscila

EDUCACIÓN VIAL 2017

O 16-11-17 un ciclista coñecido de Marín veu a explicarnos educación vial. Explicounos as sinais de tráfico, había moitas, tamén nos contou como ir en bicicleta, dixo que cando vamos en bicicleta somos un vehículo mais e temos que respetar as normas, ademais así non contaminamos.

 

 

Dicíanos que pola noite sempre levásemos un chaleco, timbre, luces, que nos puxésemos roupa cómoda e levasemos casco para previr golpes. Cando van en estrada a distancia entre o ciclista e o coche ten que ser de 1,5 m obrigatoriamente se non poderianlles poñer unha multa.

Amosounos que había dous tipos de bicicletas: as normais e as de contrarreloxo: que levan un circulo na roda para que fora máis aerodinámico e correse máis.

No grupo do ciclista hai persoas de varios países e explicounos que ten que aprender un pouco de cada idioma, pero comunícanse case sempre por un idioma só.

Estivo moi ben e aprendimos moitas cousas.

 

 Raúl González - Iago Garrido

O Magosto 2017

O magosto do colexio é moi divertido!!

 

Ese día adiántouse o recreo ás 11:00h. Durante o recreo, a A.N.P.A repartiu chocolate quente ao alumnado.

 Ás 11:40 baixamos ao patio e empezamos a xogar.

  

Mentres os alumnos, repartidos por grupos, xogaban coas castañas, con axuda dun mestre, os pais e nais da A.N.P.A, asaban as castañas para despois repartir entre aos alumnos.

Despois de comer, a A.N.P.A tamén reparte carbón que as nenas e nenos pídenlles para ensuciarse a cara e pintar o chan.

 

OS XOGOS DO NOSO MAGOSTO

 

O pano; os nosos profesores sacaban unha tarxeta de calquera froito típico do magosto e os dous alumnos de cada grupo corrían cara o centro a coller a castaña.

O segundo xogo: encestar as castañas nunhas caixas de cartón decoradas polos nosos alumnos de 4º e 5º curso, por certo, quedaron moi bonitas.

O terceiro xogo: Pasar unha castaña dun vaso a outro, formamos dous grupos e ao final quen tivera máis castañas gañaba.

O cuarto xogo: tiñamos empuxar as castañas polas liñas que estaban debuxadas nun cartón.

O quinto xogo: nunha diana había que botar as castañas e onde quedase a castaña anotabas 1,2,3,4,5,6,7,8,9 o 10 puntos.

 

 Martina P. I - Noelia V. P-Noelia I. R - Manuel S. V

 

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.