Decembro 2022
Festa de Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 29/12/2022 - 11:36Así rematamos o primeiro trimestre do curso:
Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".
Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.
Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.
Boas festas a todos!!!
Vémonos no 2023!!!
Concerto de Nadal
Enviado por inesduran o Ven, 23/12/2022 - 13:58Nadal co I.E.S Illa de Tambo
Enviado por inesduran o Ven, 23/12/2022 - 13:20Panxoliñas co IES Illa de Tambo
O coro de Nadal do noso colexio
fixo unha saída andando ata
o noso centro adscrtito
IES Illa de Tambo.
Foi unha xornada de reencontros.
Convivencia e reencontros
cos compañeiros doutras nadales.
Enchemos de panxoliñas o salón de actos
nun concerto de Nadal no que todos participamos.
0 resón dos vilancicos
interpretados por alumnos e profesoras,
fixo do festival un bo comezo do Nadal
para todos os asistentes.
Saíu a pé dende o CEIP SEQUELO-MARÍN un grupo de alumnos de 3º-4º-5º-6º
Interpretaron catro panxoliñas:
Nadal de Luintra
Os anxeliños do Ceo
Adeste Fideles
Campana sobre campana
Presentando
Naiara e Iván de 6º
Moitas Grazas a todos pola vosa ilusión.
Ata o próximo ano.
Visitas ilustres!!
Enviado por Ruth o Xov, 22/12/2022 - 21:08No día de hoxe, os nenos e nenas do CEIP Sequelo- Marín puideron desfrutar da visita de Papá Noel e de Mary Poppins.
Papá Noel faloulles do frío de Laponia e dos renos, que estaban a beber no río Lamiera. Tamén se fixo algunha fotografía para que lles quedase o recordo.
Pola súa parte, Mary Poppins, parecía un pouquiño perdida polo centro, menos mal que estes nenos lle souberon axudar. Vaia nivel de inglés se gastan estes peques!!!
Concurso de Contos e Debuxos de Nadal Ateneo Sta Cecilia 2022
Enviado por josean o Xov, 22/12/2022 - 02:00Tódolos anos por estas datas é un pracer colaboraror co lonxevo Ateneo Cultural, no seu Concurso de Contos e Debuxos. Aos nosos alumnos failles ilusión e máis se algún deles ten a sorte de ser premiado como foi o caso de: Iria Tomé (2°) , Olivia Fernández (2°), Eira Veiga (2°) e Ramiro Bouzas (6º) no Concurso de Contos, e Roi Sánchez (2º), Adriana Cambeiro (3º) e Valeria Pazos (6º) no de Contos
I Campionato Xadrez 2022-2023
Enviado por xose o Mér, 21/12/2022 - 21:32Neste primeiro trimestre do curso 2022-2023 fixemos un campionato xogando todos os mércores na biblioteca, e os gañadores son:
5º e 6º cursos: 1º Daniel Antón, con 16 puntos 2º Yago Martínez, con 9,5 puntos 3º Alez Almazán, con 8,5 puntos |
3º e 4º cursos: 1º Martín Serrano, con 12,5 puntos 2º Borja Nogueira, con 3,5 puntos 3º Leire Nogueira, con 8,5 puntos |
1º e 2º cursos: 1º Martín Carrasco, con 9 puntos 2º Vera Serrano, con 2,5 puntos 3º Martín Campelo, con 2 puntos |
NORABOA A TODOS E TODAS!!
Nadal no cole. Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2022 - 13:38Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
- Tradicional concurso de "Tarxetas de Nada" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
- Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
- Actividade proposta pola ANPA Aidón: "Adornos navideños con caixas".
Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible!
GUÍAS DE LECTURAS EN GALEGO (E. PRIMARIA)
Enviado por Anónimo o Mar, 20/12/2022 - 23:35Un ano máis a Coordinadora de EDLG do Morrazo, pensando sempre nos nenos de tódalas idades, ofrécenos unha selección das mellores novidades de libros en galego. Sería moi recomendable que as súas maxestades os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador se acordasen de traernos a todos algún destes libros ou CDs.
Ciencia e Circo
Enviado por inesduran o Lun, 19/12/2022 - 22:54"A Gran Aventura do Corpo Humano"
Vigo acolle unha exposición interactiva
sobre o corpo humano.
Os cursos de 3º e 4º disfrutaron dunha xornada de ciencia
experimentando e divertíndose ao mesmo tempo.
Remataron a visita á exposición interactiva cunha representación no
Circo de Nadal.
Órganos xigantes do corpo humano
para ver e tocar.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »