Marzo 2019

O noso libro de "Contos Terroríficos"

Aínda que xa hai moito que pasou o Samaín, por fin temos todos os contos recopilados formando un libro, aquí o deixamos por se queredes volver a lelos e pasar outra vez un pouco de medo.

Día Mundial da Poesía

( Equipo 1 de redacción: Carlota, Elva, Candela e Irene)

Onte, 21 de marzo, foi o Día Mundial da Poesía. Os nenos de 4º curso para celebralo lemos varias poesías e escribimos a que máis nos gustou. Lemos poesías de varios autores como: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Luis Pimentel, Lois Pereiro, Xosé Mº Díaz Castro... Tamén fixemos unha poesía inventada.

As dúas  profesoras de 4º colgaron as poesías polo corredoiro para que todo o mundo poida lelas. Este día é chamado Primavera dos Poetas e o seu principal obxectivo é soster a diversidade dos idiomas.

Estas son algunhas das nosas poesías:

O noso robot Mbot

O noso robot, Mbot

cando fai bip, bip,

acéndese o motor.

 O noso robot, Mbot

cando xira para un lado

vólvese azulado.

 O noso robot, Mbot

cando vai para diante

vólvese un diamante.

 O noso robot, M bot

cando vai para atrás

ponse a cantar.

                XOEL

 

O tiburón

 O tiburón xoguetón.

  O tiburón tontorrón.

    O tiburón lambón.

      O tiburón cabezón.

        Aínda que...

          é un nubarrón.

                     ROBERTO

 

O meu hámster Manolo

 O meu hámster Manolo

é moi xoguetón.

 O meu hámster Manolo

queríalle un montón.

 O meu hámster Manolo

era moi amoroso.

 O meu hámster Manolo

faleceu fai un montón.

                    ALEXANDRA

 

Mbot, o noso robot

 Mbot, o noso robot

é moi xoguetón.

Cunha táblet se conduce

 e fai un cruce.

 Vai para diante, vai para atrás,

vai para un lado e volve a xirar, 

vai para o outro e encende as luces,

esquiva un obstáculo

e fai un espectáculo.

 O noso robot

canso está

conéctase ao ordenador

e vai descansar.

            LAURA

 

O meu paxariño, Pepo

adorable, 

mimoso

e pequeno.

Pequeno é Pepo,

bonito e riquiño.

O meu corazón

teno todiño.

        CANDELA

 

A miña familia

 A miña familia é especial

son cariñosos, así sen máis,

quérenme moito tal como son,

eu tamén a eles, aínda que son un montón.

Son bos, á súa maneira,

porque, aínda que teñen carácter,

teñen paciencia.

Eu ríome moito,

porque son moi graciosos 

e cando estou con eles

fan chistes moi chistosos.

                      IRENE

 

Que larpeiros son!

 Os alumnos do Sequelo,

que larpeiros son!

Por aquí un caramelo,

por aquí un bombón

 

No entroido,

filloas;

No nadal,

mazapáns;

No verán...

Xa vou reventar!

        BREIXO V.

 

 

 

 

 

 

Día de Rosalía

Aínda que se nos fixo un pouco tarde, así foi como homenaxeamos este ano a figura de Rosalía de Castro. Decorando as escaleiras cun poema que nos recorda o fermosa que é a nosa terra "Cantarte hei Galicia"; e destacando os momentos máis importantes da súa biografía.

Estoupaglobos

Dúas versións do estoupaglobos, onde o visor é manexado co rato, e a misión é estoupar tantos globos como poidas. O primeiro máis lento dentro do grupo de rapaces de 4º titorizado por Álvaro Pereira Omil e o segundo moitísimo máis rápido feito por outro grupo de 4º

 

 

Engranaxes con LEGO en 2º de primaria

Na aula de 2º curso iniciamos unha unidade didáctica utilizando o kit de máquinas sinxelas de LEGO. Fixemos 6 grupos para traballar de xeito cooperativo na aula. En cada grupo tiñamos 4 cargos diferentes: coordinador/a, secretario/a, intendente e axudante, cada quen co seu traballo asignado. Cada equipo montou unha máquina con engranaxe sinxelo e o secretario/a anotou na ficha de observación os datos que se pedían.

Quedamos contentos do traballo feito e avaliamos de xeito positivo a actividade. Gustounos e descubrimos algunhas cousas que mellorar para a vindeira sesión!

Celebrando o entroido. XV Obradoiro da Filloa.

Un ano máis celebramos o entroido con doces típicos, disfraces relacionados cos proxectos que estamos traballando este curso (robótica e o río Lameira), concurso de disfraces, música e moito ambiente neste "XV Obradoiro da Filloa".

Proxecto Garaxe

O alumnado de 4º elaborou o entorno dun garaxe onde o robot unha vez programado se gardaba pola súa conta

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.