blogue dejosean
O aradiño
Enviado por josean o Ven, 11/03/2022 - 20:23O Proxecto Documental no que estamos inmersos este ano vai de inventos e inventores. Que dubida cabe que un dos máis grandes inventos da humanidade foi a agricultura e o arado.
Cun moi primitivo Chroma Key elaboramos este video sobre o poema homónimo de Manuel María.
Recycling Bicicletas Solidarias
Enviado por josean o Dom, 06/03/2022 - 23:38Entrevista a cargo de Abel e Graciela na nosa Radio Televisión que non deixa de ser un pequeno resumo de todo o que nos veu contar José Luis Pereira sobre o seu proxecto solidario de reciclaxe de Bicicletas. Moi agradecidos pola súa presenza no noso colexio.
DÍA MUNDIAL DA RADIO: entrevista a Ángeles Alvariño
Enviado por josean o Dom, 06/03/2022 - 20:20O dia 13 de Febreiro celebramos o día Mundial da Radío e malia tela desmontada por mor das obras do centro, os alumnos de 5º foron quen de crear este podcast botando man da gravadora dixital.
Novos desafíos, novas aprendizaxes. Aprenderon a mesturar audio e música no Adobe Audition utilizando o autoduck, de entre todos os proxectos que presentaron, eliximos este de Aitana.
Imaxinaron unha entrevista con Ángeles Alvariño, unha científica que por mor do microproxecto dos volcáns que levamos adiante, lles é de sobra coñecida.
Visitamos outros mundos virtuais
Enviado por josean o Dom, 27/02/2022 - 11:00Nesta segunda sesión finalizamos os nosos escenarios creados coa ferramenta CoSpaces, onde agochamos un diamante, que os outros grupos terán que atopar. Logo de intercambiar os netbooks exploramos os escenarios creados por outros compañeiros e compañeiras e trataremos de atopar a xoia.
Creamos mundos virtuais
Enviado por josean o Ven, 25/02/2022 - 16:42Creamos os nosos propios mundos de realidade virtual utilizando unha ferramenta online chamada Cospaces que inclúe escenarios e diversos obxectos. Logo, terminamos os nosos diseños e exploramos escenarios creados por outros grupos.
Rosalía 2022
Enviado por josean o Xov, 24/02/2022 - 17:14Os alumnos de 5º recitan anaquiños de poemas de Rosalía de Castro por mor do 24 de Febreiro.
Adiviña o que debuxo
Enviado por josean o Xov, 24/02/2022 - 16:00Nesta actividade imos a descubrir cómo pode, unha inteligencia artificial, identificar os nosos dibujos en Witeboard. com, baixo certas condicións. Pero antes comezamos cun xogo no que o alumnado se comporta como unha inteligencia artificial entrenada para identificar debuxos e formas.
Na segunda parte da actividade imos a debuxar utilizando una aplicación web que usa intelixencia artificial "Quickdraw", para identificar debuxos.
Deconstruíndo Rosalía 2022
Enviado por josean o Xov, 24/02/2022 - 13:29A partir do poema de Cantares Gallegos "Adios Ríos, Adios Fontes", e aproveitando versos do mesmo e a temática rosaliana, os alumnos de 5º crearon un poema novo, baixo a forma dun acróstico, acróstico que se engloba no leitmotiv que propón para a celebración do día a Asociación de Escritores en Lingua Galega
A plasmación do poema en video (baixo a supervisión do titor) é cousa dos alumnos Marcos Patiño e Uxía Sanjorge, que ademais lle poñen voz.
Ángeles Alvariño
Enviado por josean o Mar, 22/02/2022 - 13:30Antes de entrevistar a Ángeles Alvariño e como complemento ao proxecto recén rematado sobre os volcáns, os alumnos de 5º buscaron información sobre a científica galega
Agora é o momento
Enviado por josean o Sáb, 19/02/2022 - 12:03Sempre dispostos a probar novas ferramentas, agora a ver que froito lle sacamos cos nenos.
Entrenando unha intelixencia artificial
Enviado por josean o Sáb, 19/02/2022 - 00:00Ao longo da actividade descubrimos cómo funciona unha intelixencia artificial que identifica debuxos. Ademais, buscamos imaxes con licencia Creative Commons en Internet, para entrenar a unha intelixencia artificial propia para recoñecer debuxos de gatos e mazás.
Entrenando unha intelixencia artificial
Enviado por josean o Sáb, 19/02/2022 - 00:00Ao longo da actividade descubrimos cómo funciona unha intelixencia artificial que identifica debuxos. Ademais, buscamos imaxes con licencia Creative Commons en Internet, para entrenar a unha intelixencia artificial propia para recoñecer debuxos de gatos e mazás.
Facemos instrumentos musicais
Enviado por josean o Ven, 18/02/2022 - 17:49A partir de material reciclado construímos instrumentos musicales que posteriormente conectados ao ordenador e utilizarlos como mando co makey makey e cables de crocodilo fixemos soar.
Eigui tedes aos nosos guitarristas e baterías.
E a batería
Experimentamos, imaxinamos...Creamos
Enviado por josean o Mar, 15/02/2022 - 16:37A través dos 5 min. que dura este video, imos vendo o traballo realizado estes anos no Centro
Experimentamos (pero non só coa ciencia)
Enviado por josean o Mar, 15/02/2022 - 16:10As profes Ruth e Belén, dirixen aos nenos cara ao coñecemento "científico" a través da experimentación directa con diversos materiais. Bótalle unha ollada a estes divertidos experimentos de patio.
Unha de robots
Enviado por josean o Lun, 14/02/2022 - 17:02Logo de construír os robots había que tipificalos, e por grupos e diante da cámara, fomos "a posta de longo" dos nosos robots: nome, apelidos, de quen veñen sendo e para que servían.
E ao final tomas falsas que grabando nunca faltan
Robots Perdidos
Enviado por josean o Sáb, 12/02/2022 - 14:50Aproveitamos o robot construido na actividade anterior para xogar a un xogo de cartas cooperativo. Creamos logo, a base do taboleiro a partir dunha plantilla e xogamos seguindo as indicacións das tarxetas e as instruccións dunha aplicación web.
Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia (11 de Febreiro)
Enviado por josean o Ven, 11/02/2022 - 13:00Por mor do día Internacional da Muller e a nena na ciencia, visitáronnos Sara e Laura, dúas biólogas coa experimentamos de primeira man o que é a ciencia a través de diferentes experimento clásicos no mundo da ciencia, como o Hemisferio de Nuremberg onde experimentamos o que era o baleiro; pero o que é máis importante, baixo a súa dirección, aprendimos divertíndonos.
Construímos robots
Enviado por josean o Xov, 10/02/2022 - 11:10Aprendemo sobre algúns tipos de robots que existen, buscando información e imaxes en Google, anotando as súas principais características para crear unha maqueta con materiais reciclados.
Entrevista á encargada das Obras
Enviado por josean o Xov, 10/02/2022 - 00:00Moi agradecidos á María, a encargada das obras, por concedernos un momentiño do seu tempo e contestarnos a tódalas dúbidas que tiñamos sobre o futuro do colexio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »