blogue dejosean

A gastronomía do Nadal de Marín: a torta de rixóns

Imos empezar pegandolle un saboroso bocado a este Nadal que comeza cun dos pratos mais típicos da gastronomía do Nadal en Marín: a torta de Rixóns. Para outro día deixaremos as mazás asadas que por ter o costume de servirse o día de Noiteboa en viño tinto con azucre non podemos divulgar neste sitio

 

Ingredientes para 6 persoas:

• Tres cuartos de quilo de fariña

• Dúas culleres de azucre

• Un ovo

• Unha fecha de aceite quente

• Rixóns

• Uvas pasas, piñóns, noces e outros froitos secos

• Canela en pó

• Anís

• Lévedo

• Unhas areas de sal

 


Modo de preparación

 

Para que quede ben traballada a masa é mellor prescindir de recipientes e mesturar os ingredientes directamente sobre a mesa, coas mans. Hai que arremangarse, como se fai coas empanadas, e empoirar con fariña a superficie sobre a que traballamos para evitar que o pastel se pegue.

LECER NO NADAL

Se algún ten a oportunidade de achegarse a Pontevedra nas vindeiras festas de Nadal cos nenos estas son as actividades co Concello ten programadas. Pra poder velo fai dobre click enriba do folleto e move o zoom ata que teña a medida axeitada

En canto teñamos a de Marín tamén vola poremos no blogue

En galego tamén se fai ciencia

"En galego tamén se fai ciencia" é unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística e integrada polas tres universidades galegas. Nela participan investigadores/as de prestixio de diferentes ámbitos científicos, ten como principais obxectivos avalar a validez da lingua galega tanto para a docencia como para a investigación e contribuír á desaparición de preconceptos sobre as linguas.

Magosto 2011

Ademais dunha morea de castañas asadas....

FRAN ALONSO NA BIBLIOTECA

Se onte contabamos cun artista intemporal no eido da nosa cultura, hoxe acudiu á nosa Biblioteca un dos mais recentes autores en galego, Fran Alonso co que compartimos unha mañá chea de poesía. Fran Alonso ven de editar un libro para adultos chamado "Ninguén", mais a obra da que nos viu falar foi a que nos utilizamos como libro de lectura no colexio "O meu gato é un poeta" e coa que este fin de semana tamén estará presente no Culturgal en Pontevedra acompañado de Xurxo Souto á carrego da banda sonora do libro. Se queredes saber algo mais da obra do autor ten un interesante blog na seguinte dirección  http://cabrafanada.blogspot.com/

Visitounos Antón Castro

Un compañeiro da provincia de Lugo, compoñente do grupo "Fuxan os Ventos" e mestre de mestres da nosa música tradicional e da nosa cultura oral popular visitounos onte, día 29 de Santos. Con él compartimos  una mañanciña moi divertida ao mesmo tempo que aprendimos moitas cousas do que é mais noso, o que os que estiveron antes ca nos nos deixaron como herdanza. Antón Castro deixounos unha pequena semblanza do traballo que realiza, como mestre de música, no seu colexio de Outeiro de Rei.

Por que é bo aprender e falar galego?

Dende o blogue Mil Primaveras cheganos este tríptico que alíl lle chegou dende a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra dos beneficios de falarmos dúas linguas dende moi pequenos.

Os pobos de España

Localiza cos teus pais os distintos pobos de España e bate records. Ten coidado pois é altamente aditivo, sobre todo entre os pais. De todos os xeitos é unha boa forma de aprender xogando.

Para acceder ao xogo fai click na imaxe.

Se queres xogar coas provincias ou Comunidades vai aqui.

Vagalume

Esta pequena xoia témola na nosa Biblioteca

 

EDMODE

A Cangas, os de Marín non imos só a chorar, ás vece tamén se atopan alí interesantes ferramentas didácticas coma este EdModo. Grazas aos compañeiros do Ceip Castrillón de Coiro puidemos adentrarnos en todas as calidades desta ferramenta online que permite ter unha maior interacción entre mestres e alumnos/as, mestres e mestres, alumnos/as e alumnos/as, unha ferramenta que favorece o ensino colaborativo. A única pega que lle vemos é que vai moi enfocada a aqueles centros onde os seus nenos dispoñen de acceso individualizado á rede, que non é o noso caso por agora, inda que o solicitaramos, máis algún rendemento lle sacaremos.

Se algún compañeiro lle quere botar unha ollada aqui deixamos un manual:

FOTOS

MODELO BURELA

Cando realizamos o noso traballo gústanos fixarnos sempre en que o fai mellor ca nos e se ademáis resulta ser gañador dun Premio de Innovación de Dinamización Lingüística da Xunta, pois inda reforza mais o noso interese polo marabilloso traballo que os nosos compañeiros levaron a cabo na vila da Mariña Luguesa. Ben é certo cas condicións da vila son moito mais propicias a unha actuación deste tipo, pero iso non quita nen un chisco de mérito ao traballo dos compañeiros

Os defuntos falaban Castelao

Traemos á nosa páxina web outra das curtas que conformaban a coleción "A lingua animada" e esta vez inspirada nun texto de Ánxel Fole que ven moi a conto coas datas que vivimos.

Adiviña de Samaín

Os máis pequenos propoñennos esta adiviña sobre o Samaín. Non é doada mais intentade resolvela sen preguntarlle aos nenos de 1º.

Libertade de elexir, pero...

Un vídeo elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. UNHA IMAXE MAIS CA MIL PALABRAS

Irmaus - Celso Emilio Ferreiro

O ano 2012 vai ser sen dúbida o ano Celso Emilio e nos pensando en poder utilizalo no día da paz deixamosvos este fermoso poema que musicaron  vai unha porrada de anos os "Fuxan os Ventos"

O que canta o Samaín espanta

Os compañeiros do Ceip Mestre Goldar xa fai tempo fixeron esta adaptación ao video do tema de Mamá Cabra "Samaín"

E para espantar o medo que mellor que cantar.

Samaín: a noite dos Calacús

Dende a páxina "Vieiros da Escola" chéganos este interesante artigo sobre a festa do Samaín.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense..etc.

A Escola das Areas

Nunha viaxe a Pontevedra Frei Martín Sarmiento discute cun mestre  do século XVIII sobre como ensinar.  Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.Esta curta de animación con plastilina é ademais un bo documento do tipo de escola que tiveron que sufrir os nosos antergos.

 "A Língua Animada" é unha serie de animación con plastilina destinada a promocionar a cultura galega, baseándose en textos de autores galegos homenaxeados no "Día Das Letras Galegas".

The skeleton dance

Chega o Halloween e os esqueletes saen dos seus cadaleitos para mover os osos.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.