6º Primaria

Non ao Bullying

Unha pequena animación con Stykz de Angela Durán Silva e Marta Pazos Castro de 6º B preparatoria da que logo imos levar a cabo co Scratch e que nos serve para enlazar co proxecto das Curtas no Museo na que tamén estamos inmersos

Parte informativo do mediodía (3º día en Manzaneda)

Estamos nun dos días fortes; de mañá pelota canadiense e karts. Choques, adiantamentos... Moito Fernando Alonso temos.

Equitación/Rocódromo Manzaneda 2019

Esta tarde tocou o turno á equitación e á escalada. Cansos pero disfrutando de que os nosos alumnos disfruten compartindo un día xuntos.

 

 

 

Sendeirismo (Manzaneda 2019)

Os mortos vivintes resucitaron un anaquiño para emprender unha loooonga camiñata polo entorno da estación de Manzaneda. Unhas paisaxes espectaculares e que cariñas.... Noites alegres, mañáns tristes..

Chegamos a Manzaneda 2019

Logo de parar nas Burgas, a tomar as augas, e comer en Castro Caldelas chegamos con ben a Estación de Cabeza de Manzaneda, á hora prevista, 16:30

Estade atentos a máis informativos

Foto diante da catedral de Ourense

Seica o tren que nos leva pola beira do Miño...

Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo

A partir do libreto que fixemos no colexio entre as dúas clases de 6º elaboraron unha copla que o xurado dos maios estimou como moi boa. Parabéns nenos!!

Salta

Enrique García Graña e Adrián Pesqueira Fernández de 6º B recrearon este xogo co que desfrutaron os nenos máis pequenos.  Seguide as instrucións da rapaza...

Boom

Os alumnos de 6º A recrearon este xogo onde o truco consiste en afastar o ovni do misil, guiando o primeiro co rato, de xeito que non che estupe o misil e non cho desfaga

Certame de Microrrelatos do Saber Marin

Un Certame de 150 palabras que obrigatoriamente tiña que comezar por "Todo era plástico ata que...". Presentamos uns cantos traballiños e tivemos a sorte que tanto Ángela Silva Durán con "Anxela inventora" como Enrique García Graña por "Maldito plástico!" foron premiados.

Cos ollos da imaxinación

O segundo vídeo que presentamos ao concurso do Museo, logo do marabilloso de 6º A, aquí chega o de 6ºB, onde colaboran ademais pais, profesores e alumnos. Xa vai collendo xeito inda que a nosa intención é mellorala

 

O noso horto escolar "proxecto Voz Natura"

Durante este curso decidimos continuar co horto escolar, xa iniciado o curso pasado, e mellorar os xardíns do colexio. Realizamos un proxecto e presentámolo a " Voz Natura" resultando seleccionado.

Comezamos a nosa actividade elixindo o lugar onde establecelo e o soporte, planificando os materiais necesarios e  os cultivos das distintas tempadas.

En xaneiro relizamos unha serie de traballos relacionados coa compostaxe, co fin de instalar un composteiro no centro para abonar o noso horto. Os nenos de 6º asistiron a unha charla impartida por un biólogo sobre a importancia da sostenibilidade ambiental e a compostaxe. Logo realizaron unhas presentacións para transmitir o aprendido ao resto dos nenos e nenas. Instalamos o composteiro e mostráronlles o seu funcionamento aos pequenos.

Realizamos traballos de reciclaxe e reutilización de materiais e buscamos información sobre os cultivos máis axeitados para cada tempada e o seu coidado. Organizamos quendas para que todos os nenos e nenas participaran nos distintos procesos.

 

 

Conquista a Bandeira

Leva a bola verde ata a bandeira coas frechas do cursor neste remake do xogo feito por Enrique García Graña de 6º B.

O grande come ao pequeno

Evolución do típico acuario realizado polos alumnos de 6ºA. Leva co rato ao peixe grande cara aos pequenos e mira o que sucede

Ping Pong futbol

Traballo de Pedro Grosso mesturando outro xogo clásico cun dos seus intereses, o fútbol.  Premede a bandeira verde para empezar a xogar, ontrolade a barra vermella co "a" e o "z" e a azul coas frechas verticais do cursor

Evita ao can

Un dos primeiros xogos de producción propia baseado nun clásico, desenvolvido por Samuel de la Torre Corbacho de 6º.  Ollo, que non é doado; coa tecla espazo fai saltar ao can por riba do gato.

OS CORTICEIROS DO MEL

Os corticeiros antigamente usábanse para facer o mel.  Facíase coa árbore corticeira, e podían ser redondos ou cadrados.  Pousábanse enriba dunha pedra e poñíanselle catro paus, dous en forma de cruz da metade para abaixo e dous da metade para arriba. Facíase tamén un burato nun lateral para que entrasen as abellas.

As abellas poñían a cera de pau a pau e logo o mel enriba da cera.  Cando ían sacar o mel, a xente dáballe fume ao redor da corticeira para parvear ás abellas.

As abellas facían catro paneis e sacábanse só tres para que a cuarta a tivesen de comida para o inverno.

Damián Otero Villanueva 6º B

"Clara" conto terrorífico de 6ºA

O alumnado de 6ºA creamos polo Samaín un conto terrorífico que se desenvolve en Marín, no río Lameira, camiño do colexio; aquí vos queda, seguro que pasades moito medo cando o vexades.

Visita ao museo de Pontevedra

Visita ao Museo de Pontevedra

O pasado xoves, 25 de outubro os rapaces e rapazas de 6º fomos visitar o museo de Pontevedra. 

Como chegamos cedo, realizamos un pequeno percorrido por algunhas das súas prazas: A Pedreira, a da Leña, a da Verdura e a da Ferrería; tamén contemplamos por fóra algunhas das igrexas: San Bartolomeu, A Peregrina e San Francisco.

Logo fomos para o museo onde varios monitores nos estaban a esperar. A nós, os de 6º A correspondéronnos Rubén e Agustín. Visitamos catro seccións: sala de pintores galegos do século XIX e XX, como Ovidio Murguía e Fernando Álvarez de Sotomayor,; sala de Manuel Quiroga, famoso violinista pontevedrés; sala de Castelao, sala de cerámica de Sargadelos e sala da prehistoria. 

Foi unha visita moi interesante!!!

As abellas e os seus inimigos

O pasado martes, 23 de outubro, o noso orientador, Xosé, que tamén é apicultor, deunos unha charla, aos rapaces e rapazas de 6º, sobre as abellas e os seus inimigos. Falounos das súas características, a súa organización, os seus beneficios coma a polinización e todos os productos que nos proporcionan: mel, pole, propoleo, xalea real, cera...

  Mostrounos colmeas antigas feitas de cortiza e todos os trebellos que empregan os apicultores, asi coma o traxe.

Por último, informounos sobre os seus depredadores: ácaros e... a máis perigosa a avespa velutina! En Galicia é unha auténtica praga. Ensinounos distintos métodos de loitar contra elas: raqueta de badminton, arpas, dardos con insecticidas e a máis coñecida, a botella rechea dun líquido atractivo para elas.

Orientounos en como fabricalas e indicounos a fómula máis económica para o líquido: 1 litro de auga, un vaso de azucre e un pouco de levadura de panadeiro. Pediu 5 voluntarios que tivesen finca para colocar as trampas, aos que lles repartiu o necesario para elaborar o "zume". O próximo luns comprobaremos os resultados. A ver quen atrapou máis velutinas!!! 

AS PALMEIRAS

Antes de estudar os problemas que están tendo as nosas palmeiras, buscamos na rede toda a información que puidemos topar sobre elas:  reprodución, tipos, función que realizan, froitos, flores....

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.