6º Primaria

ENTREVISTA A XELA ARIAS

As rapazas de 6º A viaxaron no tempo, a finais dos 80, para entrevistar case que en directo a Xela Arias e co material que sacaron, elaboraron esta fermosa "Entrevista Literaria".

 

Maquetas de Maio

O ano pasado fomos quen de facelo, este ano seguro que tamén. Participa connosco na elaboración dunha pequena maqueta dun maio.  Cando a teñas rematada, entrégalla ao teu titor e poderala ver exposta na semana do 1º de Maio no Museo Torres. Aquí tedes exemplos do que se fixo o ano pasado

Sentidiño no comedor escolar

O noso comedor da man da monitora Paula convertido nun recuncho non só destinado a alimentar o corpo, senón tamén o espírito. Cada día estes rapaces sorpréndennos pola súa creatividade.

ACCIÓN POÉTICA EN VIOLETA

Para o 8 de Marzo os rapaces de 6º decidiron organizar a súa propia Acción Poética, desta vez de acordo do día cambiando a estructura da acción, que polo xeral soe ser nun fondo branco. Non podía ser doutra cor que violeta e sobre ese fondo crearon frases de futuro para o día de hoxe, enchéndoas de contido porque eles realmente cren nelas.

Os 1000 e 1 disfraces de Mortadeltino

Aproveitando a idea dun dos pais do noso centro que sabe moito disto, do Entroido, e que nos deu o comezo e o final, recreamos aqueles cambios de disfraz que nos tebeos facía Mortadelo, desta vez na súa versión de o Hio, Mortadeltino. Un Mortadeltino que nos deixa unha mensaxe acorde co que estamos pasando:  "Disfrazate pero seguriño, usa sempre a máscara"

O Testamento do Burro

Nos Entroidos máis tradicionais o Entroido remata morrendo non se antes facer testamento. O día de seu é o Martes de Entroido, ese día en lugares como en Laza, a xentes fan un remedo de testamento, onde con moita retranca se comentan as incidencias máis destacas que o ano deixou e se reparten as posesións do burro. O burro nas culturas máis primitivas é a representación simbólica do inverno, co seu lento camiñar, ese mesmo inverno que está para acabar co Entroido.

Falabamos da presencia deste testamento nos Entroidos máis tradicionais, o de Marín non o é, xa hai moito, pero nalgún momento debeu de selo, porque a primeira estrofa deste testamento que elaboraron os rapaces, foi recollida en Marín, hai moito moito tempo durante un enterro da sardiña. A partir desa primeira estrofa e grazas a unha paxina que topamos en internet onde aparecía un amplo léxico de utensilios relacionados co burro, fomos elaborando na clase o testamento deste burro ao que puxeron nome e apelidos, "Eustakio Chirico", que de tanto comer e beber morreu e rematou co Entroido.

XVII Obradoiro da Filloa

Como cada ano por estas datas dende hai 17 acode a vós, o noso obradoiro, que tradicionalmente viña, sendo unha festa rachada, onde se fomentaba unha das facetas de todo bo Obradoiro que se prece, a degustación. Este ano por mor das restriccións pandémicas o Obradoiro cobra máis sentido de seu pois os rapaces amósannos o que antes non víamos, a preparación.

Un clásico do Noso Mini Chef, "Cociña con Roi Rodiño", desta vez elabora as Chulas de Entroido...

HMMM! RICO, RICO E CON FUNDAMENTO 

Da man de Rubén Argibay Pidre chegan as primeiras e deliciosas filloas deste Entroido.

 

 

Moitos outros se atreveron a meterse na cociña para deixarnos o seu peculiar estilo de facer as filloas. Chega a quenda de tres dos mellores reposteiros que temos no colexio:  Breixo Vidal Salgueiro , Roberto Armada Aneiros e Xoel Sequeiros Paz.

Houbo tamén, quen, como Candelá Bermúdez Santiago se animou a facelas por primeira vez. 

 

Filloas si, pero co recheo que máis lle gusta a Irene

 

Con perruca verde, con perruca laranxa e ata sen ela Unai Neira Rosales cociñou estas apetitosas filloas.

Outros dos postres que non poden faltar nesta época son as ORELLAS, que desta vez nos trae o reputado mestre de cociña Daniel Quintana Domínguez. Un postre de bigotes!!

Máis orelliñas, ou orellazas segundo se mire....As de Elba Pintos Omil.

E para rematar a "Piece de Resistance" do Chef Sanjorge, LACÓN CON GRELOS

 

ANIMÁDEVOS A COMPARTIR AS VOSAS LARPEIRADAS

Chef Mini: Biscoito de castañas (IV)

Ao noso programa de cociña seguen chegando distintos pratos, inda que repetidos, cada un ten o toque especial dos nosos Chefs Mini, neste caso o de Laura Arribas López de 6º

 

Que sabemos das Esponxas de Mar?

Sara Fernández Blanco recopilou toda esta interesante información dun animal moi curioso, as esponxas de Mar.

 

Que sabemos das Baleas Francas?

Pois de primeiras non moito, salvo que son mamíferos mariños moi grandes e non moito máis; pero os noso alumnos de 6º foron investigar e algo máis no camiño aprenderon.

 

IV Concurso de Relato Curto Marín Conta

Tres dos catro da foto son alumnos do noso centro.

O Ateneo Santa Cecilia fixo entrega dos premios do 'IV Concurso de Relato Curto Marín Conta'  por mor do día das Letras Galegas, nun acto condicionado polas medidas anticoronavirus. Os premiados do noso centro foron Breixo Vidal Salgueiro (primeiro premio), Carla Vilela Fernández (segundo) e Roberto Armada Aneiuros (accésit) que recolleron o agasallo e diploma acreditativo de mans do presidente da entidade Lois G. Dopazo.

 

Parabéns a todos!!

.

 

Chef Mini: Pastel de castañas

Outro dos marabillosos e suculentos postres que a partir de castañas nos chegaron, desta vez é Breixo Vidal que nos prepara este pastel de castañas.

Chef Mini: Biscoito de castañas (III)

E como non podía haber dous sen tres, o terceiro biscoito de castañas fixérono Sara Vilela de 6º e María José Fernández, a súa nai, e como no caso dos outros dous, ábrelle a un o apetito.

Chef Mini: Biscoito de castañas (II)

Hoxe en Cociña co Roi Rodiño, imos facer un biscoito de castañas, rico, rico e con moito fundamento. Dende o set da SequeloTV na rúa Echegaray Roi vainos contando dunha forma amena e exhibindo o seu gorro de Chef os pasos para un estupendo biscoito. Rico, rico e con fundamento.

Chef Mini: Biscoito de castañas

Un apetitosísimo postre con base de castañas que cociñou para todos nós Xoel Sequeiros  Paz de 6º. 

Que sabemos da Bolboreta?

Por mor da Covid 19, temos que renovar o aire da aula con asiduidade e con tal fin temos abertas portas e fiestras; e por unha desas fiestras abertas entre os bechos que se nos teñen colado, colousenos unha bolboreta e como os rapaces son curiosos e que ademais coincidiu que comezabamos a lección 2 de Ciencias Naturais, os Animais, pois que se nos deu por saber que era o que non sabiamos das Bolboretas e de certo que había cousas que non sabiamos.

Que sabemos da Laminaria?

Pois os nenos de 6º saben moitas cosas que están resumidas nestas dúas presentacións colectivas. Entre outras cousas que realizan a fotosíntese e que na nosa ría están en claro retroceso o que empobrece a biodiversidade dos nosos fondos mariños, un retroceso provocado pola contaminación da ría e o cambio climático.

Sanguento Samaín

Seguimos explorando a linguaxe visual e por medio do Stop Motion Breixo Vidal, Roberto Armada, Xoel Sequeiros e Rubén Argibay crearon este Sanguento Samaín.

Entrevista a unha paciente Covid

Por desgraza algúns dos compoñentes do Servizo de Sanidade Pública que nestes momentos coidan de nos, pelexando contra o Covid, acaban collendo a enfermidade, como foi o caso da enfermeira Inés Lobeira que entrevistabamos durante o confinamento. Por sorte, o seu contaxio foi suave e tivo un anaquiño de tempo para deixarnos as súas impresións nesta entrevista.

Un conto para Samaín

Coma tódolos contos tradicionais europeos, os contos tradicionais galegos non deixan de ser pequenas historias de terror, de bruxas, meigas, mouras, velliñas que saen do fondo da terra, como este  "Os dous corcobados" que conta Laura Arribas de 6º B

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.