EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Contos cooperativos. Día do Libro 2019.

Así quedaron os "Contos cooperativos" que fixestes por encargo da mascota Birlo polo Día do Libro 2019.

VII EDICIÓN DO CERTAME DE RELATO CURTO

Todos son uns auténticos campións. Todos pasaron polo noso taller de escritura creativa e todos realizaron un estupendos textos. Logo, 6 deles (os axeonllados) tiveron a sorte de seren elixidos finalistas entre os 53 nenos e nenas da provincia de Pontevedra neste certame.  Somos o colexio con maior representación entre os finalistas do certame, certame que xa gañamos dúas veces. 

O importante non son os 6, nin é gañar, é conseguir que os nosos alumnos sexan quen de imaxinar mundos alternativos, de darlle unha reviravolta á realidade, porque iso o imaxinar, tamén se aprende, e eles e outros moitos que non están no noso centro aprendérono. Sorte Ana Barrera....

A festa do Maio no Colexio

Logo de estar onde tiñamos que estar o 1º de Maio para todos aqueles que por algún motivo non nos puideron oír cantar o propio día, o día 2 repetimos no colexio.

Chegou o maio

E seguindo o costume de tódolos anos, fomos cantar o maio polas rúas de Marín, costume que se remonta aos bisavós dos bisavós dos nosos bisavós, nunha cadea infinita que nos non queremos rachar.

Ai ven o maio

E chegou ao Sequelo.  Se case douscentos anos antes nun relato que se conserva en Pontevedra os rapaces fuxían da escola durante dous días para facer o maio; agora van a ela para facelo.  O noso centro consciente da importancia de transmitir en condicións a nosa cultura completou todo o proceso da elaboración do maio e nel colaboramos todos: pais, mestres e sobre todo alumnos que son o chave para que esta festa do renacemento da natureza perdure na nosa vila.

Copla da Embarcación Xiana

Como sempre sacamos á nosa Xiana as rúas para cantar, e para tal fin recuperamos unha vella melodía dunha carroza triunfal de 1954.

Copla do Barco Monte de Mogor

Este ano, por segunda vez, saímos con dous barcos, esté foi un empréstito da Casa da Cultura de Mogor. Moi agradecidos.

Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo

A partir do libreto que fixemos no colexio entre as dúas clases de 6º elaboraron unha copla que o xurado dos maios estimou como moi boa. Parabéns nenos!!

Día do Libro 2019. Apadriñamentos lectores.

Aínda que se nos fixo un pouco tarde, porque despois das vacacións se nos acumularon as actividades, por fin puidemos saír todos xuntos ao patio a festexar o "Día do Libro"; con estes apadriñamentos lectores, nos que o alumnado dos cursos superiores elexiu as lecturas para os seus apadriñados dos cursos máis baixos.

Certame de Microrrelatos do Saber Marin

Un Certame de 150 palabras que obrigatoriamente tiña que comezar por "Todo era plástico ata que...". Presentamos uns cantos traballiños e tivemos a sorte que tanto Ángela Silva Durán con "Anxela inventora" como Enrique García Graña por "Maldito plástico!" foron premiados.

Cos ollos da imaxinación

O segundo vídeo que presentamos ao concurso do Museo, logo do marabilloso de 6º A, aquí chega o de 6ºB, onde colaboran ademais pais, profesores e alumnos. Xa vai collendo xeito inda que a nosa intención é mellorala

 

Día do Libro 2019: "Contos cooperativos"

Achégase o "Día do Libro" e mascota da biblioteca, Birlo, quere propoñervos algo, este ano crear "Contos cooperativos". Preguntarédesvos que é iso???.
Coma sempre deíxavolo todo ben explicado na seguinte carta.
 

 

O libro na Pedra

O primeiro dos vídeos cos que imos participar no Certame de Curtas do Museo, centrado na defensa do noso Patrimonio como fixeron os fundadores do Museo que visitaron asiduamente os nosos petroglifos. Un precioso e didáctico traballo dos alumnos e profes de 6º A

Día do Pobo Xitano

Por mor do día do Pobo Xitano, os nosos alumnos, elaboraron un programa para a Radio Sequelo sobre o seu pobo para comprender mellor como son, sinten e pensan; e cal é a súa orixe que ata fai pouco era todo un misterio.

Esta nova etapa da nosa radio comeza con medios que irán mellorando a medida que teñamos máis practica pero con moita ilusión.

O noso libro de "Contos Terroríficos"

Aínda que xa hai moito que pasou o Samaín, por fin temos todos os contos recopilados formando un libro, aquí o deixamos por se queredes volver a lelos e pasar outra vez un pouco de medo.

Día de Rosalía

Aínda que se nos fixo un pouco tarde, así foi como homenaxeamos este ano a figura de Rosalía de Castro. Decorando as escaleiras cun poema que nos recorda o fermosa que é a nosa terra "Cantarte hei Galicia"; e destacando os momentos máis importantes da súa biografía.

Día de Rosalía, 24 de febreiro

Como xa sabedes o día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro; como a data cae en domingo nós realizaremos diversas actividades na semana seguinte. Para aprender algo máis sobre ela, deixamos esta imaxe interactiva con diversa información.

"Marcha Radetzky pola Paz". Día da Paz 2019.

Así celebramos este ano o Día da Paz, a ritmo da coñecida "Marcha Radetzky" de J. Strauss (pai), que acompañamos con percusións corporais ao tempo que recitamos un texto alusivo á celebración. Previo ao canto colectivo o alumnado de sexto curso leu un manifesto que eles mesmos crearon.

"Un río de Paz". Día da Paz 2019

Unha das actividades que realizamos para celebrar o "Día da Paz e a non Violencia" foi a realización do mural "Un río de Paz" simbolizando o noso río Lameira, que enchemos de peixiños cheos de mensaxes de PAZ; oxalá que estes peixiños descendan ata os mares e poidan levar estas mensaxes a todo o mundo.

CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL ATENEO 2018

Tanto en debuxo coma en conto de Nadal tivemos a sorte de estar representados na entrega de premios do concurso que tódolos anos patrocina o Ateneo Santa Cecilia. Parabéns a Ágata, Pedro, Marta e Álvaro e a todolos demais nenos do noso colexio que participaron e que cada día e con cada traballo que levan a cabo fan que as súas competencias linguisticas e artisticas se desenvolvan

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.