EDLG
Entrevista á teacher da EEI Nosa Señora do Carme
Enviado por josean o Mar, 18/02/2020 - 19:27Hai uns días visitáronnos os pequeniños das escolas infantís de Marín. Moitos dos nosos alumnos foron antes alumnos seus e gardan bos recordos do seu paso por aqueles centros e dos seus mestres; o mesmo que esperamos que teñan de nós cando nos deixen.
Sabedes aquilo de que o bo se breve, dúas veces bo; pois esta entrevista que se guisaron soíños os exalumnos do Nosa Señora do Carme, non só cumpre o dito senón que o amplifica (tres, catro, dez veces bo). Os nenos magníficos e a teacher non defraudou, uns artistas todos.
Especies de ría (videodocumentais)
Enviado por josean o Mar, 18/02/2020 - 17:36Comezamos a editar en vídeo.
Dentro do proxecto do porto no que estamos mergullados este ano, os nenos aproveitaron varios vídeos que circulaban por Youtube para darlle "nova vida": crearon uns pequenos guións que explicaran as distintas especies animais e vexetais que viven na nosa ría, axeitárono aos tempos dos vídeos, buscaron músicas de fondo Creative Commons, grabaron os guións na radio e por último no momento da edición mesturaron todo con AVS Video Editor. O resultado son estas curtas que representan un principio no traballo coa linguaxe cinematográfica.
1. A Canilonga
2. Os Mexillóns
Os vídeos elixidos son de alta definición, 720p ou 1080p. Elixide esa definición na configuración de Vimeo
Espazo verde nº 3
Enviado por josean o Lun, 10/02/2020 - 01:00Chega o 3º programa do Espazo Verde.
É verdade que as bolsas de papel son mellores cas de plástico?
As nosas casas utilizan a enerxía de xeito eficiente?
E o tempo con Carla
Salvemos o planeta
Enviado por Menchi o Ven, 07/02/2020 - 14:05Este video fíxoo Lucía Couso, de 4ºB. É un video feito co xogo Gacha Life editado co programa Kinemaster. É un video sobre a contaminación do planeta e o coidado do medioambiente.
O programa Kinemaster é un programa de edición de video, é gratuito e con el montei as imaxes do xogo Gacha Life, que tanto me gusta, para iso fago capturas de pantalla e as recorto para que quede como se fose unha animación. Despois engado a música e a tradución da canción (que tamen a fixen eu). Espero que vos guste.
Radio cos rapaces da EEI O Grupo
Enviado por josean o Mar, 04/02/2020 - 12:19O pasado venres, 31 de xaneiro visitaron o noso colexio os alumnos de Infantil da EEI O Grupo. Logo de coñecer as distintas dependenccias do colexio compartiron cos rapaces de 1º unha interesante actividade.
Aproveitando que traballamos conxuntamente as adiviñas, na aula onde está situada a RADIO SEQUELO, e coa asistencia técnica dos alumnos de 5º, gravamos esta emisión de radio.
Foi inha experiencia moi enriquecedora e divertida. Nunca esqueceremos a nosa primeira vez diante dos micros da radio.
APADRIÑAMOS UN PINGÜÍN
Enviado por josean o Mar, 28/01/2020 - 18:05Os nenos de 5ºB apadriñamos un pingüín, chamábase Sequeliño aínda que era gordiño. Para apadriñar un pingüín hai que entrar en www.ejercito.mde.es facer clic en “Unidades”, e por ultimo facer clic en campaña ártica. O mensaxe chega ao día seguinte, ás veces, o mesmo día.
Con estas campañas de apadriñamento dos pingüíns perseguimos comprometernos co medio ambiente, facendo un lugar mellor.
Premios Ateneo Santa Cecilia
Enviado por Menchi o Ven, 10/01/2020 - 10:36O pasado 20 de decembro entregáronse os premios do Ateneo Santa Cecilia nas distintas categorías. Obtivo o primeiro premio no concurso de contos Iván Suárez Rey co conto "Thizos e a volta ao mundo" e o segundo premio Mateo Barcala Díaz co conto "Aventura de Nadal". Felicidades aos dous, sodes uns artistas¡¡¡
Festival de Nadal 2019
Enviado por Anónimo o Lun, 30/12/2019 - 18:05Chegamos a bó porto con Benito
Enviado por Menchi o Ven, 20/12/2019 - 11:49O día 28 de novembro veu Benito explicarnos que había dous tipos de pesca: de arrastre e de rede. Díxonos que o maior medo que pasara fora unha vez que atoparon unha especie de balea que estaba amarrada na barca e por pouco vira a barca. Dixo que para pescar sardiñas había unha rede onde engánchanse as cabezas e xa non saen.
Unha vez estaban pescando coa liña e pescou un tiburón martelo, liouse coa liña e case lle arrinca unha orella, quedoulle colgando e tiveron que coserlla no barco. E que Benito é todo un lobo de mar.
Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo
SAN CREMENÇO DO MAR
Enviado por josean o Ven, 20/12/2019 - 11:44A cantiga de San Clemenço é unha cantiga de amigo que está situada na Illa do Santo en Ardán e que na Idade Media escribiu Nuno Treez. Fala dunha muller ao que un home enganou.
Chegamos a bo porto con Umberto
Enviado por Menchi o Xov, 19/12/2019 - 14:13Umberto era un mariñeiro que pasaba o Nadal no barco, case non vira aos seus fillos crecer; no Nadal traballábase tódolos días e só se comía un pouco de turrón. Tamén traballaba no arrastre e díxonos: "imaxinádevos que sodes peixes e fixo como se nos tirara unha rede e como se nos pescara a todos xuntos". O que máis nos impresionou foi que pescou un tiburón martelo.
Lucia Couso, Pedro, Miguel e Dani.
Guías de lecturas dos EDLG do Morrazo
Enviado por Anónimo o Lun, 16/12/2019 - 23:50Feira de Nadal
Enviado por Anónimo o Lun, 16/12/2019 - 23:20Como xa ben sendo tradicional por estas datas, celebrouse a Feira de Nadal organizada polas ANPAS do noso concello na alameda de Marín. Estivo moi animada durante toda a tarde do pasado venres, coa presenza de Papá Noel, obradoiros navideños e degustación de chocolate. A ANPA AIDÓN do CEP Sequelo tamén estivo presente. Mirade que mesa máis chula montamos!
A maxia do Nadal
Enviado por Anónimo o Xov, 12/12/2019 - 02:43 O NADAL É MAXIA E ILUSIÓN Hoxe puidemos disfrutar da maxia grazas ao Mago Paco que, ademais, nos convidou a escribirlle a carta a Papá Noel.
Concurso de "Tarxetas de Nadal" 2019.
Enviado por Anónimo o Mar, 10/12/2019 - 21:49Parabéns a todos e moitas grazas por participar un ano máis.
A ver se o adiviñas. Reto en colaboración coa EEI O Grupo
Enviado por Anónimo o Mér, 04/12/2019 - 01:34Os alumnos de 1º decidimos mandarlle "un reto" aos nenos e nenas da EEI O GRUPO. Algúns de nós temos moi bos recordos dese cole. Pois ben, nós escollemos unha adiviña, mandámoslla por vídeo e eles teñen que adiviñala e enviarnos a nós a súa adiviña. Esta é a nosa. A ver se a acertas! CUCURRICO NON TEN OLLOS NIN CU NIN BICO, PERO OS FILLOS DE CUCURRICO TEÑEN OLLOS, CU E BICO.
Día contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro de 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 26/11/2019 - 22:34O magosto en 4ºB
Enviado por Menchi o Xov, 14/11/2019 - 14:36Celebramos o magosto o venres 8 de novembro e fixemos moitos xogos como: tiro á diana, o limbo das castañas, relevos cunha castaña, pasar a castaña cun vaso... Despois repartiron as castañas para comer e o chocolate quente e uns biscoitos pequenos e mentres merendábamos xogábamos polo patio. Por último repartiron carbóns para pintar a cara e fumos para clase e tíñamos a cara chea de negro co carbón. Pasámolo xenial!!!
Mario, Xián, Estrella e Carlota
Día contra a Violencia de Xénero 2019
Enviado por Anónimo o Mér, 13/11/2019 - 17:26- Encher os símbolos de home e muller ♀♂ con frases en contra da violencia de xénero, que se traballarán nas aulas.
- Participación nas actividades que cada ano nos propón o concello de Marín a través do CIM (Centro de Información á Muller) este ano coa "Caravana morada".
- Culminaremos as actividades o día 25 de novembro representando os símbolos ♀♂ no chan e lendo algunhas desas frase traballadas; rematando o acto cantando a canción “Déjala que baile”, da que deixamos un video coa letra para que a vaiades aprendendo.
Samaín 2019:" A auga sube e baixa"
Enviado por Menchi o Dom, 10/11/2019 - 20:56Os alumnos de 4º escriberon un poema para celebrar o samaín. Esperamos que vos guste.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- seguinte ›
- última »
![RSS - EDLG Distribuir contido](/centros/cepsequelomarin/misc/feed.png)