EDLG
Poemas dende a casa (6): Lucía Novas Garrido
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 20:02Unha poeta do Morrazo que neste día nos fixo o favor de estar connosco léndonos dende a casa un poema de Rosalía: "Nasín".
Lucía Novas Garrido nace en 1979 en Bueu, no Morrazo, Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, exerce de docente de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Autora dos libros Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001), que recibiu o IV Premio de Poesía Concello de Carral, e Neve (Espiral Maior, 2010, Premio de Poesía Johán Carballeira), poemas da súa autoría aparecen recollidos nas antoloxías Poetízate. Antoloxía da poesía galega., Das sonorosas cordas. 20 poetas dende Galicia e Erato. Bajo la piel del deseo, así como en diversos volumes colectivos e publicacións, das que son mostra Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea. Recibiu os premios Minerva, Universidade de Vigo, Faustino Rey Romero, Concello de Carral e Johán Carballeira, e participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta, na Universidade de Salamanca, e nas xornadas de Poesía Última da Fundación Alberti.
Poemas dende a casa (5): Irmaus
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 19:41Cos medios que temos algo tiñamos que facer para celebrar o día da Poesía, e que mellor que un poema dun dos máis grandes poetas galegos, Celso Emilio Ferreiro, logo de traballar con el pola semana. E para a ocasión contamos coa guitarra de Xose Iglesias Fernández "Buxán". Agradecido, compañeiro.
Poemas dende a casa (4): Xosé Daniel Costas
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 17:08Nun día coma hoxe, o poeta de Moaña, Xosé Daniel Costas, que hai tempo estivera no noso colexio, tamén quixo estar co seu "Poema en cadeira de rodas"
Xosé Daniel é membro fundador da Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña. Entre os premios que obtén polo seu traballo no eido poético están: Mención de Honra no Premio de Poesía GZCREA 2008 coa obra Revoluciona(me), Primeiro Premio de Poesía do Premio de Poesía, Relato Curto e Traducción da Universidade de Vigo do ano 2010 e 2011 coas obras Marés de Xiz e Dime de ti. Asemade publicou en diferentes proxectos colectivos, Maregrafías, Pegadas, e Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís.
No ano 2009 gañou o XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón co libro Conservas, editado por Sotelo Blanco no ano 2010. En 2011 o X Premio de Poesía Novacaixagalicia co libro Monicreques. Libro que sairía publicado no ano 2012 editado polo PEN Club de Galicia e Novacaixagalicia.
En 2012 publicou Infancia de vacas mortas, na editorial Barbantesa.
Poemas dende a casa (3): Guillermo Neva
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 13:24Como podedes ver non só poetas e alumnos nos mandan cousas, tamén algun ex-alumno se animou a mandarnos algunha cousiña. Cando Guille estaba no noso centro quedou finalista no Concurso de Poesía Añón Paz de Serra de Outes con este poema. Dende aquela moito medrou o noso Guille.
Poemas dende a casa (2): Miguel Ángel Alonso Diz
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 12:12Miguel Ángel Alonso Diz aos que a moitos da nosa Comunidade Escolar coñeceredes e creador de obras coma "O Cullarapo Croque", A nena á que non deixaban ser feliz, O soño de Esther, O valente coello que quixo soñar, 2015, Mel, unha mosca agradecida, Música no faiado, 2018, Piratas no recreo.., mándanos xunto ás súas fillas un saúdo moi especial por mor do día da poesía.
Inda que é de Vigo e vive en Vigo hai moito tempo que se acristianou no Morrazo. Moi agradecidos Migueliño
Contos desde a casa (6): Aixa Vilas de 5ºA "Garavanciño"
Enviado por Anónimo o Ven, 20/03/2020 - 21:33Temos outro conto, esta vez Aixa Vilas de 5ºA, que nos le "Garabanciño".
Poemas dende a casa (1): Antonio García Teijeiro
Enviado por josean o Ven, 20/03/2020 - 18:34Antonio García Teijeiro, cunha longa traxectoria poética as súas espaldas e unha das voces principais da lírica galega, tivo a ben enviarnos este vídeo para os nenos do Sequelo, onde nos recita dous dos seus poemas.
Gañou o Premio “Merlín” en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honor do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo “Pier Paolo Vergerio”, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa.
En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Pero ademais de todo isto se algo houbese que dicir de Antonio é que Dylan, queira ou non queira, está presente, coma no vídeo, sempre na súa obra. Dous poemiñas de Antonio para que se nos faga máis levable esta Desolation Row que vivimos.
Actualización:
De bicos, bicos... e máis bicos Publicado no xornal Faro de Vigo (03/04/2020)
Contos desde a casa (5): Pablo Torres de 5ºA "Na barriga do dragón"
Enviado por Anónimo o Xov, 19/03/2020 - 19:18Pablo Torres de 5ºA lenos un fragmento de "Na barriga do dragón".
Mulleres galegas
Enviado por josean o Xov, 19/03/2020 - 17:53Tiñamos pendentes algúns traballos coma este de 5º sobre as mulleres galegas e que iremos poñendo aos poucos
Contos dende a casa (4): A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
Enviado por josean o Xov, 19/03/2020 - 13:29Xoel de 5º mándanos este popular conto para continuar coa andaina dos Nosos contos dende a casa. Que sorte ten Xoel de poder estar o aire libre!
Contos desde a casa (3): Raúl Soage 2º curso "A cebra Camila"
Enviado por Anónimo o Mér, 18/03/2020 - 22:39Isto dos "Contos desde a casa" vaise animando, terceiro conto, esta vez Raúl Soage de 2º curso, "A cebra Camila".
Contos desde a casa (2): A casa da mosca Chosca por Candela 5º
Enviado por josean o Mér, 18/03/2020 - 20:00Un novo conto chega á nosa web. Esta vez é Candela quen da súa casa nos conta un dos contos que máis lle gustou. Atenta Irene Estévez Pazos
Contos desde a casa (1): Diego Soage 1º curso "O galo Quirico"
Enviado por Anónimo o Mér, 18/03/2020 - 18:16Xa temos o primeiro "Conto desde a casa", Diego Soage de 1º curso, "O galo Quirico".
A ver quen é o seguinte...
Contos desde a casa
Enviado por Anónimo o Mar, 17/03/2020 - 19:31Nestes días de retiro propoñémosvos que gravedes un video cun fragmento, de aproximadamente un minuto, do voso conto favorito e nolo enviedes á seguinte dirección: sequelonacasa@gmail.com
Para que teñades un exemplo, a profe Silvia animouse a ser a primeira en participar, con este fragmento de "Galofoguete".
Agardamos polos vosos!
Concurso de Fotos Pilabot
Enviado por josean o Ven, 13/03/2020 - 10:12Dende este momento xa podedes votar aos estupendos traballos que realizaron os nosos nenos. Temos moito e bo onde elixir.
FAI CLICK ENRIBA DA IMAXE DO CONCURSO E VOTA POLA QUE MÁIS CHE GUSTE
Visita ao porto de 4º primaria
Enviado por Menchi o Mar, 10/03/2020 - 12:06Os alumnos de 4º de primaria fomos visitar o Porto de Marin onde nos explicaron o seu funcionamento e fixemos unha visita guiada por un policia portuario que nos explicou as distintas zonas do Porto. Rematamos esta saída na empresa Mares de Galicia onde nos mostraron como elaboran e envasan os moluscos.
Día de Rosalía 2020: "O xardín de Rosalía"
Enviado por Anónimo o Mér, 04/03/2020 - 22:18O Enterro da Sardiña
Enviado por josean o Lun, 02/03/2020 - 19:26Dentro das visitas que fixemos ao Ateneo Santa Cecilia por mor do Entroido, ideamos esta entrevista co responsable da organización do Enterro da Sardiña, Celso Méndez Fraguas, onde nos contou unha morea de cousas sobre o mesmo.
O lumbrigante
Enviado por josean o Lun, 02/03/2020 - 14:58Este vídeo que describe a vida e as características do lumbrigante fixémolo Roberto e máis eu, cun programa de edición de vídeo chamado AVS Editor:
-Primeiro gravamos o diálogo na radio
-Mesturámolo no programa co vídeo
-Metémoslle a música e baixámola un pouco para que se nos escoite ben a nós e por último metimos o título e os créditos
Breixo Sanjorge Boullosa 5º B
O escacho
Enviado por josean o Lun, 02/03/2020 - 11:46O escacho é un peixe que aínda que ten moitos parecidos cos peixes da súa familia, os Triglidae, a súa cabeza, os seus ollos e os seus órganos sensoriais fanno moi raro.
O vídeo do escacho fixo que a miña compañeira Alexandra e máis eu aprenderamos moito sobre este peixe. Aínda que custou bastante editalo, quedou moi ben.
Irene Estévez Pazos 5º B
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- seguinte ›
- última »