Biblioteca

Entroido 2018. XIV Obradoiro da Filloa

Un ano máis chegou o Entroido e con el o noso tradicional "Obradoiro da Filloa", na súa edición nº XIV.  
Así foi como o celebramos o pasado día 8, con doces, concurso de disfraces e moita troula.
Noraboa aos premiados no concurso de disfraces e tamén aos que non o foron polo seu esforzo e participación.

Día da Paz 2018, "O tren da Paz"

Este ano conmemoramos o Día da Paz con esta actividade na que entre todo o colexio construímos "O tren da Paz". Cada vagón representaba un valor: compañeirismo, amor, amizade, diálogo, xenerosidade, responsabilidade, humildade, respecto, solidariedade, xustiza, igualdade;  que cada clase traballou nas datas previas.
O acto consistiu nunha posta en común na que entre todos construímos o tren.
Porque a Paz non é só cousa dun día, o tren está agora exposto polos corredores así que animádevos a pasar a velo, e ver máis detidamente o traballo dos vosos compañeiros. 
 

Lecturas para este Nadal e para 2018

No CEP Sequelo recollemos a guía con recomendacións de lectura en lingua galega que nos propón a Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
O obxectivo é facer chegar ás familias e a toda a comunidade educativa propostas de lecturas e música para todas as idades, cheas de novidades e reedicións en lingua galega.
 
Aquí vos deixamos as guías para que este Nadal as casas se enchan de cultura en galego!

GUÍA LECTURAS INFANTIL

 

 

GUÍA LECTURAS PRIMARIA

 

 

21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down"

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down, e dende o CEP Sequelo, queremos sumarnos á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos https://downgalicia.org/2020/03/18/calcetins-desparellos-para-conmemorar-o-dia-mundial-da-sindrome-de-down/.

Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e diversidade. Queremos enche a nosa web de calcetíns de tódalas cores e estampados. Envíanos a túa foto á dirección de correo sequelonacasa@gmail.com.

Anímate a participar!

A profe Tamara de Educación Física foi a primeira en animarse...

Exposicións orais dos lapbooks "Descubrindo o noso rural"

Todo isto aprendemos sobre o noso rural con estes traballos dos "Lapbooks: Descubrindo o noso rural", que fixemos para conmemorar o Día do Libro. 

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Como xa sabedes, polas diversas actividades que vindes realizando, este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura de Carlos Casares. Seguindo a tradición do noso cole, quixemos rendirlle a nosa homenaxe cunha celebración na que participou o alumnado de sexto curso facendo una pequena representación da vida de Carlos Casares; e a actuación musical de Luis Vallecillo co espectáculo "O mundo de Carliños".
 

Entroido 2017. XIII Obradoiro da Filloa.

Como cada ano ao chegar estas datas o noso cole vístese de Entroido e celebra o xa tradicional "Obradoiro da Filloa", este ano o décimo terceiro. Así de animada e participativa resultou o pasado día 23 esta celebración; na que non faltaron as típicas lambetadas de entroido, as filloeiras de Valongo, e o concurso disfraces. Este ano a temática era "A Galicia rural", buscando relacionar tamén o entroido co proxecto "Terra adentro", co que pretendemos coñecer un pouco máis o noso rural.
Aquí vos deixamos un video, resumo da celebración. E aproveitamos para dar as grazas a toda a comunidade escolar, sen a vosa colaboración esto non sería posible.
 

Que sabes da Historia do Libro?

Despois do excelente traballo que realizou o noso alumnado sobre a Historia do libro, aquí tedes tamén en formato dixital as preguntas do concurso "Que sabes da Historia do libro?". Os que xa o entregachedes por escrito non o fagades aquí, porque só se admite unha resposta por alumno/na. Os que aínda non participachedes, podedes facelo pola Web. Ánimo e sorte!

 

 

CANCIÓN DIA DA PAZ

Xa temos canción para celebrar o Día da Paz escolar, que se celebra, como cada ano, o día 30 de xaneiro. A proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística "Apertas que voan" do músico e actor galego Paco Nogueiras, formando parte do disco "Brinca Vai!". Pulsa sobre a imaxe e accede a BiblioSequelo onde está a canción

VISITAS Á EXPOSICIÓN "40 ANOS DE ESCOLA" CEP SEQUELO

 
As visitas a exposición de todo alumnado foron a posta en común final de todo o proxecto. Pouco a pouco todos os cursos do colexio, así como os pais do noso alumnado e antigos alumnos foron pasando pola nosa exposición. Moi loable a labor dos nos@s guías da exposición que lograron sobrepoñerse aos nervios e fixérono así de ben explicando e respondendo ás preguntas dos seus compañeir@s e demais visitas.
 
 

CELEBRACIÓN DO 40 ANIVERSARIO

40 anos non se cumpren todolos días, para a ocasión o Equipo de Dinamización da Biblioteca montou unha boa festa onde instalaron varias exposicións, sobre ciencia, tecnoloxía ey literatura, que poderán visitarse durante os próximos 15 días. Varias xeracións de directores, mestres, antigos compañeiros e profesores, moitos deles, reunironse ao abrigo dunha Institución que leva educando marinenses 40 ANOS. Se iso foi asi no 40 ANIVERSARIO, para o CENTENARIO nin vos vou contar o que vai ser aquilo. Parabéns e feliz Aniversario a todos

A nova na prensa:

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/336617-ceip-sequelo-celebra-...

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/04/colegios-sequelo-...

A SEMANA DA CIENCIA

Facendo honor o lema desta curso nas bibliotecas "Ler Ciencia na Biblioteca Escolar" o alumnado de 6º curso non só se animou a ler ciencia, senón tamén a experimentar con ela. Resultado do cal tivemos esta extraordinaria exposición de circuítos eléctricos e outros traballos.

PINGA TEATRO "HÉRCULES E GLORIA FUERTES"

Pinga Teatro estivo con nós o día 24 representando o conto de Hércules e Gloria Fuertes para os nenos do primeiro e segundo ciclo. Formando parte da celebración do Día do Libro.

Clicade enriba da foto para aceder a máis 

CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL 2013 ATENEO SANTA CECILIA

Entre os gañadores do Concurso de Debuxo que como cada ano polo Nadal organiza o Ateneo Santa Cecilia, está Ángel Hermida Campos de 6º. Parabéns!!!

XIII EDICIÓN PREMIOS MURALLA DE LUGO

Por fin a nova da entrega do premio na central do periódico o Progreso en Lugo. Entre os finalistas na categoría de narración Pablo Morgade Muras de 3º A. O cuarto pola dereita,ese que se rí, o único da provincia de Pontevedra.

CELEBRACIÓN DIA DA PAZ 2013

Un pequeno resumo da celebración do día Internacional do día da Paz e a Non Violencia no noso colexio.

FESTIVAL DE NADAL 2012

Un pequeniño resumo do que foi o festival de Nadal para volver enganchar con forza o segundo trimestre

Novo Blog da Biblioteca do noso colexio

Ola a todos/as, se facedes click enriba da nova mascota ALIENÍXENA do colexio, ides directamente ó noso novo blog da Biblioteca do CEP Sequelo, con moitísima información, a desfrutar!!!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.