Biblioteca

Contos dende a casa (16): Sabela Casqueiro de 2º "O can e as lebres"

Chéganos outro conto, esta vez de Sabela de 2º curso, que nos le "O can e a lebre".

Música dende a casa (4): El Sol no regresa.

Ola, de novo. Aquí déixanos outra mostra do seu arte, Irene Pazos Iglesias de 6ºB, tocando a guitarra e cantando esta fermosa canción do grupo "La Quinta Estación". Parabéns.

 

Contos dende a casa (15): Breixo Casqueiro de 5ºA "O príncipe desmemoriado"

Seguen a chegar novos contos, esta vez Breixo Casqueiro de 5ºA que nos le "O príncipe desmemoriado".

Contos dende a casa (14): A lebre e a tartaruga

Outra alumna máis que se anima a mandarnos un contiño dende a casa, Irene Estévez Pazos, que se atreve coas fábulas de Esopo.

Música dende a casa (3): A VIDA É BELA

Porque malia as circunstancias que nos tocan vivir, a vida segue sendo bela, Laura Arribas López e os seus pais, baixo a dirección do pequeno Herbert von Karajan,  mandáronnos dende a casa esta cousiña tan fermosa.

Sabemos que temos moi bos músicos no cole, algún ata toca o UKELELE. Animádevos e mandádenos cousiñas.

Música dende a casa (2): LUIS PREGO

Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto  é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.

Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".

Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios! (non esquezades asinalo co voso nome).

Pra Habana

A todo correr, e seguramente con erros, os rapaces aprenderon da profe Tamara este poema de Rosalía de Castro, en linguaxe de signos.  Botáronlle todos, incluso os que non aparecen, moitas ganas, e a próxima vez seguro que o bordan.

Pra Habana from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

Contos desde a casa (12): Iker Crespo de 5ºA "Estás como unha cabra!"

Moi ben nenos e nenas! Seguimos recibindo os vosos contos. Esta vez o de Iker de 5ºA, que nos le un fragmento do libro "Estás como unha cabra!".

Contos dende a casa (11): Titiricircus

Onte día do Circo, Breixo Sanjorge Boullosa mandounos algo moi axeitado para o día.

Contos dende a casa (10): Juan Carlos Epifanio

Hoxe é a quenda para Juan Carlos Epifanio que dende a súa casa lenos este "SHERLOCK TÓPEZ Y EL JABALÍ MALHUMORADO".

A raia

Outro dos experimentos de VideoEdicion que levaron adiante os rapaces de 5º, dentro do Proxecto "Chegamos a bo porto".  Desta vez os autores foron Maroua, Carla e Carlota.

Dia da Muller Traballadora: Redeiras

Por mor das circunstancias nalgunhas cousas andamos cun pouquiño de atraso.  Por mor do día da muller traballadora visitounos Aye, a tía de Candela Bermúdez, que nos falou ás dúas clases de 5º do seu traballo de redeira, traballo que noutros tempos era habitual nas mulleres, pero que hoxe en día é case que exclusivamente masculino.

 Logo da charla os nenos fixéronlle unha entrevista que aquí podedes escoitar:

Poemas dende a casa (7): Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro, profe, mestra, poeta... tivo a ben prestarnos a súa voz nestes momentos extraños que vivimos e compartir a súa poesía cun dos seus públicos preferidos, os nenos, con este fermoso poema "Belidadona"

Helena formou parte do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e coordinou as coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Arte de Trobar e Poetas con Rosalía.
Foi cofundadora do PEN Clube de Galicia, presidenta da Fundación Rosalía de Castro e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Antologada e traducida a varias linguas, a súa narrativa infantil mereceu ser incluída no catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de München, en 1990 con Ero e o Capitán Creonte, e en 1994 con A canción do Rei.
 
Premios:
Poesía: Manuel Antonio, Galicia, Chao Ledo, Eusebio Lorenzo, Xacobeo, González Garcés e Arume (poesía infantil)
Narrativa: Breogán e Modesto R. Figueiredo.
Xornalismo: Puro Cora.
Obra poética:
Alalás (1972), O sangue na paisaxe (1980), No aló de nós (1981), Rosalía no espello (1985), Cabeleira de pedra (1993), Festa do corpo (1994), Álbum de fotos (1999) Nas hedras da clepsidra (1999) e Pálpebra azul (2003). Tamén os libros infantís A campá da lúa (1999), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2003) e O Souto do ananon(2007).
Obra narrativa:
Morrer en Vilaquinte (1980) e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991).
Obra ensaística:
Símbolos de Galicia (1979), Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo (1993), Delas (1999), Paseos literarios (2000) e Feminino plural(2003)
 
E autora, ademais, de numerosa obra pedagóxica, poética e narrativa publicada en libros colectivos e revistas.
 
A última incursión creativa da autora é a fotografía, tendo participado nas exposición colectivas Enarborar o bosque (Santa Cruz de Oleiros, 2011) e Olladas 2012 (Bruxelas, 2012) e colgado as individuais Palabras en imaxes (Bruxelas, 2012) e Xogos de auga (Santiago de Compostela, 2012).
 
Dende o 2017 é membro correspondente da Real Academia da Lingua Galega
 

Contos dende a casa (8): Laura Arribas López

Outro libro máis que nos chega a nosa páxina web desta vez da man de Laura, outro deses libros que marcaron a súa infancia, Coelliño Branco. Agora xa son moi maiores.

Contos dende a casa (7): Lara Dopazo Ruibal

No Morrazo hai moi bos escritores, e Marín non ía ser unha excepción. Entre os autores que estes días decidiron lernos algo está Lara Dopazo Ruibal que además é tamén ex-alumna do Colexio.

Lara gañou o primeiro premio do certame GZ Crea no 2008 pola poesía "Dende Illa Peixe".  No ano 2015 gañou o certame Francisco Añón de poesía co poemario Ovella e máis a primeira edición do Premio Literario Nortear co relato Clementina; así mesmo no 2007 gaña o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño co poemario Claus e o alacrán, que ao ano seguinte publicaría a Editorial Espiral Maior

Poemas dende a casa (6): Lucía Novas Garrido

Unha poeta do Morrazo que neste día nos fixo o favor de estar connosco léndonos dende a casa un poema de Rosalía: "Nasín".

Lucía Novas Garrido nace en 1979 en Bueu, no Morrazo, Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, exerce de docente de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Autora dos libros Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001), que recibiu o IV Premio de Poesía Concello de Carral, e Neve (Espiral Maior, 2010, Premio de Poesía Johán Carballeira), poemas da súa autoría aparecen recollidos nas antoloxías Poetízate. Antoloxía da poesía galega., Das sonorosas cordas. 20 poetas dende Galicia e Erato. Bajo la piel del deseo, así como en diversos volumes colectivos e publicacións, das que son mostra Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea. Recibiu os premios Minerva, Universidade de Vigo,  Faustino Rey Romero, Concello de Carral e Johán Carballeira, e participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta, na Universidade de Salamanca, e nas xornadas de Poesía Última da Fundación Alberti.

Poemas dende a casa (5): Irmaus

Cos medios que temos algo tiñamos que facer para celebrar o día da Poesía, e que mellor que un poema dun dos máis grandes poetas galegos, Celso Emilio Ferreiro, logo de traballar con el pola semana. E para a ocasión contamos coa guitarra de Xose Iglesias Fernández "Buxán". Agradecido, compañeiro.

Poemas dende a casa (4): Xosé Daniel Costas

Nun día coma hoxe, o poeta de Moaña, Xosé Daniel Costas, que hai tempo estivera no noso colexio, tamén quixo estar co seu "Poema en cadeira de rodas"

Xosé Daniel é membro fundador da Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña. Entre os premios que obtén polo seu traballo no eido poético están: Mención de Honra no Premio de Poesía GZCREA 2008  coa obra Revoluciona(me), Primeiro Premio de Poesía do Premio de Poesía, Relato Curto e Traducción da Universidade de Vigo do ano 2010 e 2011 coas obras Marés de Xiz e Dime de ti.  Asemade publicou en diferentes proxectos colectivos, Maregrafías, Pegadas, e Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís.

No ano 2009 gañou o XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón co libro Conservas, editado por Sotelo Blanco no ano 2010. En 2011 o X Premio de Poesía Novacaixagalicia co libro Monicreques. Libro que sairía publicado no ano 2012 editado polo PEN Club de Galicia e Novacaixagalicia.

En 2012 publicou Infancia de vacas mortas, na editorial Barbantesa.

Poemas dende a casa (3): Guillermo Neva

Como podedes ver non só poetas e alumnos nos mandan cousas, tamén algun ex-alumno se animou a mandarnos algunha cousiña.  Cando Guille estaba no noso centro quedou finalista no Concurso de Poesía Añón Paz de Serra de Outes con este poema.  Dende aquela moito medrou o noso Guille.

Poemas dende a casa (2): Miguel Ángel Alonso Diz

Miguel Ángel Alonso Diz aos que a moitos da nosa Comunidade Escolar coñeceredes e creador de obras coma "O Cullarapo Croque", A nena á que non deixaban ser feliz, O soño de Esther, O valente coello que quixo soñar, 2015, Mel, unha mosca agradecida, Música no faiado, 2018, Piratas no recreo.., mándanos xunto ás súas fillas un saúdo moi especial por mor do día da poesía. 

Inda que é de Vigo e vive en Vigo hai moito tempo que se acristianou no Morrazo. Moi agradecidos Migueliño 

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.