blogue dejosean

Poemas dende a casa (29): Dramatizando a Carballo Calero

Esperemos que non sexa verdade o título do poema de Carvalho Calero, inda que o seu significado fose moi outro. Breixo, Carlota, Laura e Alexandra logo de traballar este soneto do autor, recítanno para todos.

Poemas dende a casa (27): Ferrol 1916

Os rapaces e rapazas

de quinto A

un poema do homenaxeado

foron recitar.

Lembrando a súa infancia no Ferrol

antes da morte da súa nai...

(preme no botón de subtítulos do vídeo se non o entendes ben)

Poemas dende a casa (26): Vivir non é preciso, navegar si

Marín inda garda recunchos de Marín, recunchos que descubren os alumnos de 5º a través da poesía de Celso Emilio Ferreiro, porque....

"Vivir non é preciso, navegar si" 

Moi agradecidos ás familias, que en canto puideron saír cos rapaces, se botaron a navegar Marín.

Poemas dende a casa (25): A roda do lume

Hai uns aniños Ángel Estévez Pazos viñera polo colexio para falarnos do Entroido Tradicional no seu San Tomé natal. Un aniño máis tarde sacara este fermoso libro do que Elva Pintos Omil, tamén con orixes familiares en San Tomé, nos deixa esta "Roda do Lume". A palabra poética sopla con máis forza no lugar onde se imaxinou.

Spots Publicitarios (II)

Agora máis ca nunca os pequenos comercios que están volvendo abrir necesitarán dunha boa publicidade, boa publicidade como a que lle poden proporcionar os nosos pequenos artistas:

Axencia de Viaxes Mart Inc.

 

Chocobom

 

Dani Lamborghini

Bateaeucaliptos e a herba da pampa

Un xogo obra de Breixo Vidal Salgueiro ao que non lle gustan moito nin a herba da pampa, nin os eucaliptos.

 

Bateaeucaliptos e a herba da pampa

Un xogo obra de Breixo Vidal Salgueiro ao que non lle gustan moito nin a herba da pampa, nin os eucaliptos.

 

Spots Publicitarios

Logo de ver estes spots publicitarios de verdade que non tedes ganas de mercar os produtos que Breixo Sanjorge, Irene Pazos, Roberto Armada e Xoel Sequeiros nos publicitan?

MERCA!!

Reloxo Irene, un luxo para o home de hoxe

 

Uviña, puro zume de uva

Champú Boa Vida

Cartas de Fútbol Serie Ouro

Reloxo Irene, un luxo no teu pulso

Guinea Ecuatorial

A raiz de que Daniel Quintana nos deixou a súa visión de como se viviría na Guinea, de onde eran os seus avós, o Coronavirus, tódolos demais empezamos a interesarnos por ese pequeno país  con vencellos tan estreitos co noso.  Así que estudamos os seus costumes, linguas, economía, clima, vexetación... O propio Dani xunto coa súa irmá realizaron este bonito vídeo que conta un pouco como é a vida no país dende unha perspectiva moi persoal.

Visita ao Museo de Pontevedra: Manualidades dende a casa (44)

Mediante a técnica do Stop Motion distintos grupos de rapaces idearon unha visita virtual ao Museo, para tal fin inventaron os seus propios guións e co que tiñan na casa foron deseñando estas visitas.

A primeira foi feita por Elva Pintos, Carlota Díaz, Rubén Argibay, Sara Fernández e Xoel Sequeiros.

Dende outra perspectiva elaboraron a súa visita Carla Vilela, Laura Arribas, Candela Bermúdez, Irene Estévez e Martín Barreiro.

A Martín Barreiro gustoulle tanto a visita que incluso a ampliou:

Poemas dende a casa (20): O ciempiés futbolista de Gloria Fuertes

Daniel Quintana escolleu este poema da autora Gloria Fuertes para recitárnolo a todos ben acochadiño no sofá da casa.

Os último Maio do ano: Os Maios (45)

Aló no remoto Ponteareas, onde nunca viron nin se oíu cousa coma ela, un par de rapaces o 3 de Maio, porque disque que en Ourense é o día que saen, fixeron este bonito maio vestido con fentos, pampullos e o que puideron atopar. Maio A Fenteira.

 

 

Poemas dende a casa (17): Tristes armas de Miguel Hernández

Breixo Vidal, Xoel Sequeiros, Martin Barreiro e Rubén Argibay traennos con estas Tristes Guerras a un dos poetas máis grandes da Literatura peninsular, Miguel Hernandez.

Poemas dende a casa (16): Nocturno de Rafael Alberti

Roi Rodiño - Elva Pintos - Carlota Díaz - Breixo Sanjorge conxugáronse para recitar este poema cheo de encadeamentos de  Rafael Alberti.

Coplas de Maio: Os Maios (38)

Un ano moi productivo, onde os nenos aprenderon a como facer coplas de maio. En pequeno grupo ou de maneira individual moitos deles fixeron coplas de moi boa calidade como estas que vedes aquí.

Coplas de Maio 2020 by Josean Pazos on Scribd

Os maios de 5º: Os Maios (37)

Estes son algúns dos maios que o alumnado de 5º debuxou para o Concurso tan especial que este ano sacou o Ateneo Santa Cecilia. Non puido ser presencial coma outros anos, pero os nenos esmeráronse nos seus deseños

O maio de Tino e Sara: Os maios (36)

Tino, o noso expresidente da ANPA e a súa filla Sariña cántannos este maio tan singular con iluminación de seu.

A embarcación Xoubiña: Os maios (35)

Unha das cousas máis difíciles de facer son as coplas das embarcacións, e non só facelas senón que logo se poidan cantar. E que se poden cantar inda que con poucos ensaios amósanvolo Candela Bermúdez Santiago e Irene Pazos Estévez.

O Maio Tristeiro: Os maios (34)

Elva Pintos Omil e Carlota Díaz Blanco fixeron este maio no que contaron coa axuda nos coros de Luz Omil, a nai de Elva, que como de pequeniña andivera nos maios sabía de que ía a cousa. E saíu así de ben.

O maio protestón: Os maios (33)

Con todo o relax do mundo, dende a súa casa, Rubén Argibay Pidre fai un maio no que manifesta o seu cansanzo logo de tanto encerro e o seu desexo de volver ao colexio.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.

 

Arquivos mensuais