Biblioteca

O Can católico: contos da tradición oral (V)

Recollido en Marín este conto, a súa estrutura provén dos testamentos dos burros que supuñan antes da chegada de costumes foráneas, como o enterro da Sardiña, o fin do Entroido. Nunha graciosa adaptación moi galega, cóntao Sara Fernández Blanco.

As vodas do ceo: Contos tradicionais galegos (IV)

Se hai un conto que se poida dicir tradicional, e que está amplamente espallado por toda Europa e este que nos conta Carla e que recolle dunha forma popular o mito de Icaro, aquel que quixo tocar o sol, e acabou esnafrado.

"Fuxe laxe que te esfarelo, que se saio desta, non quero máis vodas do ceo"

A galiña asustada/O inspector: Contos de tradición oral (III)

Na nosa rica tradición oral vas topar como no resto de Europa fábulas, contos onde os animais falaban, cunha singularidade:  maiormente os nosos contos populares comezan co aquel de "Hai moito tempo cando os animais falaban...".  O da galiña asustada non é o caso, pero si remata cunha rima exemplificadora, cunha moral aplicable á vida cotiá. No conto de Candela Bermúdez contamos ademais cuns incribles efectos especiais, que lle dan vida ao conto.

O segundo conto que nos manda Martín Barreiro ten que ver moito coa nosa realidade: inspectores, alumnos, mestres, contidos...

O galego, o andaluz e o cabalo branco: contos da tradición oral (II)

Xa hai algún tempo e grazas a un bo amigo, ademais bo contador de historias, comezamos unha viaxe a traves da forma innata de transmisión oral do galego, a literatura oral. Os nosos pais e avós, sabían moi ben que elementos mesturar nas súas historias para facilitar a transmisión da cultura onde esas historias naceran. Con frecuencia soían, como regra nemotécnica, para facilitar a lembranza do conto, que consistía na inclusión ao final do conto dun pequeno verso ao estilo de moral e que ao final acababa sendo parte do léxico diario da xente do común.

Asi, deste xeito esquecido que quixemos recuperar, era como transmitían e ensinaban os nosos devanceiros; así con contos coma este que nos conta Irene Pazos Estévez.

Guiñol de 5º A: Festival Virtual 2020

Os nenos de 5º A empeñáronse en, malia a todo, ter un Festival de Fin de Curso, e desta vez son Manuel e Breixo, os que nos narran esta divertida historia dun rei, un mago, unha princesa convertida en rá....e todo a traves de personaxes de Guiñol.

Recompilación de poemas dende a casa

Outra das actividades que realizamos durante neste tempo de confinamento foi "Poemas dende a casa", na que se vos propoñía recitar un poema, o que quixerades. Nesta ocasión tivemos a sorte de iniciar a actividade da man de importantes poetas galegos que nos enviaron vídeos recitando os seus poemas. A actividade ampliouse na celebración das Letras Galegas coa proposta "Dramatizando a Carvalho Calero". E extendeuse ata o final do curso.

Princesas no Museo (Stop Motion)

Tanto é o material que temos gardado en recamara que imos ter que seguir publicando ata ben entrado o verán. Un traballiño que se nos quedou atras do noso taller de Stop Motion. Fallaba no timing pero solucionado, aqui o tedes.

E a cousa inda non acabou.

Entrevista a Algarabía Animación

Todo este curso, mentres foi normal e especialmente cando se volveu extraño, a xente de Algarabía Animación con sede na Coruña foi un claro referente para o noso traballo co cine e moi especialmente coas curtas en Stop Motion. Estamoslle moi, pero que moi agradecidos pola súa desprendida colaboración connosco, tanto suministrándonos material de traballo en forma de interesantes unidades didácticas como por ser unha constante fonte de inspiración.

Nesta entrevista, á que amablemente se prestaron Virginia e Tomás, aprendimos máis do seu día a día e do traballo que leva elaborar todolos aspectos dunha curtametraxe; na entrevista falan de que unha curta de 10 min lévanlles máis de 6 meses traballando a tope, 6 meses!! E que incluso facendo un traballo máis  por riba para youtube cada minuto son 3 dias.

FESTIVAL FIN DE CURSO (5ºA)

Os alumnos de 5º A coidaron de que malia ser, este un ano "raro", por todo o que nos arrodea, o colexio non podía quedar sen Festival de fin de curso e decidiron montar un de xeito virtual dende as súas casas. Agradéceselle moito a iniciativa que ten un pouco de todo aquilo que nos faí falta na vida: humor, poesía, cancións e ata un toque de maxia.

>

Ladróns Parvos: revista de humor gráfico do CEP Sequelo

Por fin xa esta aquï!! Xa saíron á rúa esta "Ladróns parvos", a revista de humor gráfico do Cep Sequelo, volvendo ás pesetas.

Para realizar esta revista os nenos de 5º utilizaron unha multitude de ferramentas tanto offline como online.  Unhas para corear e escribir os diálogos (Gimp), outras para unicamente escribir  (o PdfEscape) e outras, maiormente apps para crear as propias tiras gráficas (ComicStrip) ou propiamente páxinas (MakeComixBeliefs). Con esta morea de ferramentas montamos o número I.

 

Romancillo de Maio: Poemas dende a casa (34)

Xa hai un tempo que chegou Maio a nós, e coma nós, celebran a súa chegada en toda a Península Ibérica, cada quen ao seu xeito. O poeta Miguel Hernández coñecía de primeira man a tradición en Castela-A Mancha, pois el traballara de pastor en pleno contacto coa natureza e así neste Romacillo de Mayo retrata o que son os Maios da Mancha.

O fondo musical son os Maios de Albarracín en Teruel

Caminante no hay camino: Poemas dende a casa (33)

Martín e Irene recrearon este curto e coñecido poema de Antonio Machado que é en si mesmo unha gran lección de vida. O camiño faise andando e o que queda detrás son ronseis que duran o que dura o paso do barco.

Animation Desk

Animation Desk é unha app que inda dixital funciona dun xeito moi tradicional no mundo da animación, traballando con capas superpostas.  Como se usases papel cebola vas poder ver a anterior posición dos teus debuxos e logo cambialos para crear movemento. E si, como moitas outras, na súa versión máis básica é gratuita.

Os rapaces atrevéronse con ela, malia que nos viña recomendada por Luz Beloso, que é mestra de secundaria e a emprega cos seus alumnos, e algo sacaron.

A primavera

Tamén houbo quen como Breixo Sanjorge probou con outra ferramenta como Stick Draw que nas súas palabras:  "É un programa de animación no que inclúe: inserir imaxes, facer poligonos perfectos, alta variedade de cores, papel de cebolla, ... Recomendollo ás persoas que estan empezando a facer animacions porque é moi facil traballar nel e é moi facil exportar os traballos."

 

Por se alguen se anima aquí tedes un titorial da primeira ferramenta de man da propia Luz Beloso.

Manualidades dende a casa: "Recompilación de manualidades dende a casa"

Imos chegando ao final deste extraño curso, así que seguimos coas recompilacións de todas as actividades que fixestes. Esta vez recompilamos as manualidades que co título "Manualidades dende a casa", nos mandastes. Unhas propostas por nós e outras que xurdiron da vosa propia iniciativa. 
Moitas grazas por participar en todas elas .
Hecho con Padlet

El Monte y el Rio: Poemas dende a casa (32)

Xa o traballaramos no cole e só foi preciso que Dani Quintana lembrase este precioso poema de Pablo Neruda. Ven comigo ao reino da poesía. Pablo Neruda invitate a entrar.

Dez: Poemas dende a Casa (31)

A nova poesía galega, representada neste poema de María Lado, que recitan Roberto Armada e Xoel Sequeiros. O poema que leva por subtítulo (con lualdao) atopase no "Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006)"

Recompilación "Hoxe aplaudimos a..."

Se recordades, unha das actividades que propuxemos ao principio desta situación de confinamento foi: "Hoxe aplaudimos a..." pretendendo que esta actividade fose a nosa pequena homenaxe a todas as persoas que tiveron que seguir traballando para que a maioria de nós puidésemos quedar na casa. 
Neste taboleiro deixamos todos os aplausos recollidos, e  queda aberto a que sigades mandando máis "aplausos". Aínda hai moitísima xente á que aplaudir.
Hecho con Padlet

Entrevista a Stephan Dohr

A petición de Laura Arribas López, contactamos cun dos máis grandes interpretes actuais de trompa, o músico alemán Stephan Dohr, que amablemente, se deixou entrevistar pola nosa alumna, que ademáis toca o mesmo instrumento. Stephan contestou dende Alemania ás catro preguntas que Laura lle fixo.

Contos desde a casa (40): Recompilación de "Contos dende a casa"

Entramos na recta final deste curso tan raro que tivemos, por iso imos botar unha ollada cara atrás a través de varias recompilacións que fixemos con moitos dos traballos que mandastes ao longo deste tempo de confinamento.

Iniciamos esta serie de recompilacións coa primeira das actividades "Dende a casa" que vos propuxemos "Contos dende a casa". Aquí están reunidos todos os contos que nos enviastes. 

A bandeira e o escudo de Galicia

Ola alumnas e alumnos!

Aquí vos deixamos o resultado final de tódolos traballos sobre a bandeira e o escudo de Galicia, unha das propostas que nos deixou a profesora Inés co gallo de conmemorar o "Día das Letras Galegas".

Queremos agradecer a vosa participación! Unha forte aperta!

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.