4º Primaria
Saida ao Principe Felipe
Enviado por Menchi o Mér, 13/06/2018 - 13:24Os nenos de 4º foron ao Principe Felipe ao campeonato de fútbol sala
Letras Galegas
Enviado por Menchi o Mar, 12/06/2018 - 21:56Os nenos de 4º estiveron investigando a vida de Mª Victoria Moreno para escribir un pequeno rap coa súa biografía. O resultado foi este:
Victoria Moreno
gañou o premio
das letras galegas
por facer poemas.
A cuarta muller
en levar o premio
por escribir en galego.
Filla de mestra
e pai militar
ela facia as letras bailar.
PROXECTO RÍO LAMEIRA
Enviado por Menchi o Mar, 12/06/2018 - 18:45Durante o presente curso fixemos varias saídas ao río Lameira para coñecer a vexetación, a fauna, as construcións do río, minerais, costumes, elementos do río,.. Destas saídas recollimos a información nunha presentación multimedia; por parellas os nenos foron traballando os contidos e aprendendo a traballar coas novas tecnoloxías.
Power Point elaborado por Paula e Aroa 4º A
CONCURSO PANGEA
Enviado por Menchi o Xov, 07/06/2018 - 10:35Durante o presente curso os alumnos de 4º, 5º e 6º presentáronse ó concurso de lóxica-matemática Pangea. Este levouse a cabo con alumnos voluntarios dos distintos cursos. Os alumnos de 4ºA quedaron nalgúns recreos para reforzar o razoamento lóxico-matemático. Este é o "Equipo Pangea" de 4ºA: Aroa, UXía, Xan, Diego Baños, Pedro, Cristián, Diego Bea e Darío.
Deste grupo dous alumnos superaron as probas: Pedro e Darío, e foron examinarse a Ourense. Os compañeiros entrevistáronos: foron a Ourense coas súas familias e o que máis lles chamou a atención foi o salón de actos do cole onde fixeron o examen, gustoulles a experiencia e volverían repetila.
!!!FELICIDADES!!!
(Se tedes curiosidade e queredes practicar cos exames de anos anteriores podedes descargalos neste enlace.)
Visita dos pais ao proxecto robótico
Enviado por josean o Mar, 29/05/2018 - 12:36Co proxecto rematado os pais de 4º visitaron o traballo que os rapaces estiveron levando a cabo. Tódolos pais estiveron moi atentos ás explicacións dos rapaces que acompañaron cunha presentación sobre o proxecto do río no que centramos no Colexio todalas nosas actividades
INICIACIÓN AO TENIS
Enviado por Menchi o Xov, 10/05/2018 - 13:07O alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ao club de tenis de Pontevedra para aprender a xogar ao tenis e fixemos moitos xogos:
O autobús : era de facer unha fila e o monitor tirábanos as pelotas e tiñamos que darlle a pelota e se saía fora do campo íamos a outro lado da rede e intentabamos coller a pelota que lanzaban os nosos compañeiros.
As liñas: tiñamos que poñer as pelotas en liña e un tiña que recollelas e outro volver a poñelas así ata que todos pasaban, o primer equipo que remataba era o gañador.
Opinións: encantounos e foi moi divertido,
Equipo redactor 4ºA: Agatha, Aroa, Noel e Uxía.
Na percura do tesouro
Enviado por Menchi o Mar, 10/04/2018 - 12:13O Alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ver a obra de teatro: "Na percura do tesouro". Tratábase dun mozo que buscaba un tesouro que agochaba unha moura no bosque. O mozo tiña que pasar cinco probas para conseguilo, pero a moura avisoulle de que no tesouro non había nin xoias nin moedas de ouro. A obra remata cando o mozo consegue pasar as probas. Foi unha obra divertida e "super lexendaria". Despois fumos ver unha exposición de fotos que tiñan máis de cen anos dunha muller americana chamada Ruth Matilda Anderson e rematamos a mañán facendo un taller de xogos onde fixemos un boneco boxeador de papel con articulacións porque os nenos desa época facían os seus xoguetes.
Uxía, Aroa, Ágata e Noel
A Granxa de Briz
Enviado por Menchi o Mér, 07/03/2018 - 23:47Os cursos de 4º de primaria visitaron a Granxa de Briz.
Xacias
Enviado por josean o Xov, 02/11/2017 - 11:00Os nenos e nenas de 4º A "xaciáronse" neste estupendo traballo que como tódolos que estivemos facendo no colexio dentro do noso proxecto sobre "O río Lameira" para o Samaín, centrado no coñecemento das propias creacións colectivas como pobo en canto á Mitoloxía.
As Xacias, sereas de río de 4º A
Visita aos Museos Científicos de A Coruña. Cuarto curso.
Enviado por Anónimo o Xov, 25/05/2017 - 17:31O alumnado de cuarto curso realizou o pasado día 23 de maio unha visita cultural aos Museos Científicos de A Coruña, nos que puideron experimentar moitas das cousas que estudaron en Ciencias Naturais, ademais de coñecer a cidade.
SAÍDA DOS DE 4º AOS MUSEOS DA CORUÑA
Enviado por josean o Mér, 13/05/2015 - 00:37VISITA AO CASTELO DE VILASOBROSO
Enviado por josean o Dom, 16/06/2013 - 22:54Na mesma saída visitaron un castelo con moita historia: reis e raiñas de Galicia, condes, duques, vasalos, marcas de mestres canteiros na pedra, asaltos, irmandiños...
VISITA DE ANA ALONSO
Enviado por josean o Dom, 24/03/2013 - 21:07Os nenos de cuarto de Primaria recibiron o venres 22 de marzo a visita da escritora Ana Alonso, coa que estiveron falando do seu libro "El palacio subterráneo". A autora amablemente contestou a todas as súas preguntas e asinou exemplares do devandito libro.
Ana Alonso residiu durante a meirande parte da súa vida en León. Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e amplia os seus estudos en Escocia e París. Ten publicado oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) e o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006)
Escritora, traductora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía, obtendo un acesit no premio adonais 2003.
EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS
O alumnado de 3º e 4º do Colexio foise o venres día 8 de Xuño, para pasalo entre amigos e así celebrar o fin de curso. Decidiron marcharse a unha illa preto de Marín, e non é Tambo, foi a Illa de Ons que forma parte do Arquipélago das Illas Atlánticas. Estaba todo contratado, o barco, a animación no barco, monitores para unha visita guiada pola illa, un bar coa súa terraza para comer con vistas ó mar, e por suposto o día tan estupendo que saíu despois de varios días grises e de choiva que o precedreron tamén estaba contratado, jejeje. Saíu todo xenial!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5