Biblioteca
Semana da Prensa: Prensa en Feminino
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 22:12Durante esta semana o noso alumnado traballou artigos de prensa relacionados coas mulleres traballadoras, as loitadoras, coa Igualdade.
Segundo os cursos utilizaron a prensa tradicional ou a dixital.
O tema principal foi proposto polo Concello:
As mulleres farmacéuticas;
pero tamén se escribiu
sobre aquelas mulleres traballadoras da Vila noutros sectores, por exemplo, os oficios relacionados co Río Lameira, deportistas, artistas...
Entre as páxinas deste xornal tamén se poden atopar pasatempos;
Visitas en 1º polo 8 de Marzo
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 14:54Doazón de Libros para a Biblioteca
Enviado por inesduran o Ven, 01/03/2024 - 13:45Día de Rosalía. 23 de Febreiro.
Enviado por inesduran o Ven, 23/02/2024 - 20:28Booktube nº 1 : Policán
Enviado por josean o Ven, 23/02/2024 - 08:41Incríble cando menos o traballo que inaugura o noso canal de Booktube. Moi ben interiorizada toda a estrutura que ten que ter un bo youtubers: mirando sempre á cámara, unha presentación da persoa, do autor, do ilustrador, recomendando porque deberían lelo, resumindo brevemente o texto e as súas personaxes e cunha utilización do fondo moi coidada. E por suposto unha despedida en condicións. Espectacular o comezo
Curiosidades Animais (II)
Enviado por josean o Xov, 22/02/2024 - 01:45Un pouco de efecto aparecer, outro pouco de esvaecer, cortar, mover separar e un moito de autoduck foron os trucos necesarios para crear este podcast por medio do Audacity. Moitos dos nosos alumnos non o conseguiron, outros quedaron a medio camiño con uns pouquiños erros pero xa hai algúns coma este, que conseguiron editar o programa de radio dun xeito moi digno. En pouco todos van facelo asi, dos erros e con sacos de paciencia e como se aprende.
Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez (II)
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 23:48A Avoíña Paz era un dos tantos personaxes que creou Manuel Vázquez para Editorial Bruguera e que tiña como característica especial que o 80% das súas historias tiñan lugar no bosque, onde ademais vivía un lobo feroz que se enfrontaba á feroz avoíña.
Dentro do noso proxecto do río, Que é o que tenta facerlle entender ás rás a Avoíña Paz?
Curiosidades animais
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 02:21En Ciencias Naturais os alumnos de 5º estivemos traballando o tema dos animais e como estabamos mergullados no Proxecto Documental sobre o río Lameira, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre a anguía, o animal que eliximos, pero ademais aprendimos estoutras cousas sobre outros animais. Curiosidades en Radio Tuxiña
Traballamos a Banda Deseñada con Conti
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 01:22Conti, outro dos mestres xurdidos nos anos 40 na barcelonesa editorial Bruguera que durante 40 anos foi o núcleo ao redor do cal xiraba o mundo da potente historieta cómica xuvenil e infantil en España, que surtía semanalmente as estanterías dos nosos kioscos e librerías cunha manchea de revistas.
Así reinterpretou un dos nosos alumnos o seu personaxe "O Tío Magdaleno".
Entrevistas na beira: "O enterro da sardiña"
Enviado por josean o Xov, 08/02/2024 - 22:49Dende polo menos 1882 vense celebrando en Marín o Enterro da Sardiña. O enterro da Sardiña é unha celebración que marca por toda España o final do Entroido urbán e que ten lugar o Mércores de Cinza, pero o Enterro en Marín ten unhas peculiaridades que o fan diferente. O pobo de Marín, mariñeiro, desde ás súas orixes soubo adaptalo á súa realidade, con ladanía e música de seu; música que aparece no podcast.
Quen máis sabe do Enterro é Celso Méndez Fraguas, por telo vivido dende que recomezou a súa andadura en 1976 e como os nenos de 5º querían saber do seu Enterro da Sardiña, quen mellor.
O NOSO COLE!
Enviado por laurarialf o Mar, 23/01/2024 - 16:29Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!
Vinde a aprender con nós!
Obradoiro de papiroflexia...
Enviado por inesduran o Dom, 21/01/2024 - 23:44Concursos de Nadal do Ateneo
Enviado por inesduran o Dom, 24/12/2023 - 01:47Recomendacións Lectoras
Enviado por inesduran o Sáb, 23/12/2023 - 14:16Entrevista na beira III: Montse Ogando
Enviado por josean o Xov, 21/12/2023 - 02:51Pola nosa radio pasa unha mestra que se incorpora este ano ao noso centro é que dá en quinto música e Plástica. Se queredes saber máis dela estade atentos a esta entrevista na beira.
No GRUPO por Nadal
Enviado por inesduran o Sáb, 16/12/2023 - 19:31Concurso de Tarxetas de Nadal
Enviado por inesduran o Mér, 06/12/2023 - 01:13Cuentacuentos en la Biblioteca
Enviado por inesduran o Dom, 19/11/2023 - 23:19- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »