Emisións
O Nadal galego
Enviado por josean o Mér, 26/01/2022 - 17:19Hai inda cousas que nos quedaron pendentes e que iremos subindo pouco a pouco coma este curtiño programa de radio que sobre as tradicións máis nosas do Nadal elaboraron os rapaces de 5º.
Entrevista á dama dos pés de cabra
Enviado por josean o Xov, 11/11/2021 - 19:07Ata a porta de 5º achegouse un gato negro e na súa compaña "A dama dos pés de cabra", e aproveitando o suceso os nenos de 5º entrevistárona para todos vos.
Dos personaxes da danza e máis cousas
Enviado por josean o Mér, 06/10/2021 - 21:35Amir, Iván, Lía, Marcos, Andrea, Abel, Ramiro, Aylen, Luis e Iria falannos dos personaxes da danza e de certas cousas que se perderon nela. Un a un van esmiuzando quen é quen na Danza de Espadas de Marín.
Entrevista á Profe Mar
Enviado por josean o Ven, 18/06/2021 - 00:53Entrevista moi interesante a que realizaron os alumnos de 6º á profe Mar, centrada na súa próxima despedida do colexio, pero esta vez dende a visión que temos os mestres de tódolos alumnos que ao longo dos anos pasaron polo noso centro.
E logo Zoe que nos conta unha divertida anécdota.
Entrevista a unha paciente Covid
Enviado por josean o Lun, 02/11/2020 - 22:48Por desgraza algúns dos compoñentes do Servizo de Sanidade Pública que nestes momentos coidan de nos, pelexando contra o Covid, acaban collendo a enfermidade, como foi o caso da enfermeira Inés Lobeira que entrevistabamos durante o confinamento. Por sorte, o seu contaxio foi suave e tivo un anaquiño de tempo para deixarnos as súas impresións nesta entrevista.
Entrevista a Algarabía Animación
Enviado por josean o Mér, 17/06/2020 - 23:29Todo este curso, mentres foi normal e especialmente cando se volveu extraño, a xente de Algarabía Animación con sede na Coruña foi un claro referente para o noso traballo co cine e moi especialmente coas curtas en Stop Motion. Estamoslle moi, pero que moi agradecidos pola súa desprendida colaboración connosco, tanto suministrándonos material de traballo en forma de interesantes unidades didácticas como por ser unha constante fonte de inspiración.
Nesta entrevista, á que amablemente se prestaron Virginia e Tomás, aprendimos máis do seu día a día e do traballo que leva elaborar todolos aspectos dunha curtametraxe; na entrevista falan de que unha curta de 10 min lévanlles máis de 6 meses traballando a tope, 6 meses!! E que incluso facendo un traballo máis por riba para youtube cada minuto son 3 dias.
Entrevista a Stephan Dohr
Enviado por josean o Dom, 07/06/2020 - 22:02A petición de Laura Arribas López, contactamos cun dos máis grandes interpretes actuais de trompa, o músico alemán Stephan Dohr, que amablemente, se deixou entrevistar pola nosa alumna, que ademáis toca o mesmo instrumento. Stephan contestou dende Alemania ás catro preguntas que Laura lle fixo.
Entrevista a Xose Iglesias Lamela, patrón da Costa da Morte
Enviado por josean o Lun, 18/05/2020 - 23:19Dentro do proxecto que eliximos este ano se engloba esta entrevista que dende a nosa radio fixemos ao patrón, mariñeiro e poeta Xose Iglesias Lamela. Máis aló da triste realidade do Coronavirus, contanos moitas máis cousa dun traballo que ata hai nada era o dos nosos pais e avós, un traballo coa presenza constante das marés e en perpetuo cambio; e como nos conta Xosé máis agora polo cambio climático que se está notando xa nos mares: especies como as salpas enchen o mar...Teremos como di Xosé que investigar que son....
Entrevista a Inés Lobeira
Enviado por josean o Sáb, 11/04/2020 - 11:02A Radio Sequelo desta vez tráenos a voz de Inés Lobeira, natural de Ardán e veciña de Bueu, que leva dende que empezou esta pandemia traballando dende o seu posto de enfermeira cos afectados polo Covid 19 en Montecelo. Graciñas Inés por facer un buratiño no teu tempo libre para nós, nestes tempos tan duros para todos, pero especialmente para os que traballades en primeira liña cos enfermos. Moi interesante todo o que nos contas.
Entrevista a María Fraguas
Enviado por josean o Mér, 08/04/2020 - 18:37María Fraguas é a nai de Roi Rodiño Fraguas, e ademais diso, que xa é dabondo, é limpadora na quenda de noite do Hospital Montecelo. Como á Radio do Sequelo non a para nin o coronavirus, os nosos intrépidos reporteiros fixéronlle esta entrevista que montou co Audacity Breixo Vidal.
Dia da Muller Traballadora: Redeiras
Enviado por josean o Dom, 22/03/2020 - 19:03Por mor das circunstancias nalgunhas cousas andamos cun pouquiño de atraso. Por mor do día da muller traballadora visitounos Aye, a tía de Candela Bermúdez, que nos falou ás dúas clases de 5º do seu traballo de redeira, traballo que noutros tempos era habitual nas mulleres, pero que hoxe en día é case que exclusivamente masculino.
Logo da charla os nenos fixéronlle unha entrevista que aquí podedes escoitar:
Entrevista á teacher da EEI Nosa Señora do Carme
Enviado por josean o Mar, 18/02/2020 - 19:27Hai uns días visitáronnos os pequeniños das escolas infantís de Marín. Moitos dos nosos alumnos foron antes alumnos seus e gardan bos recordos do seu paso por aqueles centros e dos seus mestres; o mesmo que esperamos que teñan de nós cando nos deixen.
Sabedes aquilo de que o bo se breve, dúas veces bo; pois esta entrevista que se guisaron soíños os exalumnos do Nosa Señora do Carme, non só cumpre o dito senón que o amplifica (tres, catro, dez veces bo). Os nenos magníficos e a teacher non defraudou, uns artistas todos.
Espazo verde nº 3
Enviado por josean o Lun, 10/02/2020 - 01:00Chega o 3º programa do Espazo Verde.
É verdade que as bolsas de papel son mellores cas de plástico?
As nosas casas utilizan a enerxía de xeito eficiente?
E o tempo con Carla
Radio cos rapaces da EEI O Grupo
Enviado por josean o Mar, 04/02/2020 - 12:19O pasado venres, 31 de xaneiro visitaron o noso colexio os alumnos de Infantil da EEI O Grupo. Logo de coñecer as distintas dependenccias do colexio compartiron cos rapaces de 1º unha interesante actividade.
Aproveitando que traballamos conxuntamente as adiviñas, na aula onde está situada a RADIO SEQUELO, e coa asistencia técnica dos alumnos de 5º, gravamos esta emisión de radio.
Foi inha experiencia moi enriquecedora e divertida. Nunca esqueceremos a nosa primeira vez diante dos micros da radio.
Unha noite de defuntos
Enviado por josean o Ven, 08/11/2019 - 09:03Laura, Xoel, Dani e Breixo Sanjorge cóntannos o que pasou na aldea nunha noite de Cinza cando xa case comezaba o Entroido
Radio Sequelo: "Especial de Samaín"
Enviado por josean o Mér, 06/11/2019 - 19:21Nesta edición imos escoitar dous contos que dan moito medo, o primeiro "A casa da Moura", relatado por Martín, Candela, Irene e Breixo.
O segundo conto "As misteriosas voces do río Miño" interprétano Rubén, Sara, Roberto e Elva.
Vivindo a radio cos de 4º B
Enviado por josean o Ven, 21/06/2019 - 00:23Os alumnos de 4ºB cóntannos as novas do colexio, recoméndannos algúns libros para o verán e fan unha chea de divertidas entrevistas. Eles din que foi unha proba, pero se o foi foi unha proba estupenda.
Entrevistamos á alcaldesa
Enviado por josean o Xov, 20/06/2019 - 01:45
Un bo xeito de rematar o proxecto sobre o Lameira e de estrenar oficialmente a nosa radio: entrevistamos a María Ramallo, a nosa alcaldesa.
Raúl de 1º curso, e Lía e Antón de 2º preguntáronlle sobre o traballo que ten que facer un alcalde ou alcaldesa, falaron dos parques, das festas, do bastón de mando, das comidas preferidas, do fútbol, do río Lameira ou mesmo de como limpar a caca dos cans nas nosas rúas.
Que conto tes, Andrés!
Enviado por josean o Mar, 18/06/2019 - 14:15Estrenamos o primeiro programa que esperamos que sexa o primeiro de moitos que con esta estrutura tan sinxela, vainos dar a coñecer a "nosa rica tradición oral". Coidamos que a partir do ano que vén teña unha frecuencia cando menos semanal e se convirta nun clásico da nosa radio escolar.
Entrevista a Aicha e Maroua
Enviado por josean o Dom, 02/06/2019 - 23:39Manuel, Ángela, Lucas, Samuel e Mateo entrevistan a Maroua e Aicha, que nos contan cousas moi interesantes das súas orixes, familia e cultura.
Na elaboración do guión radiofónico contaron coa coordinación da profe Silvia que durante varios días traballou co grupo.