Novembro 2018
CAMPEONATO MUNDIAL DE XADREZ DE CADETES
Enviado por Anónimo o Lun, 12/11/2018 - 13:53( Equipo 2 de redacción: Yasmín, Laura, Carla, Maroua e Xoel)
O Campeonato Mundial de Xadrez de Cadetes estase a celebrar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Empezou o día 3 e rematará o 16 de novembro. Nel participan máis de 800 nenos de 86 países diferentes. Hai 69 xogadores galegos, entre eles os nosos compañeiros Breixo e Darío.
As partidas comezan ás 16:00 e algunhas pódense ver en directo na web do campeonato. Hai tres categorías sub-8, sub-10 e sub-12. Breixo, que está na nosa clase, participa na sub-8. Confiamos que quede en bo posto.
Ánimo Breixo!
(Foto da delegación española, atopas a Darío e Breixo?)
"A casa embruxada" conto terrorífico de 1º curso
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:55O alumnado de 1º curso inventamos un conto no que aos protagonistas, Noa e Marcos, sucédenlle moitas cousas cando están paseando preto do río Lameira: Atopan un pirata, entran nunha casa embruxada, a bruxa invítaos a té con pastas... Será todo isto certo? Para averigualo teredes que ver a nosa representación.
"Unha noite de Samaín" conto terrorífico de 2º curso
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:50O alumnado de segundo curso inventamos un conto terrorífico que ao final resultou ser un mal soño na noite de Samaín, pero... Que medo pasou o protagonista, Martiño!!!
"A clase encantada dos 18 nenos" conto terrorífico de 4ºA
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:47O alumnado de 4ºA fixemos un conto que se desenvolve no noso colexio e do que somos protagonistas todos os nenos da clase, que temos que artellar un plan para salvar á mestra... De que ou de quen? Conseguirémolo?... Só vendo a nosa representación o descubriredes.
"O vello muíño" conto terrorífico de 4ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:35O alumnado de 4ºB creamos un conto que se desenvolve nun muíño, uns nenos perdidos no bosque atopan un muíño donde refuxiarse, pero... Que pasará alí? Non deixedes de ver a nosa representación se queredes averigualo.
"Clara" conto terrorífico de 6ºA
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:26O alumnado de 6ºA creamos polo Samaín un conto terrorífico que se desenvolve en Marín, no río Lameira, camiño do colexio; aquí vos queda, seguro que pasades moito medo cando o vexades.
O acuario tolo
Enviado por josean o Mér, 07/11/2018 - 19:00Movementos, dialogo neste proxecto de 2º que titularon o Acuario Tolo.
O meu blog de Scratch. Irene 5ºB.
Enviado por Miguel o Sáb, 03/11/2018 - 14:22Ola a todos. Chámome Irene Pazos Iglesias e son de 5ºB. Quérovos presentar o blg que creei con actividades feitas en Scratch, programa que serve para facer xogos, animacións e historias interactivas con linguaxe de programación. Estivemos traballando con el en clase e xa fixemos varias actividades. Aquí vos deixo o enlace ao meu blog. Só tedes que facer clic enriba da imaxe.
"A noite dos mortos" de 5ºB
Enviado por Miguel o Xov, 01/11/2018 - 21:27Aquí vos deixamos o conto que preparamos en 5ºB para o día de Samaín. Como este ano estamos a usar portátil e pizarra dixital, metimos uns fondos e sonidos no noso conto. Perdoade algún despiste porque estabamos algo nerviosos. Esperamos que vos guste.
Alumnado de 5ºB.
Un Samaín de medo!!!
Enviado por Anónimo o Xov, 01/11/2018 - 18:53- A exposición de "lecturas de medo", das que puidestes disfrutar nos días previos.
- O obradoiro de contos terroríficos inventados e representados por vos memos.
- Finalizando o día 31 coa visita á "Casa do terror" que como cada ano prepara a ANPA. Este ano ademais houbo premios para as cabazas "máis terroríficas" e "máis divertidas".