Xuño 2016

SOÑOS NA GAIOLA NO ATENEO STA CECILIA

Omnipresente, a palabra de Manuel María, estivo hoxe en Santa Cecilia na voz de Senen Vaamonde e o que é máis importante na dos nosos rapaces. Un millón de grazas ás profes (Mirta Buceta Perez, Mª Mar e Mª Carmen), pais e nenos de 5º que encheron o local, e aos meus Sergio, Carmen, Carmela e Ana Belén, que a pesar do fútbol alí estiveron cantando; a David Iglesias P. DavideMarín que se apunta a calquera tiroteo que lle propoñamos e a Jose Iglesias Fernandez por facernos soñar con Manuel María. E nós como colexio a seguir transmitindo, a pesar do futbol, dos atrancos, do plurilinguismo, da disglosia, a pesar dos pesares...

Matrícula 2016-2017 e axuda de libros.

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño. Prazo de axuda de libros ata o 23 de xuño.

OS MÚSICOS DE BREMEN

Marabillosa a adaptación do conto tradicional que fixeron os nenos de 5º A baixo a coordinación da profe Mari Carmen

VOTA OS TEUS CHISTES PREFERIDOS

MARÍN TERRA DA CHISPA II

Quedaban inda algúns chistes por publicar.  Agora xa todos podedes votar

MARÍN TERRA DA CHISPA

Por fin chegaron os chistes para o noso concurso. En pouco a votar. Marín terra da chispa, Ourense ao lado non che é nada

CONCURSO DE ADHESIVOS DO CEIP ESPIÑEIRA DE ALDÁN

Os compañeiros do Ceip Espiñeira de Aldán convidaronnos a participar nun concurso de adhesivos para a promoción do uso do galego que eles convocan, e estes son algúns dos resultados

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Estamos nun proxecto que se chama Marín e o Mar e non habíamos de falar das nosas chalanas logo?. Os de 5º fixeron estas fermosas presentacións, sobre a nosa embarcación tradicional por antonomasía, que por se algún inda non o viu nunca tamén ían á vela

 


 Traiñas ou traineras, unhas cousas do Mar Cantábrico? Daló chegaron, máis logo da guerra do xeito contra as traiñas con megamanifestación en Marín en 1900 en presenza de Alfonso XII e toda a corte; as traineras impuxeronse apoiadas pola súa maior capacidade de capturas e pola industria conserveira; e ben axiña houbo traiñas e traineras en Marín. Nentrementres bombas e algunha estoupou en Moaña, os nosos devanceiros non se andaban con chiquitas coas cousas de comer. E un dos aparellos máis usados nas rías en tempos foi a dinamita
 
 

OBRADOIRO DE LINGUAXE AUDIOVISUAL (II)

Esta maña completando o Obradoiro de linguaxe audiovisual que levamos a cabo visitounos Lukas Santiago, que leva enriba do seu pelexo unha boa enchente de traballos documentais feitos.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.