Maio 2014
O 13 DE MAIO
Enviado por inesduran o Xov, 08/05/2014 - 21:20Visita de Gonzalo Moure
Enviado por Anónimo o Xov, 08/05/2014 - 18:12Hoxe acompañounos na Biblioteca Gonzalo Moure, que estivo falando co alumnado de 5º e 3º sobre dous dos seus libros "Los caballos de mi tío" e "Cama e conto".
Alumnado de 3º curso
Alumnado de 5º curso
MARIN MEDRA ENTRE POEMAS
Enviado por josean o Dom, 04/05/2014 - 11:27Nunha actividade promovida polas equipas de Normalización dos Centros Educativos de Marín tamén nós participamos e o poema elixido foi "Canción para ir ao mar de pesca" do escritor cangués Bernardino Graña. Xunto cos centros educativos participaron ata unhas 40 asociacións e así de bonito estaba o noso cartel, o da Anpa, o concello e a Alameda enteira. Un gran traballo
MARIN MEDRA ENTRE POEMAS
Enviado por josean o Dom, 04/05/2014 - 11:27Nunha actividade promovida polas equipas de Normalización dos Centros Educativos de Marín tamén nós participamos e o poema elixido foi "Canción para ir ao mar de pesca" do escritor cangués Bernardino Graña. Xunto cos centros educativos participaron ata unhas 40 asociacións e así de bonito estaba o noso cartel, o da Anpa, o concello e a Alameda enteira. Un gran traballo
OS MAIOS DO COLEXIO EN MARÍN
Enviado por josean o Dom, 04/05/2014 - 11:18Agradecerlle ao Anpa o esforzo que lle supuxo o ter que realizar dous maios, pero pagou a pena só por ver o ben que o pasaron os nosos alumnos, que este ano participaron nunha cadea de transmisión da festa que se perde nos tempos; entraron a formar parte da mesma. Parabéns a todos e fotos deles cantando nas rúas de Marín
CELEBRACIÓN DOS MAIOS
Enviado por josean o Dom, 04/05/2014 - 11:05Coma todolos anos o día antes da festa dos Maios organizamos unha festa por todo o alto, cantaron os maios dende 4º en vante (2 maios) e contamos coa colaboración especialisima do Maio do Centro SocioComunitario. Os rapaces pasarono en grande e aprenderon moitisimas cousas das tradicións que veñen de nin se sabe onde.
Agradecerlle especialmente á profe Merchi que sacou tempo de onde non o había e que tivo que ensaiar case que con 3 Maios: un que ía a Aldán e os dous maios que ían ao concurso de Marín. Os resultados incribles como podedes ver aquí
OS XOGOS DOS NOSOS PAIS E AVÓS
Enviado por josean o Dom, 04/05/2014 - 10:57Como traballo para o proxecto que se está a desenvolver este curso "40 Anos de Escola", os nen@s de 6º A preguntaron a os seus pais e avós a que xogaban de pequenos. Con toda a información recollida fixeron estas recopilacións.
TARXETAS DÍA DA NAI 2014
Enviado por josean o Sáb, 03/05/2014 - 15:27Esta é a nosa adaptación do marabilloso traballo que fixeron o Servizo de Normalización Lingüística Redondela e a Asociación de Comerciantes desa mesma localidade e que grazas á súa amabilidade imos poder repartir entre os nosos alumnos. Anverso e reverso que vos tamén podedes imprimir e agasallar. E que ninguén nos veña corrixir o tema do calor que ben sabemos que é fiminino pero a cantiga é como é, e é das máis simples e fermosas, polo mesmo, que escritas en galego hai.