Xuño 2013

POEMAS DO BAMBÁN

Poemas do Bambán é parte do Obradoiro de expresión escrita que nestes dous anos levamos desenrolando no Centro, dende o primeiro Ciclo, primeiro de xeito colectivo e logo de xeito individual, Mais que un achegamento ao feito poético  este "Poemas do Bambán" supón un achegamento lúdico á escrita creando pequenos xoguetiños rítmicos.

CERTAME LITERARIO DE VERÁN CONCELLO DE MARÍN

Sempre é gratificante que os proxectos teñan o seu froito inda que sexa deste xeito. Os nosos Obradoiros de Creación Escrita que dende o ano pasado estamos levando a cabo no colexio teñen o seu recoñecemento en certames tanto da vila (Cartas de Amor, Narrativa de AC Santomé, Ateneo Santa Cecilia) como e especialmente fora da vila (finalistas no de poesía Francisco Añón Paz de Serra de Outes e de narrativa Muralla de Lugo). Parabéns a Hugo e Carmen, e aos rapaces dos demais colexios. E a continuar traballando neste camiño


WORDCROSSING

A que sona ben bonitiño? Agora que están tan de moda os BookCrossing e outros tipos de Crossing, eliximos este titulo para o que de toda a vida se conoce como palabras galegas encadeadas, pero co titulo en inglés xa nos aseguramos a importancia do choio. Neste WordCrossing participaron todolos nenos e nenas do colexio e enchImos de enriba a abaixo un corredor do colexio.



TEATRO NAS AULAS

Os nenos de 2º A baixo a direción da súa mestra Asun crearon esta pequena dramatización que levaron ao resto das aulas nestes derradeiros días do curso 2012-2013



FALA GALEGO (CURTA ANIMADA)

En colaboración co Equipo de Normalización os nenos de 3º A deron un paso mais dentro do 7º arte con esta curta onde eles, POR PRIMEIRA VEZ, son os directores, animadores, camaras, editores e productores, un traballo moi primitivo pola falta de medios co que foi feito. Pero un traballo ao 100% dos rapaces do que poden estar moi orgullosos. PARABÉNS!

E A MASCOTA DA BIBLIOTECA EN 3D

E antes de que José Víctor se nos fose, exprimimolo un pouquichiño máis (para algo están os interinos) e conseguimos que nos fixera esta marabilla de recreación en 3D da mascota da biblioteca.

MAIÑO

A mascota de Normalización que a partir do ano que ven vai aparecer nun cento de actividades de normalización e mais foi deseñada polo mestre  de AL, José Víctor Sández un artista da plastilina. O nome como a moitos rapaces lle sucede xa o tiña antes de vir ao mundo "MAIÑO" e como todolos meniños é bonitiño. Graciñas Jose e sorte!

VISITA DE FINA CASALDERREY

A escritora e recente membro da Real Academia da Lingua Galega acudiu ao colexio a presentarlle aos nenos e nenas de 4º o seu libro Chamizo.

VISITA AO CASTELO DE VILASOBROSO

Na mesma saída visitaron un castelo con moita historia: reis e raiñas de Galicia, condes, duques, vasalos, marcas de mestres canteiros na pedra, asaltos, irmandiños...

 

SAÍDA DIDÁCTICA AO CASTRO DE TROÑA

Os nen@s de 3º visitaron en Ponteareas un dos castros mais interesantes de toda Galicia, o de Troña. Agradecer a amabilidade do persoal da Biblioteca de Ponteareas que en todo momento nos guiaron a través  do mundo castrexo

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.