Abril 2012

PROGRAMA DE RADIO 18 ANIVERSARIO XABARÍN

Dende o Cep Sequelo desexamosche feliz 18 aniversario e que cumpras moitísimos mais. Grazas por estes 18 anos e a cumprir 100  e mais. Este proxecto foi posible grazas aos coñecementos técnicos do profe Miguel e a boa disposición das locutoras da radio-online

A PINTAR A XABARÍN

Seguimos compartindo actividade co EEI Monte da Guía. Estes debuxos tan chulis de Xabarín atopámolos na web de MIGUEL ANXO PRADO. Hoxe traballamolos no cole, pero  aquí quedan por se queredes pintalos tamén na casa!

XA CHEGA O XABARÍN!!!!

Xa somos parte da historia pequena da TVGA e xa queda menos para a maioría de idade. Se queres ler a noticia enteira fai click no enlace:  http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/xabarin-celebra-a-sua-maioria-de-idade-este-mercores-na-tvg2#.T4rxC6XXY7w

Espazo normalizador da lingua galega 

Contacontos

Dentro do noso Plan Lector, de a diario, moitos contos están sendo contados e se contarán no primeiro Ciclo e como mostra un botón,,,

Situación actual do Galego (en Galicia)

A lo menos hai sitios onde se fala menos ca en Marín, é para estar orgullosos

Se queres ver a situación do teu concello fai click no mapa

Contacontos

No Primeiro Ciclo estanse levando a cabo sesións de Contacontos entre os distintos cursos, sirva como exemplo o deste alumno de primeiro que foi a segundo a lerlles este libro.

BENVIDA AO COLEXIO

Nestes días incorporaronse ao cole dúas alumnas novas procedentes da vella Irlanda, e unha delas, Naia achegouse á clase de Inglés dos de primeiro, e facéndose pasar por irlandesa, pasamos un bo rato, mentres lles ensinaba ao resto dos nenos como pedir para ir ao baño. Tamén nos decatamos da sorte que temos ao ter que estudiar dúas linguas tan semellantes e outra diferente; cando nos contou que estudaba inglés e o irlandés, dunhas linguas que non teñen nada en común. Disimulando de marabilla, fíxonos unha estupenda demostración en tres linguas: irlandés-inglés e galego.

MÚSICA NA LAREIRA II

Pola nosa lareira seguen pasando novas xeracións de futuros artistas que serán os encargados de continuar coa nosa rica tradición cultural. E visto o visto non nos queda outra que por intres (só por intres) ter un pouco de esperanza no futuro da nosa cultura. Hoxe pasouse pola nosa Lareira un alumno de 2º que nos amosou as súas dotes musicais

ILLA DE TAMBO: TAN PRETO E TAN LONXE

Cando dende Marín ou dende Poio miramos para o mar o primeiro que outeamos é como unha parede, esta illa. Sempre presente pero descoñecida para moitos de nos. Un bo xeito de coñecela é a través deste interesante documental que atopamos na rede.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.