SPRING WEEK - 6º

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA ALUMNADO DE 6º

DO 4 AO 10 DE XUÑO NO CENTRO OS PEARES. CLICANDO NESTE ENLACE TEÑEN TODA INFORMACIÓN SOBRE A ESTADÍA, HORARIOS, TELEFONOS, MENUS, ROUPA PARA LEVAR,... AO FINAL TEÑEN UN DOSSIER COMPLETO PARA DESCARGAR. TAMÉN O ENGADIMOS COMO ADXUNTO

25 PRAZAS. CRITERIOS DE SELECCIÓN NOTAS GLOBAIS DE 5º E DA 1ª AVALIACIÓN E DE ACTITUDE.

PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O MÉRCORES 22 DE MARZO. DEIXAMOS  COMO ADXUNTO A SOLICITUDE QUE A PODEN ENTREGAR BEN A TRAVÉS DO ALUMNADO NA TITORÍA/SECRETARIA DO CENTRO OU ENVIAR AO CORREO DO CENTRO.

 

ENTROIDO 2023- DESFILE

Este curso imos sairde desfile de entroido o venres 17 de febreiro. A saída será a partir das 10:30 h.

No desfile participan tamén os colexios de Cadreche, Fernández Varela, Vilariño, Monte Carmelo e a Granxa.

Percorrido: 

Saida do centro e pola estrada principal ata o Concello onde se incorporar outros centros.

Continuamos ata o semáforo e logo voltamos polo xardín e rúa Castelao, por diante do Fernández Varela e mercado para sair ao paseo do areal.

Chegamos ata o cruce do Eroski e voltamos para o centro por Venecia pasando polo centro de día e residencia da 3ª idade.

ADMISIÓN ALUMNADO

Todos alumnos e alumnas que reservaron praza para 1º nivel de educación primaria para o curso 2023-24 foron admitidos.

As listaxes están expostas no taboleiro de anuncios do interior do centro.

ESPAZO DE COIDADOS CORRESPONSABLES

VACACIONS NADAL- MODIFICACIÓN HORARIA

Este curso as vacacións de Nadal son ata o domingo 8 de xaneiro. recomenzamos as clases o LUNS 9 DE XANEIRO.

As notas este curso publicanse unicamente na aplicación de Abalar. Se algun pai/nai as necesita en papel pode solicitalas en secretaría.

MODIFICACIÓN HORARIA DESPOIS DE NADAL: A xefatura territorial atendeu a solicitude do centro de modificar o horario que a partir do 9 de xaneiro será:

DE LUNS A VENRES DE 8:55 h. A 13:55, deste xeito xa non temos clase os luns pola tarde. AS TITORÍAS DOS PAIS continúan sendo os luns, agora en horario de  17 a 18 h.

O recreo será de 11:30 h. a 12:00 h. O alumnado de 1º e 2º continuará saíndo uns minutos antes para dar tempo aos pais a recollelos antes da saida do resto.

O transporte escolar adiantará ó seu horario 15 minutos.

Acceso ao recinto: o alumnado do transporte entrará encanto chegue a partir das 8:40 h. O resto do alumnado  pode entrar desde as 8:50 h.

 

PAPA NOEL SOLIDARIO -FESTIVAL FUNDACIÓN ANDREA

PROCLAMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Realizadas as eleccións para a renovación do Consello Escolar. A composición do consello escolar estará formada por 13 persoas: (as novas representantes están en negrita):

Equipo directivo: José Delgado Marco, Daniela Martínez Somoza, Mª Angela Ayaso Monteagudo.

Representantes pais/nais; Mª Elena Noche Moure, Natalia Brión Lijó, Miriam Varela Fernández (ANPA).

Representantes profesores: Mª Luisa López Losada, Irene Paz Pose, María Regos Fariña, Diana Crujeiras Fernández, Estíbaliz Urizar Rodríguez.

Persoal de servizos: Carlos Abuin Abeijón.

Representante do Con.cello: Lidia Martínez Fernández

ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR

As eleccións para representantes do Consello Escolar se celebrarán o luns 28 de novembro.

Horario votacións pais/nais: 17:25-18:30 h.

Candidata: Mª Elena Noche Moure

MEDIOAMBIENTE - A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN E A RECICLAXE”

MEDIOAMBIENTE:

O tema deste mes de novembro é “A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN E A RECICLAXE”

Duración : Dende 20-11-2022 ao 18-12-2022

PROXECTO QUE IMPLICA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA:

Obxectivo: Darlle outro uso a algunha prenda de roupa que xa non usen ( ex: neceser con pantalón vaqueiro, bolsa para levar cousas con camisetas de tiras, Facer uns quentadores con medias vellas, manoplas de baño para enxabonarse con toallas vellas, trapos para limpar o po con calcetíns, facer un monedeiro con calcetín de bebé…).

 Con estes obxectos farase un mercadillo de Nadal e cos cartos que se recauden donarase á  asociación para o coidado de animais “ MOURA”.

 ENLACES PARA SACAR IDEAS DE RECICLAXE DE ROUPA:

 No la tires: once cosas para hacer con tu ropa viejahttps://www.eldiario.es/consumoclaro/ahorrar_mejor/no-tires-once-cosas-ropa-vieja_1_6216692.html

En estado crudo: https://www.enestadocrudo.com/ideas-reutilizar-ropa-vieja/

Ideas para reciclar y reutilizar ropa viea https://mejorconsalud.as.com/ideas-reciclar-reutilizar-ropa-vieja/

19 IDEAS CREATIVAS PARA CALCETINES VIEJOS https://www.youtube.com/watch?v=-gh98BqF8ck

CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 22/23

A Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 29/9/22) dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.

No sector de pais/nais, das 5 prazas que lle corresponden, desta convocatoria compre renovar 3 vacantes (unha que non estaba ocupada e dous que rematan o príodo de catro anos).

Censo provisional: Están expostos no tableiro da entrada do edificio desde o 10 ata o xoves 17 ás 14:00 h.  Son electores tanto o pais como a nais. Se non están no censo poden facer  a reclamación na secretaría.

O período para presentar candidaturas para formar parte do Consello está aberto desde o día 11 ata o 18 de novembro ás  18:00 h.

O día 22 farase o soteo dos membros da mesa electoral e as votacións se realizarán o luns 28 de novembro pola tarde, tñen dereio a votar tanto o pai como a nai ou, se é o caso o/a titor/a legal d alumnado.

Nos arquivo adxunto teñen o exto completo da convocatoria e o modelo de candidatura, poden presentalo na secretaría do centro ou ben por correo electrónico: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido