AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24
Enviado por bandaseca o Dom, 21/05/2023 - 13:22Aberto o prazo para a solicitude de axudas para compra de libros de texto en 1º e 2º, para a participación no fondo solidario de libros e para a compra material de material escolar.
Orde 10 de maio de 2023 (DOG 19 de maio).
As familias podrán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, ben por vía electronica ou no centro educativo. Presentarán unha solicitude independentemente do numero de fillos que teña escolarizado no centro.
Axudas material bono de 75 € para familias con renda inferior a 6000 € de renda per capita e de 60 € para o tramo entre 6000 € e 10000 €.
Axudas para libros de texto de 1º e 2º: Bono de 240 € para familias con renda inferior a 6000 € e de 160 € para o tramo de 6000 € a 10000 € (alumnado de Ed. Especial ou con minusvalia igual ou maior do 65% é de 300 €)
Fondo solidario, para alumnado de 3º e 4º: familias con renda inferior a 6000 € teñen dereito ata 6 libros e as do tramo 6000-10000 € a 4 libros. O alumnado de 5º e 6º está integrado no programa e-dixgal de libros electrónicos.
Os datos da renda son os referidos ao exercicio fiscal do ano 2021, recadros 435 e 460; de non presentar declaración seran os datos facilitados pola Axencia Tributaria.
Os datos da unidade familiar son os da situación familiar a 31 de decembro de 2021.
ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023
Enviado por bandaseca o Ven, 05/05/2023 - 14:17A Consellería de Educación, no marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 pon en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).
Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros de Galicia. Está dirixida a todas as familias, profesorado, persoal non docente e alumnado de 5º e 6º. A enquisa realizase on-line.
ENQUISA FAMILIAS: As familias responderán unha única vez por cada centro educativo onde estuden os seus fillos/as, independentemente do número deles/as que estean matriculados/as en cada centro. Desde o centro enviamos polo alumnado unha carta coa infomación sobre a enquisa e co enlace da páxina e a clave de acceso (a de cada familia é distinta).
Enlace para acceso as familias: https://edu.xunta.gal/convfamil
OBRADOIRO CONCILIACIÓN- 2 MAIO NON LECTIVO
Enviado por bandaseca o Mér, 26/04/2023 - 16:30CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS
Enviado por bandaseca o Mér, 26/04/2023 - 10:37Desde a Concellería de mobilidade do Concello vanse poñer en marcha o programa de "camños escolares seguros" (CES) para fomentar que os nenos poidan vir e voltar a casa andando.
O percorrido completo para o noso centro sería desde a praza maior, pola alameda, rúa do Estremo, praza de Maura (catro canos), Canton da Leña, praza Irmas Ageitos, Corraliño, xardíns Casa Raquel Soler e pola estrada principal ata o centro. Este percorrido está sinalizado e conta con pasos de peóns. Adxuntamos o triptico onde se explica todo isto con máis detalle e cun plano co percorrido. Ademais dunhas charlas que lles impartirán aos nenos persoal do Concello, apoiaremos a iniciativa desde o centro realizando este percorrido para que o alumnado o poida coñecelo sobre o terreo e as normas de conduta en caso de usalo.
SPRING WEEK - 6º
Enviado por bandaseca o Lun, 20/03/2023 - 22:47PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA ALUMNADO DE 6º
DO 4 AO 10 DE XUÑO NO CENTRO OS PEARES. CLICANDO NESTE ENLACE TEÑEN TODA INFORMACIÓN SOBRE A ESTADÍA, HORARIOS, TELEFONOS, MENUS, ROUPA PARA LEVAR,... AO FINAL TEÑEN UN DOSSIER COMPLETO PARA DESCARGAR. TAMÉN O ENGADIMOS COMO ADXUNTO
25 PRAZAS. CRITERIOS DE SELECCIÓN NOTAS GLOBAIS DE 5º E DA 1ª AVALIACIÓN E DE ACTITUDE.
PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O MÉRCORES 22 DE MARZO. DEIXAMOS COMO ADXUNTO A SOLICITUDE QUE A PODEN ENTREGAR BEN A TRAVÉS DO ALUMNADO NA TITORÍA/SECRETARIA DO CENTRO OU ENVIAR AO CORREO DO CENTRO.
ENTROIDO 2023- DESFILE
Enviado por bandaseca o Mér, 15/02/2023 - 20:04Este curso imos sairde desfile de entroido o venres 17 de febreiro. A saída será a partir das 10:30 h.
No desfile participan tamén os colexios de Cadreche, Fernández Varela, Vilariño, Monte Carmelo e a Granxa.
Percorrido:
Saida do centro e pola estrada principal ata o Concello onde se incorporar outros centros.
Continuamos ata o semáforo e logo voltamos polo xardín e rúa Castelao, por diante do Fernández Varela e mercado para sair ao paseo do areal.
Chegamos ata o cruce do Eroski e voltamos para o centro por Venecia pasando polo centro de día e residencia da 3ª idade.
ADMISIÓN ALUMNADO
Enviado por bandaseca o Lun, 13/02/2023 - 18:21Todos alumnos e alumnas que reservaron praza para 1º nivel de educación primaria para o curso 2023-24 foron admitidos.
As listaxes están expostas no taboleiro de anuncios do interior do centro.
VACACIONS NADAL- MODIFICACIÓN HORARIA
Enviado por bandaseca o Xov, 22/12/2022 - 14:20Este curso as vacacións de Nadal son ata o domingo 8 de xaneiro. recomenzamos as clases o LUNS 9 DE XANEIRO.
As notas este curso publicanse unicamente na aplicación de Abalar. Se algun pai/nai as necesita en papel pode solicitalas en secretaría.
MODIFICACIÓN HORARIA DESPOIS DE NADAL: A xefatura territorial atendeu a solicitude do centro de modificar o horario que a partir do 9 de xaneiro será:
DE LUNS A VENRES DE 8:55 h. A 13:55, deste xeito xa non temos clase os luns pola tarde. AS TITORÍAS DOS PAIS continúan sendo os luns, agora en horario de 17 a 18 h.
O recreo será de 11:30 h. a 12:00 h. O alumnado de 1º e 2º continuará saíndo uns minutos antes para dar tempo aos pais a recollelos antes da saida do resto.
O transporte escolar adiantará ó seu horario 15 minutos.
Acceso ao recinto: o alumnado do transporte entrará encanto chegue a partir das 8:40 h. O resto do alumnado pode entrar desde as 8:50 h.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »