O NOSO COLE

R/Bandaseca s/n   15940-A Pobra do Caramiñal (A Coruña)    tfno: 881866847     e-mail: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal

OBRADOIRO CONCILIACIÓN DE VERÁN MOVETE 2024



A Concellaría de Igualdade pon a disposición das familias o Obradoiro de Conciliación de Verán Móvete 2024 que se levará a cabo dende o 24 de xuño ao 10 de setembro (ambos incluidos) no CEPP Salustiano Rey Eiras. 
Hai algúns cambios respecto a anos anteriores, polo que é recomendable ler as bases e preguntar calquera dúbida que teñades.
O prazo de Solicitude de admisión remata o 30 de maio e as solicitudes (xunto coa documentación obrigatoria e complementaria) deberán entregarse de forma presencial na oficina de rexistro do concello ou, para quen lle sexa máis cómodo, a través da sede electrónica.
A lista provisional de persoas admitidas publicarase o 6 de xuño.
Do 6 ao 12 de xuño realizarase o pago a través de transferencia bancaria
O 14 de xuño sairá publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e a listaxe de agarda
Nos arquivos adxuntos deixamos a ficha de Inscrición, as bases da convocatoria e o cartel
Podedes preguntar as vosas dúbidas chamando ao 981 83 27 64 (ext. 6) ou escribindo a igualdade@apobra.gal
 

MATRÍCULA 1º - CURSO 24/25

O prazo de matricula oficial é do 20 ao 30 de xuño e o prazo para solicitar as axudas de libros e de material escolar esta aberto desde o 21 de maio ata o 21 de xuño.

Co fin de facilitar trámites para as matrículas de alumnado de 1º nivel poden deixar XA a documentación de matrícula cando veñan a traer a  solicitude de libros e material:

Documentación:

  • Instancia de matrícula curso 24/25.
  • Fotocopia DNI dos pais ou titores legais. 
  • Fotocopia de todas follas do libro de familia. 
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou equivalente. 
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións ou informe médico sanitario.
  • Dúas fotografías tipo carné. 
  • Certificado de empadroamento, só si van usar o transporte escolar. 

 

Se faltara algún documento, poden aportalo posteriormente.

Información sobre axudas libros texto:

páxina da xunta:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Publicadas as axudas de libros e material. Prrao ata o 21 de xuño.

 

ERITEMA INFECCIOSO: SINDROME DA BOFETADA

Adxuntamos a información para as familias da Asociación Española de Pediatría (En Familia), respecto do Eritema infeccioso remitida pola pediatra do centro de saúde de A Pobra do Caramiñal.

 

Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025

BOE -  Extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

Poderán solicitar as axudas os alumnos e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de:

  • Discapacidade
  • trastornos graves de conduta 
  • trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais.
  • alumnos con TEA 
  • alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades

Requisitos: non superar unha determinada renda e/o patrimonio familiar  (ver Resolución)

 O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

LIGAZÓN para solicitude

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 4º- CUESTIONARIOS FAMILIAS

Estimadas familias de 4º:

O seus fillo ou fillas veñen de participar nas probas da avaliación de diagnóstico. Entregamoslles unha carta dirixida a vostedes na que se solicita que respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias

Na carta indícase a páxina web LINK* e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña. O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024.

Para encher o custionario en liña, é preciso ter conexión a internet e un dispositivo electrónico (ordenador, teléfono intelixente, tablet). Se o necesitan, o centro pon á súa disposición o equipamento informático necesario para cubrir o cuestionario.

Ademais, se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar á súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través do seu fillo ou filla.

Moitas grazas pola súa colaboración

LINK  de acceso ao cuestionario: https://enquisas.edu.xunta.gal/649647

CUESTIONARIO ESCOLA INCLUSIVA - FAMILIAS

Cuestionario de escola inclusiva para familias. Estamos  recabando información previa para a elaboración dun Plan Estratéxico de Mellora segundo as indicacións da lexislacion educativa.

Esta semana xa o fixeron oa alumnos de 6º e agora taca  facelo ás familias. Enviamoslles ó seu correo o enlace, pero o deixamos aqui por si tuveron algún problema no correo, O cuestionario esta elaborado nunha plataforma de google  e pide un correo de gmail para acceder, pero  non o recibimos, é TOTALMENTE ANONIMO

Pregamos o contesten antes do martes 9 de abril, non se tarda máid que uns minutos en realizalo.

Grazas pola súa colaboración.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScvDHY2bTdimUNrCkj_2jO1ImPBcxqV...

 

EXCURSIÓN 6º FIN DE CURSO

Deixamos o arquivo adxunto coa folla de inscrición para a excursión de fin de curso de 6º á Granxa Escola de Bergondo os días 25-26-27 de xuño.

Prazo para entregar a inscrición: ata o venres 12 de abril.

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 23/24

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Teñen toda información picando no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Distribuir contido