O NOSO COLE
Enviado por bandaseca o Mar, 01/03/2011 - 00:42R/Bandaseca s/n 15940-A Pobra do Caramiñal (A Coruña) tfno: 881866847 e-mail: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal
OBRADOIRO CONCILIACIÓN DE VERÁN MOVETE 2024
Enviado por bandaseca o Xov, 23/05/2024 - 12:38A Concellaría de Igualdade pon a disposición das familias o Obradoiro de Conciliación de Verán Móvete 2024 que se levará a cabo dende o 24 de xuño ao 10 de setembro (ambos incluidos) no CEPP Salustiano Rey Eiras. Hai algúns cambios respecto a anos anteriores, polo que é recomendable ler as bases e preguntar calquera dúbida que teñades.
O prazo de Solicitude de admisión remata o 30 de maio e as solicitudes (xunto coa documentación obrigatoria e complementaria) deberán entregarse de forma presencial na oficina de rexistro do concello ou, para quen lle sexa máis cómodo, a través da sede electrónica.
A lista provisional de persoas admitidas publicarase o 6 de xuño.
Do 6 ao 12 de xuño realizarase o pago a través de transferencia bancaria O 14 de xuño sairá publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e a listaxe de agarda Nos arquivos adxuntos deixamos a ficha de Inscrición, as bases da convocatoria e o cartel Podedes preguntar as vosas dúbidas chamando ao 981 83 27 64 (ext. 6) ou escribindo a igualdade@apobra.gal |
MATRÍCULA 1º - CURSO 24/25
Enviado por bandaseca o Mér, 22/05/2024 - 09:43O prazo de matricula oficial é do 20 ao 30 de xuño e o prazo para solicitar as axudas de libros e de material escolar esta aberto desde o 21 de maio ata o 21 de xuño.
Co fin de facilitar trámites para as matrículas de alumnado de 1º nivel poden deixar XA a documentación de matrícula cando veñan a traer a solicitude de libros e material:
Documentación:
- Instancia de matrícula curso 24/25.
- Fotocopia DNI dos pais ou titores legais.
- Fotocopia de todas follas do libro de familia.
- Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou equivalente.
- Fotocopia da cartilla de vacinacións ou informe médico sanitario.
- Dúas fotografías tipo carné.
- Certificado de empadroamento, só si van usar o transporte escolar.
Se faltara algún documento, poden aportalo posteriormente.
Información sobre axudas libros texto:
páxina da xunta:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25
Enviado por bandaseca o Mar, 21/05/2024 - 06:13Publicadas as axudas de libros e material. Prrao ata o 21 de xuño.
ERITEMA INFECCIOSO: SINDROME DA BOFETADA
Enviado por bandaseca o Lun, 13/05/2024 - 09:51Adxuntamos a información para as familias da Asociación Española de Pediatría (En Familia), respecto do Eritema infeccioso remitida pola pediatra do centro de saúde de A Pobra do Caramiñal.
Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025
Enviado por bandaseca o Ven, 26/04/2024 - 10:28Poderán solicitar as axudas os alumnos e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de:
- Discapacidade
- trastornos graves de conduta
- trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais.
- alumnos con TEA
- alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Requisitos: non superar unha determinada renda e/o patrimonio familiar (ver Resolución)
O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 4º- CUESTIONARIOS FAMILIAS
Enviado por bandaseca o Xov, 18/04/2024 - 17:55Estimadas familias de 4º:
O seus fillo ou fillas veñen de participar nas probas da avaliación de diagnóstico. Entregamoslles unha carta dirixida a vostedes na que se solicita que respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias
Na carta indícase a páxina web LINK* e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña. O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024.
Para encher o custionario en liña, é preciso ter conexión a internet e un dispositivo electrónico (ordenador, teléfono intelixente, tablet). Se o necesitan, o centro pon á súa disposición o equipamento informático necesario para cubrir o cuestionario.
Ademais, se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar á súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través do seu fillo ou filla.
Moitas grazas pola súa colaboración
LINK de acceso ao cuestionario: https://enquisas.edu.xunta.gal/649647
CUESTIONARIO ESCOLA INCLUSIVA - FAMILIAS
Enviado por bandaseca o Ven, 05/04/2024 - 18:10Cuestionario de escola inclusiva para familias. Estamos recabando información previa para a elaboración dun Plan Estratéxico de Mellora segundo as indicacións da lexislacion educativa.
Esta semana xa o fixeron oa alumnos de 6º e agora taca facelo ás familias. Enviamoslles ó seu correo o enlace, pero o deixamos aqui por si tuveron algún problema no correo, O cuestionario esta elaborado nunha plataforma de google e pide un correo de gmail para acceder, pero non o recibimos, é TOTALMENTE ANONIMO.
Pregamos o contesten antes do martes 9 de abril, non se tarda máid que uns minutos en realizalo.
Grazas pola súa colaboración.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScvDHY2bTdimUNrCkj_2jO1ImPBcxqV...
EXCURSIÓN 6º FIN DE CURSO
Enviado por bandaseca o Ven, 05/04/2024 - 10:17Deixamos o arquivo adxunto coa folla de inscrición para a excursión de fin de curso de 6º á Granxa Escola de Bergondo os días 25-26-27 de xuño.
Prazo para entregar a inscrición: ata o venres 12 de abril.
AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 23/24
Enviado por bandaseca o Mar, 02/04/2024 - 13:42En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.
No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Teñen toda información picando no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf