CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Axudas libros, fondolibros e axudas material

Vales para adqusición de libros

Comunicamos que xa temos a disposición das familias os vales para axudas de adquisición de libros en 1º e 2º curso.


 

Vales para adquisición de material escolar

Tamén están listos os vales para adquisición de material escolar nos 6 cursos de primaria. 

Nos dous casos teredes que pasar a recollelos na Secretaría en horario de 10:00 a 13:00 horas. 


 

Fondolibros:

Dado que nos cursos 5º e 6º somos centro EDIXGAL, non funciona nestes o préstamo de fondolibros, quedando soamente para 3º e 4º.

Está publicada a lista provisional de alumnado co número de libros adxudicados do fondo (alumnado de 3º e 4º curso de primaria)  Esta primeira listaxe será provisional, e poderá sufrir modificacións en base a reclamacións ou erros. Ábrese o prazo de reclamacións a este listado ata o venres, día 6 de xullo.

O luns 9 de xullo publicaranse nos mesmos medios a relación definitiva, xa cos libros concretos que se prestarán a cada alumno.

En todo caso,  os libros de préstamo que se adxudiquen, entregaranse a cada alumno no mes de setembro, comezado o curso.