CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Recollida de vales e listado de libros concedidos

Temos xa na Secretaría do centro os vales para material de todos os alumnos que solicitaron e lles corresponde.

Tamén temos os vales para adquirir libros de 1º e de 2º

Con respecto ao fondo de libros para os outros cursos, informamos:

TERCEIRO: Temos libros para atender a totalidades de solicitudes, por tanto, todos os que solicitastes recibiredes libros en préstamo de tódalas áreas. Non teredes que comprar ningún.

CUARTO: Ver listaxe en arquivo que se acompaña. Esta é xa a relación final de libros e se lles entregará ao alumnado en setembro, no comezo de curso.

QUINTO: Temos libros para atender a totalidade de solicitudes, por tanto, todos os que solicitastes recibiredes libros en préstamo de tódalas áreas. Non teredes que comprar ningún.

SEXTO: En Sexto non hai libros de texto.

 

 

Estaremos no colexio a partir do 1 de setembro

Motas grazas.  o Equipo Directivo.

AdxuntoTamaño
Listado definitivo.pdf1.26 MB