CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Facendo de viveiristas

Os alumnos de primeiro fixeron de viveiristas o venres, 4 de febreiro

Viñeron da Asociación de Viveiristas e trouxeron bulbos de tulipáns e planta de xeranio. Cada neno e nena plantou e agora terán que coidalos para que medren e fagan un fermoso xardín.

Poderemos ver o traballo de tódolos colexios na exposición que organizarán no mes de maio en Goián.

 

Podedes ver as fotos do noso traballo: