CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Reserva de praza para o alumnado do CRA 2022/2023

Todo o alumnado procedente das unitarias do CRA que fixo reserva como centro adscrito no noso colexio entre o período comprendido entre o  11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, está admitido.

Podedes consultar, se queredes, a listaxe na secretaría do centro.

O próximo paso, para vós, será a formalización de matrícula  do 20 ao 30 de xuño.

Nese momento teredes que traer ao CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán a seguinte documentación:

  •  Anexo III de formalización de matrícula.
  •  Folla complementaria de matrícula.
  •  2 fotos de carnet.
  •  1 fotocopia do DNI dos titores legais.
  •  1 fotocopia do libro de familia de tódalas páxinas que estén cubertas.
  •  1 fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten).
  •  1 fotocopia da cartilla sanitaria.
  •  Certificado de empadronamento (solicitádeo no Concello de Tomiño, dicíndolle que é para o noso colexio).

Casos especiais:

  •  En caso de separación ou divorcio Sentencia Xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  •  En caso de Alumnado ACNEAE, informes médicos achegados pola familia.

O documentos, preferiblemente, deben ser firmados por os/as titulares da patria potestades ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesario a sinatura de ambos proxenitores/as.

Para resolver calquera dúbida:

  • Enviar un correo ao cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal
  • Chamar ao número 886110738 no mesmo horario de 10:00 a 12:00.