Con motivo do inicio do proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar, o centro organiza unhas xornadas de portas abertas para as familias.
Tendo en conta a situación COVID, queremos convidar aos titores legais de alumnos interesados en coñecer o colexio, dun xeito que se poida garantir a seguridade.
Organizaranse tres xornadas, ás que convocaremos as familias (nais e pais ou titores legais) seguindo un procedemento de reserva previa de visita. Deberán chamar ao 886110738, seguindo o calendario seguinte, no que priorizaremos:
Nesta visita haberá grupos limitados, facéndose unha charla no exterior e un paseo polas instalacións educativas que estarán en todo momento ventiladas, e mantendo as normas habituais de seguridade: uso de mascarilla, hixienización de mans, etc.
No caso de que o número de visitas solicitadas supere as cifras previstas, programaríamos algunha xornada máis.
A visita terá unha duración aproximada de 60 minutos, e nela poderemos aclarar dúbidas sobre os distintos aspectos do proceso de admisión, así como das liñas xerais de funcionamento do colexio.
Por seguridade non poderán acudir os menores. Para eles valorarase a visita no final de curso, en función da situación epidemiolóxica.