CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Distribución de máscaras entre o alumnado 2020/2021

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os procedementos para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado no curso 2020/2021.

Prazo:

16/11/2020 - 27/11/2020

Alumnado destinatario:

a) Non ten que presentar solicitude:  Alumnado beneficiario  da axuda de material escolar no curso 2020/2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario de axuda de material no curso 2020/2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65

Presentación de solicitudes .a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

Documentación:

1. As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

 a) Solicitude (Anexo I)

b) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 c) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 d) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 Renda per cápita da unidade familiar:

É o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (Recadro 432) e a base impoñible do aforro (recadro 460) entre o número de membros computables.

Membros computables da unidade familiar:

a) Pais non separados legalmente nin idvorciados.

b) Fillos /as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente.

d)Fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

g) Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.