CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Becas ACNEAE 20/21

Becas e axudas para alumnos e alumnas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo curso 2020- 2021 (Abrese enlace)

Convocatoria: 

Resolución da secretaría de estado de educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2020-2021

·       Convocatoria das axudas (abrese enlace)

 

·       Anuncio da convocatoria no BOE (Abrese enlace)

 

Prazo de presentación da solicitude:

Do 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

Quen a pode Solicitar

·      Beneficiarios:

- Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta:

a)    Alumnado con TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.

Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (trastorno do espectro autista) non incluídos no parágrafo anterior e que requiran estes apoios e atencións educativas específicas.

b)    Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas. 

     Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (trastorno do espectro autista), pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.

c)    Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Pasos para solicitala

Cliquea sobre a imaxe e levarate a sede electrónica

Como se che indica máis arriba unha vez que a teñas impresa en formato pdf,

- Firmar todos os maiores de 18 anos

traea ao centro xunto con:

- Certificado de discapacidade de, ao menos, o 33 por cento en caso de alumnos ou alumnas con discapacidade.

- Certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.

- Memoria  expedida polo Gabinete reeducador que preste o servizo na que conste  información detallada das características dos memos, incluindo número de horas semanais e especialistas que o prestan así coma o coste mensual.

- Declaración responsable da  Gabinete que imparta a reeducación.

- Fotocopia da conta bancaria onde o neno/a figure como titular ou cotitular.

- Fotocopia dos DNIs de todos os membros computables.

http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html