Skip to Content

Gañadora do X Concurso de Pintura "As cores do nadal" 2016 do IFEVI

A alumna Mirian Alonso, de 6ºA, gañou o X Concurso de Pintura "As cores do Nadal" do Instituto Feiral de Vigo e o pasado día 10 de marzo acudiu ao Concello á entrega de Premios. Hoxe tróuxoos á clase para amosárllelos aos compañeiros.

Unha morea de agasallos!

Parabéns Mirian!!

Educación Vial 2016

Un ano máis, o noso cole participa na Campaña de Educación Vial.

O mércores, día 27 de abril, o alumnado de sexto recibimos a visita dun policía local que nos deu unha charla sobre Educación Vial. Trátase de que melloremos na adquisición da competencia necesaria para sermos cidadáns que practiquemos unha mobilidade segura nos nosos desprazamentos a pé, en bici, moto....

Foi moi interesante!


Para practicar o aprendido, o día 28 fomos ao  Parque Infantil de Tráfico situado no Castro.

Visita Aproinppa

O pasado martes os alumnos/as de 6º visitaron Aproinppa. Alí ensináronlle o procedemento de elaboración do pan, os seus ingredientes principais e tamén lles ofreceron a posibilidade de ser panadeiros por un día e levar para a casa os seus pans personalizados. O final da visita foi inmellorable xa que os invitaron a croissants e a pan recén feito.

Excursion fin de curso de 6º

 

Os alumn@s de 6º foron de excursión de fin de curso 3 dias ao Camping Fieitás. A xulgar polas fotos, non o pasaron nada mal!!

 

Visita á sede central do Faro de Vigo

Un ano mais, os alumnos/as de 6º de primaria visitamos o Faro de Vigo. Amosáronnos a redacción, as diferentes seccións, as partes do periódico e recibimos unha pequena charla sobre as orixes do xornal.

Despois visitamos a zona de impresión, onde vimos toda a maquinaria que é precisa para elaborar a versión impresa do xornal.

Saída de 6º ao parque de Educación vial do Castro.

O día 16 de maio de 2014, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria asistiron ao Parque Infantil de Tráfico situado no Castro para participar na Campaña de Educación Vial.

MAPAS INTERACTIVOS

COÑECEMENTO DO MEDIO:"XEOGRAFÍA "

FAI CLICK AQUÍ PARA COMEZAR.

Visita a Faro de Vigo

O día 19 de febreiro os alumnos e alumnas de sexto visitaron as dependencias de FARO DE VIGO.

FROITA NA ESCOLA

 
 
PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA NA ESCOLA
PROGRAMA ALIMENTA-T BEN
ACTIVIDADE REALIZAD DO 20 AO 24 DE XANEIRO E DO 10 AO 14 DE FEBREIRO
Distribuir contido


by Dr. Radut