Skip to Content

Cuestionario de convivencia escolar

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 ponse en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación remata o 22 de maio. Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Enlace con toda a información: https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/

"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.gal/convfamil

As familias logo de insertar a clave se fai chegar polos seus fillos e fillas, poderá cubrir a súa enquisa. É importante que completedes as preguntas para recoller a vosa opinión.

Enlace para que o alumnado DE 5º E 6º faga a súa enquisa. AQUÍ.

Actividades do Día do libro

Xuntanza lectora co EEI Vilalaura para celebrar o Día do libro con apadriñamentos lectores. Clicade na imaxe para acceder a toda a información do blogue da biblioteca.

Montaxe do apadriñamento lector no propio centro. Clicade na imaxe. 

Magnífica xornada de convivencia lectora!! 

Semana de actualización de datos

Entregade a folla de actualización de datos asinada coa autorización de uso de imaxe e voz (parte traseira da folla) ao longo desta semana do 24 ao 28 de abril. 

Podedes presentala en directamente en secretaría ou enviala polo alumnado, pero debe vir dentro do seu plástico.

Ampliamos o prazo ata o día 5 de maio, e lembrade que o día 2 non é lectivo.

Preparados para a Reconquista de Vigo 2023

 O 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e converteu a Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoléon dunha praza conquistada. O alumnado de 6º coñece a historia e os lugares destacados, e fai un percorrido con Pier, un soldado fránces, que complementa a saída coa súa particular aportación. Clica aquí para ver todas as fotos cedidas polo Concello.

   

Imaxe da visita de 6ºA e 6ºB                                  Imaxe de  6ºC-6ºD 

8 de marzo, día internacional da muller no Fleming

Hoxe facemos a foto das persoas gañadoras da imaxe en chapa do día da muller, unha chapa gañadora por aula e unha gañadora das gañadoras, que puxeron as mestras e mestres neste día 8 de marzo.

Falamos da loita da muller e de todo o que queda por conseguir para a igualdade... falamos tamén do que significa precisar un día internacional para tratar este tema, porque é importante facelos partícipes da idea de que nacer neno ou nena en calquera parte do mundo non debería limitar o futuro de ninguha persoa e que todos debemos facer o posible por traballar unidos para logralo.

Podcast da muller feito na radio escolar. CLICA.

Día de Rosalía de Castro

Gañadores e gañadoras do concurso de Poesía de Rosalia De Castro, (de 3º a 6º curso). O alumnado de 1º e 2º participou na modalidade de debuxo.

Podcast Celebración día de Rosalía: Clica

 Parabéns polo traballo!!

Para saber máis clicade aquí para ir ao blogue da biblioteca.

Plan de entrada para 3º e 4º durante a anulación da entrada inferior

ATENCIÓN. Quedará anulada (por un periodo dun mes aproximadamente) a porta inferior da rúa Ourense, a da entrada e saída de 3º e 4º.

Polo que as entradas e saídas destos niveis quedarán repartidas do seguinte xeito:

 

Mirade os planos superiores. Clicade para ampliar.

O 3º nivel fará fila na entrada principal (con 1º e 2º) e sairá tamén por esa porta. As familias supervisarán dende a rúa Ourense para deixar más espazo ao alumnado.

O 4º nivel entrará e sairá polo patio 1 (Romil) co alumnado de 5º e 6º

Proceso de admisión

ESQUEMA DOS PRAZOS DE ESCOLARIZACIÓN.

O prazo de reserva (Vilalaura-Fleming-Ies do Castro) pechado. 

Prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo

Reunión con visita guiada polas instalacións o martes día 7 de marzo ás 16:30h e o mércores 8 ás 10:00h (coa visita máis limitada segundo a ocupación das aulas e clases)

VACANTES  PRIMARIA

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

CURSO

13 libres máis 12 de reserva aneae

12

24

7

2

0

 As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Tedes a información no enlace. 

Manual de usuario.

 Clicade para ver un vídeo non moi antigo para que os peques teñan unha idea do que temos no colexio. 

Enlace ao portal de educación.

O desfile de entroido do Fleming 23

Imaxes agarimosas do acto do ENTRODIDO 2023, como veredes está todo "Un mundo de cores".

Graciñas ás familias pola magnífica colaboración, que fai posible que poida lucir o acto tan vistoso. 

    

     

     

   

 

O luns 13 comeza a semana do Entroido

  

Comeza o ENTROIDO amodiño coas mensaxes do Meco. O venres terá lugar pola maña o desfile de personaxes elixidas por nivel, dentro do proxecto dun mundo de cores.

Pola tarde a ANPA organiza unha festa no patio, para que todas as familias poidan participar cos seus fillos e fillas desta data tan especial.

30 de xaneiro, celebración do día da Paz.

O Fleming unido pola PAZ, no patio 3

É moi importante traballar pola Paz e a convivencia todos os días do ano... e o día 30 de xaneiro, día da PAZ, lembramos que xuntos podemos conseguila. Todos e todas debemos sementar Paz.

Felices Festas familias!!

Para despedir o trimestre contamos coa visita dos Reis Magos porque o noso alumnado quería entregar as súas cartas cos mellores desexos para toda a comunidade escolar.

Mirade que xeitosiños no vídeo felicitando as Festas!! Clicade na imaxe.

Abaixo os Reis preparados para a recepción. Magnífica colaboración da ANPA

 

Vémonos o día 9 de xaneiro polo colexio ou pola rúa na cidade na que vive o Nadal, Vigo. Programación no barrio.

Bo Nadal!!

Gañadores das postais de Nadal 22-23

Na imaxe os nenos e nenas gañadores do concurso de postais de Nadal.

Trátase da premiar unha postal por cuso, e logo escoller unha por ciclo que será enviada ás familias coas notas.

BO NADAL 2022-23

Premio de ACERGA

Martina Torices de 6ºB é a gañadora do concurso de debuxo "O cerco un xeito de vida". Se desexades ver a unidade didáctica do cerco, clicade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut