Skip to Content

Dinamizacións

Achégase o día 23 de abril, día do libro.

Na entrada temos a información do concurso.

 

O día 23 de abril celebramos o día do libro, con diferentes actividades.CLICA.

Visita dos Reis Magos ao colexio...


Vídeo da visita dos Reis Magos ao colexio.

Moitas grazas a nosa querida ANPA, que fixo as pescudas para que puidesen pasar os Reis Magos cunha pouquiña antelación.

E xa fixeron un adianto dos agasallos aos nenos e nenas.

 

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ou diferentes capacidades

Todo o alumnado colaborou contando o que lle fai diferente, deixando a súa aportación neste arco da vella.

O que queríamos era facer pensar ao alumnado que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos nalgún momento das nosas vidas podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permamente, e a sociedade debe estar preparada para asumilo e vivencialo con normalidade, integrando todas as realidades nunha sociedade aberta e acolledora.

BAIXO O MESMO PARAUGAS...  O Fleming no ARCO DA VELLA.

Sumámonos, con esta aportación, ao lema deste ano de 85 entidades galegas. Vídeo chulísimo elaborado por eles. Clica

Coidamos o ambiente eliminando o refugallo.

O mércores 8 de xaneiro volvemos ao colexio, e retomamos o obxectivo de coidar do medio ambiente: Evitar o refugallo das merendas. Clica para acceder ao documento.

Segunda charla para as familias sobre intelixencia emocional.

         

Volvemos ter a Raquel Pedroso para afondar sobre a intelixencia emocional, tema de moito interese para as familias que nos deixou con gañas de máis. 

Vémonos o mércores 5, ás 17:00h.

Podedes achegadar as vosas inquedanzas.

Día da discapacidade.

O luns día 3 de decembro celebramos no colexio o día da discapacidade.

20181203_121139.jpg  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

A  ONCE de Vigo, colaborou co departamento de orientación do centro, mandando a mensaxe do día da discapacidade en braille e emprestou materiais para que o alumnado os coñecese.

 Estes materiais estarán uns días máis na biblioteca xunto cuns panos para tapar os ollos e sentir como o alumnado cego podería manexar este material adaptado para uso escolar.

CLICA para ver máis fotos.

Charlas para familias.

Neste curso escolar organizamos unhas charlas para as familias:

É importante ter unhas Claves educativas compartidas por familias e escola, para actuar dun xeito conxunto e máis eficaz.

1.- RISCOS EN INTERNET...... Día 4 de decembro, ás 17:30h dentro do Plan director.

2.- NORMAS E LÍMITES.... Día 19 de decembro ás 17:00h na Escola de pais e nais.

 

Dinamización da lingua galega

COORDINADORA DO EQUIPO

MEMBROS DO EQUIPO

 

Rebeca Ferrín

 

Mª Isabel Prieto Prieto

María Salinas García

Cristina Franco González

 Mº Pilar González 

Blanca forja Ramos

OBXECTIVOS

Fomentar o emprego da Lingua Galega por parte de todos os membros da comunidade educativa, respectando a quen utilice outra lingua.

Promover e potenciar todas as actividades e situacións que poidan contribuír á normalización da nosa lingua.

Potenciar a comunicación escrita en Lingua Galega.

Recuperar e potenciar as festas e xogos populares: o magosto, o Entroido, os Maios....

Recoller e espallar a literatura popular.

Levar a cabo un tema monográfico na semana das Letras Galegas.

Aumentar o interese pola lingua e a cultura galega a través da rede.

Incrementar o material de lectura e consulta en Lingua Galega co fin de potenciar a biblioteca de literatura galega e fomentar a súa utilización.

Fomentar, a través dos xogos e outras actividades lúdicas,  o uso do galego nas actividades informais do alumno.

Potenciar o intercambio de experiencias entre alumnos/as propiciando a práctica do discurso oral en galego.

Animar ao alumnado a escribir en galego e fomentar a súa creatividade.

Representar pequenas obras de teatro en Lingua Galega para que os alumnos/as se familiaricen pouco a pouco cos nosos escritores.

Poñer o alumnado en contacto coas raíces culturais de Galiza e coa realidade actual.

Conmemorar a Semana das Letras Galegas realizando en tódalas áreas as actividades en Lingua Galega.

Realizar murais e carteis para animar ó emprego da Lingua Galega.

Visitar museos e obradoiros para conseguir unha maior sensibilización por parte dos alumnos nos distintos aspectos da cultura galega.

Colaborar na revista escolar "Esquío" usando a nosa lingua.

Fomentar a participación naqueles concursos que máis se axeiten a programación.

Introducir o alumnado ás novas tecnoloxías en Lingua Galega.

Achegar o alumnado e profesorado aos recursos e ferramentas da rede en galego.

REFERENCIA LEXISLATIVA SOBRE LINGUA GALEGA

Lei 3/1983, do 15 de xuño (DOG do 14 de xullo), de Norrmalización Lingüística.

Decreto 124/2007, do 28 de xuño (DOG do 29 de xuño), polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

Orde do 1 de abril de 2005  (DOG do 14 de abril) pola que se regulan os cursos de formación en Lingua Galega e as validacións correspondentes.

Orde  do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da Lingua Galega (Celga).

Distribuir contido


by Dr. Radut