É moi importante traballar pola Paz e a convivencia todos os días do ano... e o día 30 de xaneiro, día da PAZ, lembramos que xuntos podemos conseguila. Todos e todas debemos sementar Paz.
Reunión con visita guiada polas instalacións o martes día 24 de xaneiro ás 16:30h en usos múltiples para asfamilias de Vilalaura (Prazo de reserva) e o día 1 de febreiro ás 10:00h.O alumnado de 5 anos terá a súa visita coas súas titoras en horario escolar no 3º trimestre.
O prazo de reserva (Vilalaura-Fleming-Ies do Castro) será do 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.
Neste prazo o alumnado de 6º de primaria presentará a solicitude para o IES do Castro neste centro. O alumnado que teña idea de ir a outro instituto deberá esperar ao prazo de admisión.
O alumnado de Vilalaura que desexa vir ao Fleming deberá entregar o documento no centro orixe, Vilalaura.
Prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo
Reunión con visita guiada polas instalacións o martes día 7 de marzo ás 16:30h e o mércores 8 ás 10:00h (coa visita máis limitada segundo a ocupación das aulas e clases)
Para despedir o trimestre contamos coa visita dos Reis Magos porque o noso alumnado quería entregar as súas cartas cos mellores desexos para toda a comunidade escolar.
Mirade que xeitosiños no vídeo felicitando as Festas!! Clicade na imaxe.
Abaixo os Reis preparados para a recepción. Magnífica colaboración da ANPA
Vémonos o día 9 de xaneiro polo colexio ou pola rúa na cidade na que vive o Nadal, Vigo.Programación no barrio.
Este ano cada neno e nena decorou unha pluma da cor que lle tocaba por nivel, dentro do proxecto do centro "Un mundo de cor" e con todas elas fixemos unhas ás para voar. A idea é loitar unidas para que todas as nenas e as mulleres poidan vivir nun mundo sen violencia (o que estamos a lembrar no 25N) coa axuda dos nenos e homes da nosa comunidade, facendo entre todos visible este problema para poder eliminalo da sociedade canto antes.
Outro ano no que nos xuntamos para celebrar un día de convivencia con castañas, mandarinas e xogos populares. Este ano foi o 11 de novembro, data tamén salientable polo San Martiño. No colexio tivemos ao castañeiro que asou as castañas para todo o centro, e aproveitamos a ocasión para facer diversas actividades culturais relacionadas con esta data nas aulas.
Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.
A programación xeral anual, coñecida como a PXA, foi aprobada polo Claustro e Consello Escolar o día 11 de outubro do 2022, e recolle a organización do centro e das actividades para o curso académico 2022-23.
En breve, cando nos avisen, quedará anulada (por un periodo dun mes aproximadamente) a porta inferior da rúa Ourense, a da entrada e saída de 3º e 4º. Cando chegue ese momento, avisaremos por Abalar, e as entradas e saídas destos niveis quedarán repartidas do seguinte xeito:
Mirade os planos superiores. Clicade para ampliar.
O 3º nivel fará fila na entrada principal (con 1º e 2º) e sairá tamén por esa porta. As familias supervisarán dende a rúa Ourense para deixar más espazo ao alumnado.
O 4º nivel entrará e sairá polo patio 1 co alumnado de 5º e 6º
A partir do día 1 iremos poñendo as novas salientables para a posta en marcha do novo curso 2022-23. O alumnado comeza as clases e o comedor o día 8 de setembro.
Publicado o fondo definitivo de libros. Podedes velos de xeito electrónico ou na entrada interna superior.
Os libros do fondo son de préstamo, e serán entregados en setembro. Os funxibles deben ser mercados polas familias. En 3º e 5º repartiremos os libros novos (nova lei educativa) polo que non hai existencias para aqueles que non lle corresponde por renda.
Non merquedes os libros que hai aviso de non mercar, haberá para todos (fixeran ou non a solicitude de libros) e poden haber mudado de ISBN.