Skip to Content

CONCURSO NADAL COMEDOR

A empresa de comedor fai un concurso de receitas de Nadal. Podedes ver as bases do concurso clicando na imaxe.

MAGOSTO NO FLEMING

O venres día 17 de novembro celebramos no CEP Dr. Fleming a festa do magosto. O alumnado disfrutou de castañas asadas e mandarinas. Despois xogaron a xogos tradicionais. 

 

 

   

 

 

 

 

          

 

 

PLANTANDO ÁRBOLES CON PINCELES

Hoxe o alumnado de 3º levou a cabo a actividade "Plantando árboles con pinceles", un proxecto pioneiro pola sostibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización de Murais Artísticos Colaborativos e Ecolóxicos e obradoiros de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación.

    

  

Unha actividade que contribúe a ter un patio más ecolóxico, menos contaminado e, por suposto...

mais bonito!

ENTREGA DE PREMIOS EDUEMPRENDE

O curso pasado alumnado de 6º curso gañou os premios de Eduemprende. A entrega de premios aplazouse para este curso. Por motivos organizativos, como xa non estaban no noso centro non poideron ir a recollelo. A mestra responsble da actividade foi recollelos no seu nome, entregándoos despois a éstes xa antigos alumnos. Alégranos moito volvelos a ver polo centro.

Enhoraboa

  

 

 

XORNADA GASTRONÓMICA GRIEGA

Dende a empresa de comedor comunícannos que o día 16 de novembro terá lugar a primeira xornada gastronómica. 

LOTERÍA NADAL

XA PODEDES MERCAR A LOTERÍA DE NADAL NA ADMINISTRACIÓN DE LOTERÍA Nº 27 EN CAMELIAS Nº 110.

RECORDATORIO CORREO COMEDOR

Recordar que as menxases de comedor deberán ser enviadas ao email:

comedor.cep.fleming@edu.xunta.gal

 

 

CHEGA SAMAÍN!

O próximo martes 31 de outubro celebraremos no

CEP Dr. Fleming "O Samaín". O alumnado poderá

vir disfrazado ao centro coa temática de Samaín.

Procurar non traer accesorios que sexan

perigosos (espadas, coitelos, etc.)

Nas aulas que fagan merenda procurade traer

produtos saudables relacionados co outono ou

postres relacionados co Samaín.

ABRIMOS A BIBLIOTECA!

Con motivo da celebración do día das bibliotecas (24 de outubro), abrimos a biblioteca do noso centro. Cada aula terá asignada no seu horario unha hora para baixar á biblioteca e poder facer empréstitos ou poder empregar tódolos recursos cos que consta.  Os encargados de biblioteca realizaron un vídeo para recordar a todo o alumnado as normas da nosa biblioteca.

Podedes velo no seguinte enlace

 

 (pincha na imaxe)

PXA CEP Dr. Fleming 23-24

O día 10 de outubro foi aprobada polo Claustro e o Consello Escolar a Programación Xeral Anual (PXA), que recolle a organización do centro para o curso académico 2023-24.

(clica na imaxe para acceder ao documento)

 

Nesta data tamén foron aprobados o días NON lectivos: venres 13 de outubro de 2023 e Luns 20 de maio de 2024.

Calendario

IMPORTANTE COMEDOR: FOLLA DE DOMICILIACIÓN

IMPORTANTE COMEDOR

A empresa de comedor nos envía a folla de domiciliación do pago do mesmo. As familias que fagades uso de comedor deberedes entregar cuberta a seguinte folla, incluíndo o número de conta, na secretaría do centro ( os GRATUITOS non deberedes entregar). Compre entregalo canto antes.

Podedes imprimilo e traelo o centro ou mandalo a través do alumnado. Tamén podedes pedir a folla en secretaría.

DOMICILIACIÓN (CLICLA PARA DESCARGAR O DOCUMENTO)

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO

No seguinte enlace podedes acceder á circular de inicio de curso, que recolle normas de organización do centro.

                                                      CIRCULAR INICIO DE CURSO

PRESENTACIÓN ARAMARK

Presentación da nova empresa de xestión do comedor: ARAMARK

Distribuir contido


by Dr. Radut