Skip to Content

Premio do IV Concurso Podcast-radio na biblio

Bo día/finde das letras galegas!! Vémonos o mércores 18

 

Premio ao Podcast elaborado no nivel de 5º. Clicade abaixo para escoitalo.

2022 Podcast sobre Florencio Delgado titulado "A hora de Galicia" 

Clica aquí para escoitar outros podcast elaborados no Fleming.

Actividade "Unha xanela aberta á ría de Vigo"

O alumnado de 6° descubriu a riqueza da ría de Vigo a bordo do Nautilus e grazas a  Nemo, un dron submarino que ofrece imaxes en directo do fondo do mar. Antes de comezar recibimos a visita do alcalde.

  

Clica para ver máis fotos.

Chegada a Santiago

 CLICA PARA VER MÁIS FOTOS.

O alumnado de 5º e 6º do centro, traballou arreo para coñecer o tramo galego do camiño francés, traballo mural que en breve poderedes visitar no andar superior do colexio, e participou camiñando da experiencia dende o Monte do Gozo, visitando a catedral, pasando pola Porta Santa... e pasou un día de convivencia moi agradable en compañía das súas titoras e profesorado de apoio.  VÍDEO CONTADO POR ELES E ELAS.

Procedemento de escolarización extraordinaria

Dende o día 27 de abril as novas solicitudes de admisión de praza tramitaranse como Procedemento de escolarización extraordinaria conforme ao artigo 16 do DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro.

Deberán facerse chegar á Comisión de escolarización a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (presencial ou en sede electrónica)

Clica nos dous modelos a entregar: AnexoIII  e  Anexo IIIbis

Recomendacións sobre o uso da máscara no colexio.

Falade cos vosos fillos e fillas para que entendan e sigan as pautas que lles digades, pensade que a máscara non é obrigatoria nuns casos (ler abaixo o real decreto) pero debemos seguir con todos os coidados para que o sacrificio conxunto siga a cumprir co seu obxectivo de coidar a nosa saúde. 

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ENTORNO EDUCATIVO. CLICADE.

ESPECIAIS RECOMENDACIÓNS DO GRUPO COVID PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

RECOMÉNDASE LEVAR A MÁSCARA POSTA NOS SEGUINTES CASOS:

1.- Nos momentos de entrada/saída do centro e baixada/subida ao recreo, dada a dificultade de manter a distancia de seguridade polo gran movemento de persoas de diferentes grupos.

2.- Ante a ausencia de síntomas, pero ter relación estreita con parentes e/ou coñecidos enfermos de COVID.

3.- Ante a ausencia de febre, pero evidencia de síntomas leves como tose, mucosidade, esbirros... da procedencia que sexan,  para evitar contaxios indesexados.

 Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19. 

 

Adenda para a actualización dos criterios de promoción no curso 21-22

Actualización dos criterios de promoción do centro, segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. CLICA

Campaña de recollida de alimentos ata o 25 de marzo

Resultado da campaña de recollida de alimentos no centro. Parabéns á magnífica comunidade escolar, por toda a axuda recibida!! 

  

  

 Scolarest, o noso provedor do servicio de alimentación do comedor, firmou fai uns meses con FESBAL (FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BANCO DE ALIMENTOS) un convenio para axudar aos máis vulnerables. O compromiso trata de duplicar todo o donado.

CLICADE PARA LER O COMUNICADO COMPLETO DA EMPRESA DO COMEDOR.

 

Alimentos:

Leite, aceite, pasta, arroz, legumes, galletas e cereais.

Queremos axudar tamén de xeito eficaz á poboación Ucraína, seguindo o comunicado conxunto da Xunta de Galicia con moitas entidades reunidas en Santiago o día 7 de marzo do 2022. CLICA

Ao chegar A 1º HORA o alumnado deixará o que traia na entrada principal do centro (alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º) o alumnado de 3º e 4º o fará entre o comedor e a dependencia que usa a ANPA.

Luns 28 de marzo é día non lectivo, toca fin de semana de festa e cultura en Vigo.

O luns 28 celebramos a Reconquista de Vigo, trátase dunha festividade local con moitas actividades culturais. Clica para ter máis información dos actos. 

Coñece a Reconquista de Vigo. Vídeo1, Vídeo2

Nova recomendación de uso da máscara no exterior do centro.

Non hai cambios no protocolo covid no interior do colexio. Ler abaixo a nova recomendación para o exterior, é dicir, nos momentos no que o alumnado está nos patios. Pensade que é importante que as máscaras estén ben coidadas para volver poñelas e que non se estraguen. Traede sempre unha de reposto na mochila. Obrigatorio para os de comedor.

Imaxe do grupo gañador do 2º premio pola igualdade co seu cartel

O alumnado de 5ºB elaborou un cartel para o concurso do 8M, día da muller, e resultou gañador do 2º premio.

Mestra organizadora Elena González Domínguez

 VER TODOS OS CARTEIS.

 Todos os participantes do premio de carteis da Consellería de Emprego e Igualdade do día 8 de marzo, día da muller.

Contactos estreitos COVID 19 no ámbito educativo

Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud  chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do 7/3/22:CLICA.

Feliz entroido a toda a comunidade escolar.

A partir do día 1 de marzo comeza o periodo de admisión. Clica para ler máis.

O día 8 de marzo temos a última xornada de portas abertas, anotádevos!!

Organización do venres 25 de febreiro, actos do entroido

Organización aproximada dos actos do entroido do venres día 25 de febreiro.

Estaremos en directo dende o facebook da biblioteca. 

Comunicádeos por teléfono ou ao correo electrónico se tedes algunha dúbida e/ou precisades ter máis información. Feliz entroido!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut