Skip to Content

Postais de Nadal premiadas neste curso 2020-21.

Persoas gañadoras das postais de Nadal.

(Das seis postais gañadoras, unha por ciclo viaxará ás vosas casas)

Os/as artistas reciben un detalliño con todo agarimo polo esforzo e a creatividade amosada.

Clicade sobre a imaxe para ampliala.

O Nadal é tempo de agarimo, paz... e os mellores desexos.

Achégase o Nadal e o aninovo 2021!!

 Estamos coa ilusión de velo chegar para que traia o agasallo de vernos libres do virus, e todas aquelas cousas materiais e inmateriais que precisamos.

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ou diferentes capacidades

Todo o alumnado colaborou contando o que lle fai diferente, deixando a súa aportación neste arco da vella.

O que queríamos era facer pensar ao alumnado que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos nalgún momento das nosas vidas podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permamente, e a sociedade debe estar preparada para asumilo e vivencialo con normalidade, integrando todas as realidades nunha sociedade aberta e acolledora.

BAIXO O MESMO PARAUGAS...  O Fleming no ARCO DA VELLA.

Sumámonos, con esta aportación, ao lema deste ano de 85 entidades galegas. Vídeo chulísimo elaborado por eles. Clica

Distribución das máscaras

Encargadas as máscaras, tan pronto cheguen o comunicaremos para entregalas.

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 

* Prazo de presentación da solicitude 14/11/2020 - 26/11/2020
Alumnado destinatario

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

LER A ORDE

As solicitudes presentaranse presencialmente no centro, e o formulario estará dispoñible nese prazo no centro docente ou  en sede. ModelED330E

 

Organización visual da entrada.

 O alumnado coa máscara posta accederá ás aulas pola porta indicada, e practicará o acceso de xeito ordeado desinfectando as mans e mantendo a distancia de seguridade.  

entrada

Uso de máscara para o acceso ao centro.

  

Para entrar no colexio hai que traer posta a máscara. Empregar o xel da entrada e manter a distancia de seguridade.

As familias comunicarán as faltas de aistencia ao profesorado titor e as de comedor ao centro por correo electrónico. 

Tamén pode empregarse a mensaxería Abalar.

PÓDESE ACCEDER Á SECRETARÍA (fora das entradas, saídas e movementos do alumnado polo centro) PARA:

Entregar/recoller os certificados, historiais, informes, etc que se precisen, previo aviso por escrito ao correo do colexio. Evitando todo o posible a circulación polas entradas.

Pasar a entregar/recoller aos seus fillos e fillas. 

Ánimo, que xa falta menos para vernos!!... toca organizar as tarefas do 3º trimestre.


Todos e todas quedamos na casa para deixar traballar aos profesionais que coidan de nós, pero podemos compartir emocións, debuxos, vídeos...

Seguídenos nos blogs!!

En cada blog están os correos do profesorado para entregar as tarefas, solicitar axuda coas dúbidas ou o que precisedes.

Tarefas de 1º

Tarefas de 2º

Tarefas de 3º

Tarefas de 4º

Tarefas de 5º

Tarefas de 6º

Tarefas de inglés

Tarefas de música

Tarefas do Refórza-T

Neste 3º trimestre repasaremos e afianzaremos o traballado na 1º e 2º avaliación, polo que o alumnado pode recuperar as materias suspensas. Terá a oportunidade de facelo entregando correctamente os traballos solicitados polo profesorado titor e/ou especialista, e deste xeito poderá xustificar a superación destas aprendizaxes e polo tanto a avaliación negativa. Os contidos novos que se incorporen neste trimestre terán valor positivo, é dicir, para redondear ou subir as notas.

Xestión das axudas de comedor de Consellería.

PECHADO O PRAZO.

Axudas de caracter directo para as familias. (Días de suspensión)

Para alumnado de gratuidade total, axuda de 2,50 € por día. 

Para alumnado (que paga 1 €), axuda de 1,50 € por día.

CLICA PARA LER A ORDE.

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

Que facer se non se pode entrar na sede:

1º cubrir completamente e correctamente o pdf de abaixo.

2º darlle a imprimir para gardar o pdf cuberto

3º enviar ese pdf cuberto ao correo do colexio, cep.fleming@edu.xunta.es  para que o subamos no prazo. 

Código de procedemento ED601B 

Estará activo dende o día 31 ata o 6 de abril

Consulta dende a aplicación Abalar da Consellería.

 Podedes ver faltas, notas... no móbil descargando a app abalarMóbil.

Clica para acceder á máis información.

 Se algunha persoa ten algún problema coa aplicación, ou calquera incidencia importante, que envíe un correo ao centro coa acreditación correspondente (nome, dni do solicitante, e nome do neno ou nena co curso e letra) e iremos contestando o máis axiña posible. 

Día da muller, 8 de marzo

O alumnado do Fleming, celebra o día 8 de marzo, día da muller, segundo o recollido no plan de igualdade do centro, porque hai que dar pasos firmes e decididos cara a liberdade en sentido moi amplo, os dereitos laborales, melloras na dependencia e a conciliación familiar... para que as mulleres poidan ter a vida que desexan como o resto das persoas, sen distinción de xénero... non se pide nen máis nen menos.

Queda moito percorrido e precisamos un enfoque educativo, legal, social... tamén a nivel internacional, para todas as mulleres do mundo. Xuntos da man, homes e mulleres acadaremos a igualdade para todos e todas.

No mural inferior alumnado dunha aula deseñou unha careta, que podería levar posta para apoiar a loita deste día, que lembra o que necesitamos conseguir. Pasade polo colexio a ler e non dintinguiredes se o fixo un neno ou unha nena.

Entroido 2020 no Fleming

Volvemos o xoves 27 de febreiro, logo do periodo de entroido. Para ver as datas de descanso, clicade no apartado CALENDARIO ESCOLAR.

O luns 17 comeza a Semana do Entroido 2020, onde cada día podemos seguir as mensaxes do meco e a meca.

O venres 21 pola mañá terá lugar o pequeno desfile cultural onde a creatividade dos grupos dos diferentes niveis porán cor, diversión e creatividade ao noso proxecto de igualdade.... e logo pola tarde, teremos a festa da ANPA, preparádevos!!

Se hai tempo de cociñar... poderemos facer co alumnado os postres típicos destas datas.

PARA LER MÁIS NO BLOG DAS TIC, CLICA.

Requisitos do alumnado participante no REFÓRZA-T

Temos dos dous grupos de 15 nenos e nenas cada un, e alumnado en lista de espera. Logo da reunión do día 21 infórmase ás familias de que poderá ser dado de baixa o alumnado que non cumpla os 3 requisitos.

Requisitos para formar parte do grupo de Refórza-T. O equipo docente pode propor cambios no alumnado se non se cumplen estes 3 puntos.

1.- Asistir ás clases. Con faltas da cuarta parte das horas do mes darase de baixa.

2.- Ter interese e manter o esforzo para adquirir un hábito de traballo.

3.- Manter unha convivencia axeitada para facilitar o traballo do grupo.

LUNS  e MÉRCORES  

16:00 a 18:00h

Alumnado de  5º e 3º

MARTES  e  XOVES

16:00 a 18:00h

Alumnado de  6º e 4º

Coidamos o ambiente eliminando o refugallo.

O mércores 8 de xaneiro volvemos ao colexio, e retomamos o obxectivo de coidar do medio ambiente: Evitar o refugallo das merendas. Clica para acceder ao documento.

Distribuir contido


by Dr. Radut