Skip to Content

O mago Cali no colexio.

O alumnado de 1º e 2º puido descubrir a maxia... no propio colexio.

Charla para 4º "Solidariedade en sociedade"

A compañeira do colexio María Salinas e Berto Pirata, conversan co alumnado de 4º para sensibilizalo sobre a importancia da solidariedade. Valor moi importante na sociedade.

O alumnado de 1º visita a Fundación Sales.

O día 23 de maio dous grupos de 1º curso e o día 24 os outros dous grupos van á Fundación Sales a coñecer diferentes especies de plantas e árbores, algunhas traídas do Xapón. Abaixo na foto véselles dando un paseo entre o bambú...

Tamén plantaron unha leituga cada un, nunha maceta.

CLICA PARA VER AS FOTOS MÁIS GRANDES.

O alumnado de 5º recibe á escritora María Canosa.

O alumnado de 5º curso traballa este curso o libro Muriel, Premio Merlín de Literatura Infantil no 2017 e recibe con moito agarimo á súa escritora María Canosa.

Abaixo pode verse unha pequena exposición dos traballos elaborados.

 

Para acceder a máis contido que publica a nosa biblioteca CLICA. 

Visita á vila romana de Toralla e dunas do Vao.

O alumnado de 5ºC e 5ºD visitan a vila romana de Toralla e coñecen as dunas do Vao.

Clica para saber máis.

Para ver máis fotos e máis grandes. CLICA.

Visita a Vitrasa.

O alumnado de 3º, visita as instalacións de Vitrasa.

Para ver máis fotos e moito máis grandes.CLICA.

Lectura conxunta de todo o alumnado, polo día do libro.

O día 23, día do libro, é unha celebración moi querida e potenciada dende o colexio.

O noso alumnado de cursos superiores participa de xeito activo e individual  na lectura dun conto ao alumnado apadrinado, e logo elaboran unha actividade conxunta na que se traballan aspectos de comprensión, valores democráticos e artísticos.

Resultando un encontro cultural e afectivo nun contexto de convivencia.

Tivemos de invitada especial a Susa Herrera.

  

Música, xogo, contos e moito movemento, para participar tanto o alumnado, coma o profesorado con Susa Herrera

O alumnado de 1º, 2º e 3º estivo presente na actividade o venres 6 de abril.

Entrega do galardón de Vigués Distinguido 2018 polo noso alcalde.

Entrega dos galardóns de vigués distinguido aos colexios públicos Fleming e Canicouva. Imaxe dun momento do acto.

Máis información no ATLÁNTICOFARO DE VIGO. LA VOZ DE GALICIA

 

Nomeamento de Vigués Distinguido para o colexio Fleming.

NOTICIAS RELACIONADAS:

PREMIO VIGUESES DISTINGUIDOS. CLICA

 

Aprobación das distincións. CLICA

Reconquista de Vigo. CLICA

Entrevista Atlántico. CLICA

Entrevista Faro de Vigo. CLICA

Actividade: A ópera e a zarzuela van ao colexio.

Todo o alumnado de 1º a 4º puido cantar un pouco nesta actividade.

Mirade algunha imaxe máis na GALERÍA para darvos unha idea...

Arriba á esquerda, clicade na imaxe para ver vídeo de algún alumnado de 1º preparando as voces.

Saída do alumnado de 5º ao museo de Pontevedra.

Clica nas fotos para velas máis grandes.

Saída do alumnado de 6º aos museos de A Coruña.

 

Á esquerda está a foto de 6ºC e 6ºD,  e á dereita a foto dos grupos de 6ºA e 6ºB. A coruña, 6 de marzo do 2018

CLICA nas fotos para velas máis grandes. 

Para ver máis fotos. CLICA.

Desfile de entroido.

Este ano o entroido estivo cheo de virus, bacterias, científicos, especialistas en diversos campos da sanidade, menciñas e ata houbo un cambio de garda que sorprendeu a todos... Todo dentro do proxecto "O doutor Fleming e a ciencia".

Clica para ver algunha foto na galería.

Entroido 2018

O luns 5 comeza a preparación para o entroido 2018 coas mensaxes do meco, dentro do proxecto "O doutor Fleming e a ciencia". Se clicades na imaxe dos mandatos podedes ampliala un chisquiño máis.

O venres 9 teremos no colexio o desfile dos diferentes cursos coas súas temáticas.

Distribuir contido


by Dr. Radut