Skip to Content

Lectura conxunta de todo o alumnado, polo día do libro.

O día 23, día do libro, é unha celebración moi querida e potenciada dende o colexio.

O noso alumnado de cursos superiores participa de xeito activo e individual  na lectura dun conto ao alumnado apadrinado, e logo elaboran unha actividade conxunta na que se traballan aspectos de comprensión, valores democráticos e artísticos.

Resultando un encontro cultural e afectivo nun contexto de convivencia.

Tivemos de invitada especial a Susa Herrera.

  

Música, xogo, contos e moito movemento, para participar tanto o alumnado, coma o profesorado con Susa Herrera

O alumnado de 1º, 2º e 3º estivo presente na actividade o venres 6 de abril.

Entrega do galardón de Vigués Distinguido 2018 polo noso alcalde.

Entrega dos galardóns de vigués distinguido aos colexios públicos Fleming e Canicouva. Imaxe dun momento do acto.

Máis información no ATLÁNTICOFARO DE VIGO. LA VOZ DE GALICIA

 

Nomeamento de Vigués Distinguido para o colexio Fleming.

NOTICIAS RELACIONADAS:

PREMIO VIGUESES DISTINGUIDOS. CLICA

 

Aprobación das distincións. CLICA

Reconquista de Vigo. CLICA

Entrevista Atlántico. CLICA

Entrevista Faro de Vigo. CLICA

Actividade: A ópera e a zarzuela van ao colexio.

Todo o alumnado de 1º a 4º puido cantar un pouco nesta actividade.

Mirade algunha imaxe máis na GALERÍA para darvos unha idea...

Arriba á esquerda, clicade na imaxe para ver vídeo de algún alumnado de 1º preparando as voces.

Saída do alumnado de 5º ao museo de Pontevedra.

Clica nas fotos para velas máis grandes.

Saída do alumnado de 6º aos museos de A Coruña.

 

Á esquerda está a foto de 6ºC e 6ºD,  e á dereita a foto dos grupos de 6ºA e 6ºB. A coruña, 6 de marzo do 2018

CLICA nas fotos para velas máis grandes. 

Para ver máis fotos. CLICA.

Desfile de entroido.

Este ano o entroido estivo cheo de virus, bacterias, científicos, especialistas en diversos campos da sanidade, menciñas e ata houbo un cambio de garda que sorprendeu a todos... Todo dentro do proxecto "O doutor Fleming e a ciencia".

Clica para ver algunha foto na galería.

Entroido 2018

O luns 5 comeza a preparación para o entroido 2018 coas mensaxes do meco, dentro do proxecto "O doutor Fleming e a ciencia". Se clicades na imaxe dos mandatos podedes ampliala un chisquiño máis.

O venres 9 teremos no colexio o desfile dos diferentes cursos coas súas temáticas.

Inicio do Programa TEI para 3º e 5º no Fleming

 

A reunión informativa para as familias terá lugar no salón de actos.

As familias de 5º o martes 30 de 17:00 a 18:00 h.

 As familias de 3º o martes 30 de 18:00 a 19:00 h.

CLICA PARA VER AS FOTOS DO PROGRAMA.

A saída do día 10 de xaneiro aos museos coruñeses queda suspendida.

Lamentamos as molestias.

A nova data é o 6 de marzo.

Postais gañadoras por curso.

Postais gañadoras por curso, unha delas é a que viaxou ás casas das familias portando todo o cariño e os mellores desexos para estas datas. Non puido sair na foto o gañador de 2º,  Yago Díaz Pérez. 

Aula do pasado.

O alumnado de 5ºB e 5ºC estivo no Verbum de Vigo coñecendo " A aula do pasado".

Iniciativa do 25 aniversario de FOANPAS.

Para ver as fotos da actividade, CLICA.

Unha aperta especial para os antigos directores de colexios públicos que participaron nesta iniciativa: Félix Álvarez, Carlos Álvarez, Jose Luís Santalices e Luís Barbosa. Graciñas compañeiros!!

Afondando no coñecemento das abellas.

O alumnado de 2º curso visitou o día 3 de novembro Apípolis, para mellorar o coñecemento sobre o medio natural e valorar a importancia de todos os seres vivos.

Completa a información nos blogs do profesorado deste curso. CLICA 2ºA

Alento na rúa.

O día 26 de outubro os grupos de 5ºB e 5ºD participan nunha actividade na Praza do Rei, impulsada por Alento, asociación do dano cerebral ubicada en Vigo.

Dentro da semana do dano cerebral do 23 ao 30 de outubro, chea de actividades de información e sensibilización para que se coñeza esta realidade.

 

CLICA PARA VER MÁIS FOTOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut