Skip to Content

Dependencias

Clases de EF do Fleming na instalación de Romil para cando.

 

Na imaxe está a zona de educación física que o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Fernández, adxudica para uso do Fleming na instalación de Romil, logo de comunicar que a parte inferior está cedida a unha empresa e é complicado mover as cousas, polo que non podemos compartila en horario de mañá, xa que pode haber problemas de seguridade.

Ver como está a zona actualmente. 

A finais do curso 20-21, logo de aceptar o que será o noso espazo, entramos nesa parte superior mentras dábamos por feito que se estaban a solucionar os problemas de seguridade, que amosaremos abaixo, que foron tratados co citado Concelleiro nunha reunión na propia instalación na que tamén estaban os técnicos de deportes e o profesorado... pero todo quedou parado, a día de hoxe sen novas e comprobando que o Concelleiro de Deportes non está a facer nada, o profesorado definitivo do colexio comunica ao Claustro que dará clase ao aire libre ata que se arranxen os problemas, medida que foi informada pola dirección ao Consello Escolar o día 5 de outubro para procurar conxuntamente dunha solución satisfactoria.

En xeral hai varios aspectos a mellorar:

Perigos na entrada. Un dos primeiros problemas está no movemento de 25 nenos e nenas na subida. Se clicades nas imaxes veredes mellor o percorrido da fila no que un/unha mestre/a de EF que vai no inicio da mesma non pode ver que fai o alumnado nese desprazamento, o que nos leva a valorar que a varanda de cristal é baixa e que este peche das bancadas non é moi axeitado para frear os xogos de persoas dunha idade entre os 6 e os 12 anos, que non ven perigo por ningures.  

    

Tamén se comenta que as columnas da zona central de movemento e xogo, brancas como todo o espazo, deben ser mellor sinalizadas para que non tropecen con elas.

Outro problema importante é o dos saíntes das xanelas de aluminio e das paredes de cristal, que pode abrir a testa de calquera que vaia correndo e caia sobre elas.

 

O Fleming está preocupado porque aumenta o malestar de toda a comunidade escolar... seremos quen entre colexio, familias, políticos e técnicos de dar unha solución a este problema?  

 

Primeira pedra do pavillón de Romil

Hoxe colocouse a 1º pedra do desexado pavillón de Romil.

Para ler máis...  no Atlántico Diario, CLICA.

No Xornal do Concello de Vigo, CLICA

Na Voz de Galicia. CLICA

No Faro de Vigo. CLICA

NO COLEXIO ESTAMOS CON MOITA ILUSIÓN, Á ESPERA DA MELLOR E MÁIS SEGURA OPCIÓN TÉCNICA, PARA CONECTAR O CENTRO CO PAVILLÓN.

Distribuir contido


by Dr. Radut