Skip to Content

Calendario escolar 2022-23

ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

CLICA para ver o noso calendario. Aprobado polo Consello Escolar  o día 2 de maio como non lectivo neste curso escolar.

 Inicio das clases e comedor o 8 de setembro

Premios da portada da nova revista escolar Esquío.

As persoas gañadoras da portada da revista escolar do colexio, Esquío nº25, posando con Noelia, a xefa de estudos, na entrada do centro.

 Esta revista conta coa magnífica colaboración da ANPA, que fai que ano a ano chegue a todos os fogares.

Os traballos gañadores (están na orde visual da colación do alumnado na foto). Parabéns polo traballo!!

Letras galegas no Fleming

Amosamos a estupenda celebración das letras galegas co alumnado.

Achégase o día 23 de abril, día do libro.

Na entrada temos a información do concurso.

 

O día 23 de abril celebramos o día do libro, con diferentes actividades.CLICA.

Recollida de datos de convivencia. Do 12 ao 29 de abril.

O luns 12 enviaremos os códigos para cubrir os datos na aplicación de convivencia. CLICADE PARA ACCEDER aos enlaces.

Trata a natureza e a cultura sempre co máximo respecto!!

 

Estimadas familias, sabedes que temos uns pequenos xardíns, moi pequenos, que temos que coidar para poder compaxinar o disfrute co respecto polas obras de arte e a natureza.

Na entrada temos o xardín do MANANTÍO. Obra de Raúl Comesaña. Clica no texto inferior para coñecer este canteiro de Vigo. 

 

Coma sempre contamos coa vosa axuda para conseguilo, polo que deixamos estas imaxes, como ideas para que tamén faledes en casa. Se todos incidimos no mesmo, coidar de non pisar/arrincar as plantas, respectar a fonte... acadaremos o obxectivo con moita facilidade. Temos un alumnado moi xeitoso, pero as veces precisa que lles lembremos como coidar os espazos.

Persoas gañadoras do reto matemático de 6º

Persoas gañadoras do reto matemático individual de 6º, o resto dos niveis o fixeron en formato grupal.

Aparecen na imaxe Elena e Chus, dúas das mestras deseñadoras das actividades da quincena matemática dentro do equipo dinamizador de biblioteca. Clica na imaxe para ampliala.

Máis información no blog da biblioteca. Clica para coñecer os retos.

Actividade do Parque Nacional das Illas Atlánticas con visita especial hoxe no centro.

Dous grupos do colexio tiveron hoxe a visita do director do Parque Nacional e da delegada territorial da Xunta en Vigo, dentro das actividades didácticas programadas nesta semana. Neste curso escolar as actividades son realizadas nas aulas.

Admisión do alumnado para o curso 21-22

 Postos escolares ofertados.

NIVEL EDUCATIVO  (PRIMARIA)

1º CURSO

2º CURSO

3º CURSO

4º CURSO

5º CURSO

6º CURSO

 12 libres e 10*

10

0

4

5

0

 * Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no capítulo V da Orde do 12 de marzo de 2013).

 Podedes ler este documento visual para coñecer ou visualizar os aspectos básicos do colexio, en horario de 13:00 a 14:00h poderedes chamar para informarvos daquelo que non vos quedou claro. Non haberá portas abertas!! CLICADE NA IMAXE.

Presentar o formulario asinado no centro de orixe (prazo reserva), ou no primeiro centro elixido (prazo admisión) entrade a través da aplicación: 

 https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  

Normativa reguladora do procedemento de admisión

A admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato está regulada no Decreto 254/2012, do 13 de decembro, e na Orde do 12 de marzo de 2013, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017.

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

Unhas fotiños...

 O resultado do noso entroido galego... Graciñas a todos e todas por participar!!

Cigarróns de Verín

Merdeiros de Vigo

Madamas e galáns

Volantes de Chantada

 

Bonita de Sande

 

Boteiros de Viana do Bolo

Entroido galego no Fleming o día 12

O venres 12 contamos poder facer vídeo en directo do desfile aula a aula, do noso entroido galego.

Horario estimado:

• Primeiro: 9:30h Cigarróns de Verín

• Segundo: 9:50h Merdeiros de Vigo

• Terceiro: 10:10h Madamas e Galáns

• Cuarto: 10:30h Volantes de Chantada

• Quinto: 10:50h Bonita de Sande

• Sexto: 12:30h Boteiros de Viana do Bolo

 

Precisades entrar no facebook e atopar "Xiralibro No Fleming" solicitade amizade e o tedes feito.

Se detectades algo incorrecto, ou algo que deba eliminarse ou pixelarse, avisádeo ao correo do colexio. 

O correo é cep.fleming@edu.xunta.gal

Achégase o entroido galego no Fleming.

 E o venres 12 disfraces galegos... desfile aula a aula, sen festa conxunta.  

Mensaxes do meco e a meca para a semana do día 8 ao 12:

Para a semana ben comezar, algo na cachola terás que levar.

Se o martes non te queres vestir, non te preocupes, en pixama podes vir.

O mércores para molar, zapatos distintos has de calzar.

O xoves para causar gran impresión, trae un disfrace que mole mogollón.

O día 18 de febreiro, toca volta do ENTROIDO.

Visita dos Reis Magos ao colexio...


Vídeo da visita dos Reis Magos ao colexio.

Moitas grazas a nosa querida ANPA, que fixo as pescudas para que puidesen pasar os Reis Magos cunha pouquiña antelación.

E xa fixeron un adianto dos agasallos aos nenos e nenas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut