Skip to Content

25N no Fleming

Este ano cada neno e nena decorou unha pluma da cor que lle tocaba por nivel, dentro do proxecto do centro "Un mundo de cor" e con todas elas fixemos unhas ás para voar. A idea é loitar unidas para que todas as nenas e as mulleres poidan vivir nun mundo sen violencia (o que estamos a lembrar no 25N) coa axuda dos nenos e homes da nosa comunidade, facendo entre todos visible este problema para poder eliminalo da sociedade canto antes.

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

 

Magosto 2022


Outro ano no que nos xuntamos para celebrar un día de convivencia con castañas, mandarinas e xogos populares. Este ano foi o 11 de novembro, data tamén salientable polo San Martiño. No colexio tivemos ao castañeiro que asou as castañas para todo o centro, e aproveitamos a ocasión para facer diversas actividades culturais relacionadas con esta data nas aulas.  

Para saber máis da festa do magosto, clica.

Entrega dos vales extra de 25 euros a partir do martes 18 de outubro

A partir do día 18 de outubro entregaremos os vales extra de 25 euros.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

LIBRERÍAS/ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

Aprobada a Programación Xeral Anual.

 

A programación xeral anual, coñecida como a PXA, foi aprobada polo Claustro e Consello Escolar o día 11 de outubro do 2022, e recolle a organización do centro e das actividades para o curso académico 2022-23.

CLICA  PARA LER.

Nesta data tamén se aproba a elección do día 2 de maio como non lectivo.

Ver calendario 22-23.   

Reunións xerais coas familias para a organización do curso 22-23

Reunións xerais coas familias.  

Día da reunión:

Hora

A reunión comeza co profesorado especialista e sigue na aula coa persoa titora.

MARTES 13 de setembro

16:30h

4º Usos múltiples

MARTES 20 de setembro

16:00h

2º Usos múltiples

16:30h

3º Usos múltiples

MARTES 27 de setembro

16:00h

1º Usos múltiples

17:00h

5º Usos múltiples

17:30h

6º Usos múltiples

Entradas e saídas no curso 22-23

Respectade e axudade a que o alumnado de 1º a 4º esté na súa fila, respectando o espazo dos nenos e nenas, e supervisando dende a distancia.

Deixade  a beirarrúa ao redor do colexio despexada para facilitar o paso.

GRUPO

ENTRADA

SAÍDA

SAÍDA COMEDOR

5º e 6º

9:00

14:00*

Ata 15:55*

 CLICA

INSTALACIÓN DEPORTIVA CARA AO PATIO1 

INSTALACIÓN DEPORTIVA CONCELLO

Poden marchar despois de comer.

RÚA Ourense/Romil 

3º e 4º

9:00

14:00

Ata 15:55

CLICA

RÚA OURENSE

RÚA OURENSE

RÚA OURENSE patio2

1º e 2º

9:00

14:00

Ata 15:55

CLICA

Entrada principal 

Entrada principal

PATIO1

 

     

 

*O alumnado de 5º e 6º pode saír só se o autorizades. Valorádeo e faládeo con eles ou elas para poñer hora de chegada a casa.

Ata o día 1 de setembro. Feliz descanso e boas lecturas!!

Vémonos en setembro en horario de 9:00 a 14:00h.

A partir do día 1 iremos poñendo as novas salientables para a posta en marcha do novo curso 2022-23. O alumnado comeza as clases e o comedor o día 8 de setembro. 

Esquema do calendario escolar 22-23

Prazos de entrega importantes.

 A secretaría estará aberta para a entrega de vales de libros de 1º e 2º curso e material (todos os cursos) ata o mércores día 13 de xullo.

LIBROS PARA OS DIFERENTES CURSOS.

Publicado o fondo definitivo de libros. Podedes velos de xeito electrónico ou na entrada interna superior.

Os libros do fondo son de préstamo, e serán entregados en setembro. Os funxibles deben ser mercados polas familias. En 3º e 5º repartiremos os libros novos (nova lei educativa) polo que non hai existencias para aqueles que non lle corresponde por renda.

Non merquedes os libros que hai aviso de non mercar, haberá para todos (fixeran ou non a solicitude de libros) e poden haber mudado de ISBN.

    

 ACCESO Á INFORMACIÓN DAS BECAS.

Hoxe un día de despedidas e moitas alegrías...

Gracias a toda a Comunidade Escolar por un curso cargado de experiencias.

Parabéns a todo o alumnado de 6º que marcha para o instituto deixando un agradable e superespecial recordo do seu paso polo Fleming. 

Na foto o alumnado das catro aulas de 6º que destaca no rendemento. 

Premios Eduemprende 21-22

Entrega no día 21 de xuño, dos premios de grupo e  individuais da actividade Eduemprende.

O alumnado participante foi o de 5º de Primaria. Na foto os premiados na entrega en Santiago.

  

O grupo do Fleming

Enlace á resolución da Consellería.

Aprendendo a salvar vidas no Fleming.

  

  

O alumnado de 6° participou nun obradoiro sobre RCP a cargo dun equipo médico do CHUVI (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo). O obradoiro constou de dúas partes: unha presentación de contidos e a súa posta en práctica. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!

Estupenda convivencia co alumnado de 5 anos de Vilalaura

Hoxe 17 de xuño retomamos a visita do alumnado de 5 anos de Vilalaura ao colexio, para afacerse coas instalacións nas que estarán os  primeiros anos no Fleming. O misterio o puxo o alumnado de 1ºC coa obra "Dez gatiñas viaxeiras" e o toque musical coas Tanxugueiras, o alumnado de 5º.

Unha xornada de convivencia estimulante e moi agarimosa para os dous centros. Benvida nenos e nenas!!

  

 

Saída á Illa de San Simón

Nestes días aproveitamos para coñecer un lugar con moita historia. A Illa de San Simón. Para saber máis deste lugar.

Clica para ver máis fotos.

Folla de actualización de datos para o curso 2022-23

O día 1 de xuño enviaremos as follas de actualización de datos.

Folla amarela no plástico

Para mellorar a organización da entrega na secretaría, propoñemos un día por nivel para as familias que desexen achegarse ao centro. O propio neno ou nena poderá tamén entregala no día indicado. 

Día 6

Día 7

Día 8

Día 9

Día 10

Alumnado de 5º

Alumnado de 4º

Alumnado de 3º

Alumnado de 2º

Alumnado de 1º

 

Despedida de 6º no auditorio do Concello de Vigo

          

   

    

   

Distribuir contido


by Dr. Radut