Skip to Content

AVISO IMPORTANTE: FALTA PRAZAS NO IES DO CASTRO

Debido á falta de prazas no IES do Castro, o alumnado que solicitou a reserva deberá pasar ao proceso de admisión, polo que deberán presentar a solicitude de admisión no prazo de 1 ao 20 de marzo.

Se o número de solicitudes de admisión segue ser maior ao número de prazas, abrirase un prazo de 5 días (despois do día 20) para presentar a documentación para proceder á baremación.

Tedes o modelo de solicitude adxunto (PRESENTAR NO IES):

SOLICITUDE ADMISIÓN

DESFILE DE ENTROIDO

O VENRES DÍA 9 DE FEBREIRO TEMOS PROGRAMADO FACER UN DESFILE POLO BARRIO ACOMPAÑADOS DO ALUMNADO DA EEI VILA LAURA. TEMOS A AUTORIZACIÓN DO CONCELLO E CONTAMOS CO APOIO DA POLICÍA LOCAL. 

ESTAMOS PENDENTES DA PREVISIÓN METEOROLÓXICA E ESPERAREMOS AO MESMO DÍA PARA VER SE PODEMOS LEVALO A CABO OU NON.

NO CASO DE TER QUE SUSPENDELO, FAREMOS UN PEQUENO DESFILE CO ALUMNADO NO PROPIO CENTRO.

ESPEREMOS QUE O TEMPO NOS ACOMPAÑE!

 

Na seguinte imaxe podedes ver o percorrido

 

 

NOVA DATA XORNADA PORTAS ABERTAS

AMPLIAMOS OUTRA DATA PARA AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA FACILITAR QUE AS FAMILIAS VEÑAN A COÑECER O NOSO CENTRO E O NOSO PROXECTO EDUCATIVO.

AS DATAS SERÁN O 27 DE FEBREIRO E O 5 DE MARZO, ÁS 16:30

MANDATOS DO MECO

 xa está aquí. A partir do vindeiro luns día 5 comezamos coa celebración do  no CEP Dr Fleming. A Máquina do Tempo, o noso meco, xa nos  ten os mandatos...

 

 

 

 

Día Escolar da Non Violencia e a Paz no Fleming

Celebrando O Día Escolar da Non Violencia e a Paz no Fleming

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. O alumnado elaborou un muro con ladrillos con frases relacionadas coa Paz e Pombas con palabras que inspiren valores positivos.

O propio día fixemos o acto no patio onde o alumnado bailou e cantou a canción de Macaco "Una sola voz".

   

 

E tamén salimos na prensa (Atlántico Diario 31-01-24).

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE

O NOSO COLEXIO VAI PARTICIPAR NO PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE. 

A PARTIR DO DÍA 24 COMEZAMOS COA FROITA (PLÁTANO E MANDARINA) QUE DURARÁ 10 DÍAS.  NO MES DE FEBREIRO TEREMOS OS DÍAS DO LEITE.  

XORNADA GASTRONÓMICA FRANCESA

 

O XOVES DÍA 25 CELEBRARASE NO SERVIZO DE COMEDOR A XORNADA GASTRONÓNICA "PARÍS".

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO DE ADSCRICIÓN

AVISO IMPORTANTE:

ABERTO O PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

O alumnado de 6º EP deberá facer a reserva do IES do Castro no noso centro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 Poden consultar o manual para as familias no seguinte enlace:

MANUAL PARA AS FAMILIAS

Protocolo uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos

A Consellería ven de publicar a Orde que regula o uso  dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos (Orde de 4 de xaneiro de 2024) e na que se establecen as seguintes pautas para o seu uso:

 

RECOMENDACIÓNS ORIENTACIÓN

Nestas datas dende o Departamento de Orientación queremos recomendar estes xogos para traballar a atención e que ademais son moi divertidos para xogar en familia. 

Bo Nadal

FELICITACIÓN NADAL CEP Dr. FLEMING

O EQUIPO QUE FORMAMOS O CEP Dr FLEMING QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL.

GAÑADORES DO CONCURSO DE COMEDOR

ESTOS SON OS GAÑADORES DO CONCURSO DE RECEITAS NAVIDEÑAS.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

ESTAS SON AS POSTAIS FINALISTAS DO CONCURSO DE NADAL. FOI MOI DIFÍCIL A ELECCIÓN XA QUE TEMOS UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS. GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR.

    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut