Skip to Content

AVISO COMEDOR

Xa están colgadas as listas do alumnado admitido en comedor. O alumnado NON admitido (non zona) será avisado unha vez queden prazas.

Importante: o alumnado que o primeiro día, 11 de setembro, NON vaia facer uso do servizo de comedor, deberá notificalo o venres día 8,  telefonicamente (886120909) ou a través do e-mail (cep.fleming@edu.xunta.gal).

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO NOVO

Reunión informativa familias de alumnado novo do centro 

Data: 11 de setembro 2023       Hora: 11:30

Lugar: usos múltiples

O luns día 11 de setembro, as 11:30, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado novo do centro (alumnado de 1º EP e alumnado do resto dos cursos que sexa novo no centro)

 

BENVIDOS/AS AO CURSO 2023/24

O día 11 de setembro darán comenzo as clases de todo o alumnado do centro. O horario de entrada do primeiro día será por quendas para favorecer a incorporación do alumnado. Publicaranse os horarios en breve, así como as zonas de acceso ao centro de cada curso.

A partir do día 12 o horario xa será de 9:00 a 14:00.

O comedor comezará o día 11 en horario de 14:00 a 15:55.

O día 8 publicaranse no centro os listados dos grupos de 1º, 3º e 5º (na parte interior da cristaleira da entrada).

Estade pendentes estes días da Web onde iremos publicando mais información.

Benvidos/as a este novo curso escolar.

INICIO DO CURSO 2023-2024

1. Libros de texto   

A partir do día 1 de setembro retomaremos a entrega dos vales de libros do 1º ciclo e material de todo o centro.

Os listados definitivos dos libros do Fondo (de 3º a 6º) pódense consultar na entrada do centro. Os libros entragranos os/as titores/as os primeiros días de clase.

 

2. Comedor

O alumnado usuario de comedor do pasado curso, que aínda non entregou a solicitude do curso 2023-24, terá de plazo ata o MARTES 5 DE SETEMBRO. 

O listado definitivo de admitidos será aprobado polo Consello Escolar o mércores día 6. Logo da reunión publicaranse no interior da entrada superior.

 

3. Axudas ACNEAE

CLICA PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

Se tedes libros de 3º e 5º que desexedes entregar ao fondo, podedes traelos a secretaría para ser  aproveitados dende as titorías.

SOLICITUDES COMEDOR

AVISO

O xoves día 13 de xuño será o último día para entregar as solicitudes de comedor. As familias que queden pendentes poderán entregalo a partir do 1 de setembro.

Comedor escolar para o 2023-24

 

COMEDOR

ESCOLAR

DE XESTIÓN INDIRECTA 

335 prazas

 

XUNTA DE GALICIA

INSTRUCIÓN 3/2023 sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-24. 

Anexo II Autodeclaración. Debe ser presentada por todo o alumnado solicitante de comedor. 

Domiciliación. Debe ser presentada nos caso de non ser gratuito. (pendente da nova empresa adxudicataria de comedor. Facilitarase no mes de setembro)

Solicitude cos días a usar. Para entregar todo o alumnado, urxe que indiquedes os días reais a usar.

O alumnado usuario do curso 2022-23 (logo da entrega destes formularios) queda admitido para o curso 23-24 (non precisa estar pendente dos listados) e o de nova incorporación será baremado, de ser necesario.

Entregade ás follas asinadas e a documentación para o baremo, no caso de alumnado novo, na secretaría. 

 

Aviso fondo libros

AVISO:

Xa están publicados os listados provisionais do fondo libros para o alumnado de 3º 4º 5º e 6º. Os listados están expostos na cristaleira interior da entrada do colexio. Aparece o número de libros concedidos. Os listados cos libros asignados aparecerán na resolución definitiva que se publicará en dous días.

Para o alumnado de 1º e 2º podedes pasar por secretaría para saber se teñen concedida a axuda e a partir do día 5 podedes recoller os vales de libros e cheques de material, en caso de ser concedidos.

Premio dos Polos Creativos

Hoxe unha representación do grupo de 3º acudiu coa coordinadora dos Polos Creativos a recoller o premio.

  

Moitas grazas a todas as persoas implicadas no traballo.

Premio dos Polos creativos para 3º

Clicade na imaxe para ver o vídeo do elaborado para os Polos:

Parabéns ao alumnado de 3º.

Acudirá a recoller o premio un representante de cada grupo. 

Axudas para libros e material 2023-24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Clica para ler

*Artigo 4 recolle a consideración de membros computables da unidade familiar.

     

Se tedes dúbidas contactade co centro no teléfono xeral 886 120909

 

O prazo para presentar a solicitude comeza o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA. CLICA.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 As familias que desexen xustificante da entrega deste documento, deben presentar copia da primeira folla.

A presente orde integra nun formulario as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 Ler na orde os detalles. Exercicio fiscal 2021 

  Anexo I  e anexoII para a entrega manual en secretaría.

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023-2024

O prazo comeza o día 8 de maio e remata o 20 de setembro.

Becas e axudas para o alumnado con necesidade de apoio educativo para o curso 23-24. Clica para ler a resolución.

CLICA PARA ACCEDER

Cuestionario de convivencia escolar

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 ponse en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación remata o 22 de maio. Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Enlace con toda a información: https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/

"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.gal/convfamil

As familias logo de insertar a clave se fai chegar polos seus fillos e fillas, poderá cubrir a súa enquisa. É importante que completedes as preguntas para recoller a vosa opinión.

Enlace para que o alumnado DE 5º E 6º faga a súa enquisa. AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut