Skip to Content

Educación Física

Physical Eduation

Bo xoves a toda a comunidade educativa do CEIP Vista Alegre. Hoxe quero deixarvos unha actividade de EF en inglés, semellante á da semana pasada. En 1º curso de EP están a traballar co enfoque CLIL pero pode traballar igualmente o alumnado do resto dos cursos. 

A actividade presenta numerosas opcións en función da temática que se escolla. O importante non é o número de respostas correctas pero si que é fundamental que as nenas e nenos non perdan o contacto coa terminoloxía específica da nosa área. 

O ideal sería que o alumnado traballara con esta actividade dun xeito lúdico, que é o espírito da nosa materia.

Precisa habilitar "Adobe Flash Player" para que funcione axeitadamente.

 

LINK

Día das Letras Galegas

Co motivo da celebración das Letras Galegas no día de onte, gustaríame deixarvos unha actividade LIM cun repositorio de xogos populares e tradicionais galegos. 

Os afortunados/as que dispoñades de espazo na casa podedes probar algúns deles. Outros, en cambio, son xogos colectivos, que proporemos para o próximo curso nas clases de EF. 

De tódolos xeitos, podedes botarlle unha ollada, xa que foron pasando de xeración en xeración e continúan a ser practicados nos colexios ou parques das vilas e cidades galegas.

O termo "popular" refírese a que son coñecidos por unha cantidade de persoas significativa. Polo tanto, se co tempo deixar de ser coñecidos, tamén deixarán de ser populares. 

E o termo "tradicional" quere dicir que foi pasando de xeración en xeración, polo que os máis maiores temos a responsabilidade de facervos chegar aos máis novos este elemento cultural.

 

LINK

 

I know my body

Esta actividade está encadrada dentro do Plurilingüismo, onde se mestura a aprendizaxe de linguas estranxeiras coa área de Educación Física (neste caso para o coñecemento do corpo humano). É o coñecido enfoque CLIL ou AICLE, onde os contidos dunha área se integran coa aprendizaxe dunha lingua. 

É unha actividade elaborada co creador de contidos LIM, que ofrece unha navegación fluída e unha presentación dos contidos accesible e intuitiva. 

A temática que xira ao redor da actividade é o coñecemento das diferentes partes do corpo humano. Tamén traballaremos os sentidos, músculos e ósos. A medida que se vai avanzando na actividade, a dificultade vai medrando. Ademais teredes cancións e vídeos explicativos.

O único requisito é habilitar Adobe Flash Player, para que se poida utilizar.

 

Link actividade

 

Disco voador ou frisbee

Esta actividade é unha proposta que podedes usar nas vosas saídas ao exterior. É o xogo do Firsbee ou Disco Voador, onde só precisades un prato ou anaco de cartón.

 

Despois podedes decoralo con calquera tipo de pintura ou adhesivos, iso será ao voso gusto. No vídeos que vos presento semella que precisades un compás para facer unha circunferencia pero realmente podedes usar un prato das sobremesas para facelo.

 

Material:

  • Prato ou anaco de cartón.
  • Lapis
  • Tesoiras.
  • Rotuladores, pinturas ou adhesivos (opcional)

 

O xogo consiste en pasarlle o disco a outra persoa sen que caia ao chan ou sen que perdamos o control del. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut