Skip to Content

Educación Física

Actividade sobre a alimentación (3º- 6º de EP)

Preséntovos unha actividade dirixida principalmente ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, aínda que os que son máis pequenos tamén poden facer algunhas partes. 

É unha actividade interactiva moi completa, deseñada con Entorno LIM, que trata sobre aspectos variados ao redor da alimentación: orixe, etiquetado, procedencia... Anímovos a traballar con ela!

 

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1339154501/contido/alimentos.html

Pequeno Quiz de EF (3º a 5º de E. Primaria)

Preséntovos un pequeno Quiz de EF, con só 5 preguntas sobre aspectos traballados nas clases. Aínda que está dirixidos a alumnado de 3º a 5º, podedes intentalo, que é moi doado.

A por el!!!

 

Móvete connosco na casa

   Aínda que xa podedes saír da casa 1hora ao día, a Consellería de Educación facilitou unhas sesións de actividade física adpatadas ás idades de Educación Primaria. 

   Serían tarefas de velocidade de reacción, forza-resistencia, ioga... que tamén podedes realizar aínda que teñades a opción de saír á rúa. A miña recomendación é de que combinedes as saídas coa actividade física que se vos facilita aquí. 

   Nalgúns casos podedes elaborar, de xeito moi sinxelo, os vosos materiais.

 

Clip 1: Velocidade de reacción

 

 

Clip 2: Forza - resistencia

 

 

Clip 3: Iniciación ao Ioga

 

 

*O deseño das actividades está feito por profesionais da actividade física.

A Caixa Forte de EF

No seguinte enlace ides poder realizar a actividade deseñada para o alumnado do Vista Alegre baseado na estratexia de Gamificación. Só tedes que lembrar as principais normas de comportamento para poder acceder ao código que vos abre a caixa forte! 

Moita sorte!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut